Fundación Penzol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 29: Liña 29:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
===Bibliografía===
===Bibliografía===
* RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2009): ''Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo''. Vigo: [[Xerais]].
* Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): ''Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo''. Vigo: [[Xerais]].
* [http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-73-1981/ Fermín Penzol in memoriam] xulio-agosto-setembro 1981. [[Grial (revista)|''Grial'']] n.º 73. Inclúe:
* [http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/num-73-1981/ Fermín Penzol in memoriam] xulio-agosto-setembro 1981. [[Grial (revista)|''Grial'']] n.º 73. Inclúe:
:* "Penzol e a súa obra" por [[Ramón Lorenzo]].
:* "Penzol e a súa obra" por [[Ramón Lorenzo]].

Revisión como estaba o 25 de xuño de 2018 ás 16:16

Coordenadas: 42°14′18.13″N 8°43′32.5″O / 42.2383694, -8.725694 Modelo:Fundación A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963 para preservar o legado de Fermín Penzol (1901-1981) e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira, e o director é Francisco Domínguez.

Posúe unha das maiores coleccións de folletos, máis de 45.000 libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e 160 manuscritos da historia recente de Galiza. Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco.

Placa.

Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas e ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.

A primeira sede da biblioteca instalouse na rúa Policarpo Sanz de Vigo, para despois trasladarse á Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa.

Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Penzol e a súa obra" por Ramón Lorenzo.
  • "O meu Fermín, o noso Penzol, a "Penzol" de todos" por Xesús Alonso Montero.
  • "Protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol" por Olga Gallego e Pedro López Gómez.
  • "Os fondos bibliográficos da Biblioteca Penzol".

Ligazóns externas