Morcego rabudo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 5.249.24.84 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
Etiqueta: Reversión
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 44: Liña 44:
== Hábitat ==
== Hábitat ==


Os refuxios localízanse en [[farallón]]s rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango [[altitude]]inal, observóuselles alimentándose a gran altura (de 200 a 300 [[metro]]s) nas cidades. Atópase dende o [[nivel do mar]] até os 2.300 m de [[altitude]].
Os refuxios localízanse en [[farallón]]s rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango [[altitude]]inal, observóuselles alimentándose a grande altura (de 200 a 300 [[metro]]s) nas cidades. Atópase dende o [[nivel do mar]] até os 2.300 m de [[altitude]].


== Ameazas ==
== Ameazas ==

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2018 ás 07:38

Morcego rabudo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Molossidae
Subfamilia: Molossinae
Xénero: Tadarida
Especie: T. teniotis
Nome binomial
Tadarida teniotis
Rafinesque, 1814.
Mapa de distribución de T. teniotis.
Mapa de distribución de T. teniotis.

Mapa de distribución de T. teniotis.
Subespecies
  • Tadarida t. subsp. teniotis, Rafinesque, (1814).
  • Taradida t. subsp. rueppelli, Temminck, (1826).
Sinonimia
  • cestoni, Savi, (1825).
  • nigrogriseus, Schneider, (1871).
  • savii, Schinz, (1840).

O morcego rabudo (Tadarida teniotis) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Molossidae.

É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.

A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é .

Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.

Distribución

Distribución do morcego rabudo en Galicia

Ocupa unha estreita franxa latitudinal circunmediterránea, que abrangue o sur de Europa e norte de África, Afganistán, China e Corea, chegando até Xapón e a illa de Flores (Indonesia). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, España, sueste de Francia, sur de Suíza, Italia e costas adriáticas até Grecia, incluíndo Madeira, Canarias e as illas mediterráneas.

Hábitat

Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a grande altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.

Ameazas

Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas