Terra e Tempo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Historia e características: amaño ligazón morta
Liña 11: Liña 11:
A aposta por unha ampla fronte nacionalista en Galiza, que se concretou en setembro de 1982 no [[Bloque Nacionalista Galego]], levou a UPG a renunciar á actividade pública en beneficio do protagonismo político da nova organización. Neste contexto, ''Terra e Tempo'' espaza a súa periodicidade e retoma o carácter eminentemente teórico. A fins do ano [[1995]] inicia unha nova etapa na que deixa de ser órgano de expresión do Comité Central da UPG para converterse nunha ''Revista de información, análise e interpretación'', aberta a calquera colaboración realizada desde unha óptica nacionalista e anti-imperialista: ''Botamos en falta máis coñecimento e debate sobre o noso país, máis interpretacións sobre o noso próprio mundo (…) Traballos que alumien aspectos esenciais da nosa existéncia ou simplesmente reflexionen en voz alta sobre o que está a suceder e o que estamos a viver na Galiza e no mundo''

Desde xullo de [[2004]] edítase baixo a responsabilidade da Fundación Bautista Álvarez de estudos nacionalistas.<ref>http://www.bautistaalvarez.org/ {{ligazón morta}}</ref> e desde 2010 ten unha edición dixital<ref>http://www.terraetempo.gal</ref>
Desde xullo de [[2004]] edítase baixo a responsabilidade da Fundación Bautista Álvarez de estudos nacionalistas.<ref>http://www.bautistaalvarez.gal/</ref> e desde 2010 ten unha edición dixital<ref>http://www.terraetempo.gal</ref>

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2018 ás 07:54

Terra e Tempo
PaísEspaña
Lingualingua galega
Fundación1965
Circulación
ISSN1575-5509
Na rede
http://www.terraetempo.gal
Facebook: terraetempo Twitter: iterraetempo Youtube: UCLlmRwfVEDVEmGQ5Ibby4iw Vimeo: terraetempotv Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Terra e Tempo é un periódico político, aparecido en 1965, o máis lonxevo de Galiza. Reflicte as diferentes fases polas que pasou o nacionalismo galego, e moi especialmente a UPG, neste período.

Historia e características

O número 1 de Terra e Tempo foi editado en 1965, dúas sinxelas pregas de papel. O seu carácter inicial, fundamentalmente teórico, corresponde con unha etapa de conformación dun espazo político e ideolóxico definido no que a consolidación dun núcleo militante relativamente reducido requiría clarificación e formación política. A expansión organizativa e a maior introdución social vanse plasmando ao longo de 1971 coa introdución de artigos sobre a conxuntura política, marcando o número de marzo de 1972 un primeiro punto de inflexión no carácter da publicación: ao lado de artigos de índole teórica e programática aparecen abundantes informacións sobre as principais loitas políticas e sociais do momento, con especial atención ao mundo do traballo. O sumario dese número constitúe un exemplo do rumbo político da UPG e dos seus esforzos por introducirse na clase obreira.

Os números dos anos 72-74 amosan o proceso de decantación como partido comunista, e os dos anos 75-77 reflicten intensos debates sobre estratexia e táctica políticas provocados polo fin da Ditadura e pola reforma política no Estado Español. Desde 1977 até 1981 regularizase a súa edición e difusión, consecuencia da intensa actividade pública da UPG como integrante, xunto coa AN-PG, da coalición político-electoral Bloque Nacional Popular Galego.

A aposta por unha ampla fronte nacionalista en Galiza, que se concretou en setembro de 1982 no Bloque Nacionalista Galego, levou a UPG a renunciar á actividade pública en beneficio do protagonismo político da nova organización. Neste contexto, Terra e Tempo espaza a súa periodicidade e retoma o carácter eminentemente teórico. A fins do ano 1995 inicia unha nova etapa na que deixa de ser órgano de expresión do Comité Central da UPG para converterse nunha Revista de información, análise e interpretación, aberta a calquera colaboración realizada desde unha óptica nacionalista e anti-imperialista: Botamos en falta máis coñecimento e debate sobre o noso país, máis interpretacións sobre o noso próprio mundo (…) Traballos que alumien aspectos esenciais da nosa existéncia ou simplesmente reflexionen en voz alta sobre o que está a suceder e o que estamos a viver na Galiza e no mundo

Desde xullo de 2004 edítase baixo a responsabilidade da Fundación Bautista Álvarez de estudos nacionalistas.[1] e desde 2010 ten unha edición dixital[2]

Notas