Iñaki Urdangarin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Soleil222 (conversa | contribucións)
→‎FC Barcelona: Sustituyo "Liga Catalana de balonmán" por "Liga Catalá de Balonmán", expresión utilizada en otro artículo de Galipedia: "Liga dos Pireneos".
no caldeiro
Liña 10: Liña 10:
|outros títulos =
|outros títulos =
|nome completo = Iñaki Urdangarin Liebaert
|nome completo = Iñaki Urdangarin Liebaert
|data de nacemento = [[15 de xaneiro]] de [[1968]]
|data de nacemento = {{Data|15|1|1968|idade}}
|lugar de nacemento = [[Zumarraga]], [[Guipúscoa]], [[España]] {{ESPb}}
|lugar de nacemento = [[Zumarraga]], [[Guipúscoa]], [[España]] {{ESPb}}
|data de defunción =
|data de defunción =
Liña 34: Liña 34:
|nai = Claire Liebaert Courtain
|nai = Claire Liebaert Courtain
}}
}}
'''Iñaki Urdangarin<ref>[http://conpropositodeenmienda.blogspot.com.es/2013/05/la-zarzuela-y-urdangarin.html Blog ''Con propósito de enmienda'', sobre a forma correcta de escribir este apelido, que só pode ser escrito con til na lingua castelá]. Na [[lingua éuscara]] non hai til. {{es}}</ref> Liebaert''', nado en [[Zumarraga]] ([[Guipúscoa]]) o [[15 de xaneiro]] de [[1968]], é un ex xogador de [[balonmán]] español e esposo da [[Infante de España|Infanta de España]] [[Cristina de Borbón e Grecia|Cristina de Borbón]]. Ten tratamento de ''excelentísimo señor''. Entre [[1997]] e [[2015]] foi [[Ducado de Palma de Mallorca|Duque consorte de Palma]], por mor da súa voda coa Infanta. Debido ao escándalo do [[Caso Nóos]], no que estaba involucrado, o Rei [[Filipe VI de España|Filipe VI]] revogoulle a concesión do título ducal á súa irmá, polo que o propio Iñaki Urdangarin tivo que deixar de empregalo.
'''Iñaki Urdangarin<ref>[http://conpropositodeenmienda.blogspot.com.es/2013/05/la-zarzuela-y-urdangarin.html Blog ''Con propósito de enmienda'', sobre a forma correcta de escribir este apelido, que só pode ser escrito con til na lingua castelá]. Na [[lingua éuscara]] non hai til. {{es}}</ref> Liebaert''', nado en [[Zumarraga]] ([[Guipúscoa]]) o [[15 de xaneiro]] de [[1968]], é un ex xogador de [[balonmán]] español e esposo da [[Infante de España|Infanta de España]] [[Cristina de Borbón e Grecia|Cristina de Borbón]]. Ten tratamento de ''excelentísimo señor''. Entre [[1997]] e [[2015]] foi [[Ducado de Palma de Mallorca|Duque consorte de Palma]], por mor da súa voda coa Infanta. Debido ao escándalo do [[Caso Nóos]], no que estaba involucrado, o Rei [[Filipe VI de España|Filipe VI]] revogoulle a concesión do título ducal á súa irmá, polo que o propio Iñaki Urdangarin tivo que deixar de empregalo. O 18 de xuño de 2018 entrou no cárcere de Brieva (Álava) para cumprir unha condea de cinco anos e 10 meses.<ref>[https://www.20minutos.es/noticia/3371007/0/urdangarin-entra-carcel-brieva-avila/ Iñaki Urdangarin ya está en la cárcel: entra en la prisión de Brieva, en Ávila 20minutos.es]</ref>


== Biografía ==
== Biografía ==

Revisión como estaba o 18 de xuño de 2018 ás 13:11

Iñaki Urdangarin

Nome completoIñaki Urdangarin Liebaert
Nacemento15 de xaneiro de 1968 (56 anos)
Zumarraga, Guipúscoa, España España
Cónxuxe/sCristina de Borbón e Grecia (1997 - actual)
Descendencia
  • ProxenitoresJuan María Urdangarin Berriochoa
    Claire Liebaert Courtain

    Iñaki Urdangarin[1] Liebaert, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 15 de xaneiro de 1968, é un ex xogador de balonmán español e esposo da Infanta de España Cristina de Borbón. Ten tratamento de excelentísimo señor. Entre 1997 e 2015 foi Duque consorte de Palma, por mor da súa voda coa Infanta. Debido ao escándalo do Caso Nóos, no que estaba involucrado, o Rei Filipe VI revogoulle a concesión do título ducal á súa irmá, polo que o propio Iñaki Urdangarin tivo que deixar de empregalo. O 18 de xuño de 2018 entrou no cárcere de Brieva (Álava) para cumprir unha condea de cinco anos e 10 meses.[2]

    Biografía

    Como xogador

    Despois de pasar polo BM Guadalajara, xogou profesionalmente na sección de balonmán do Futbol Club Barcelona durante 14 tempadas, entre 1986 e 2000. Co FC Barcelona gañou 6 Copas, 2 Recopas e 4 Supercopas de Europa, ademais de 10 Ligas ASOBAL, 7 Copas do Rei, 9 Supercopas de España, 3 Copas ASOBAL e 11 ligas catalás.

    Foi internacional pola Selección de balonmán de España en tres Xogos Olímpicos, contribuíndo á consecución de dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sidney 2000, ademais dunha medalla de bronce nun Europeo. No ano 2000 retirouse da competición.

    Consorte

    O 4 de outubro de 1997, casou coa infanta Cristina de Borbón na Catedral de Santa Eulalia de Barcelona, ocasión pola cal o rei concedeu á súa filla o título de Duquesa de Palma de Mallorca. Tiveron catro fillos que ocupan os postos do oitavo ao undécimo no orde de sucesión ao rei Xoán Carlos I:

    Acusado de corrupción

    En novembro de 2011, Urdangarin e os seus socios foron investigados no caso Babel, derivado da investigación do caso Palma Arena.[3] O 10 de novembro apareceu nos medios de comunicación a noticia dunha probable imputación por un suposto desvío de diñeiro público desde o Instituto Nóos que presidía.

    Mediante un comunicado, La Zarzuela apartou a Iñaki Urdangarin dos seus actos oficiais o 12 de decembro de 2011, porque o seu comportamento non era «exemplar» para a Casa do Rei.[4]

    O 29 de decembro de 2011 foi imputado polo xuíz José Castro, e citouse para comparecer o día 6 de febreiro de 2012, podéndose atrasar esta data se así é de interese para a súa representación. Dous días despois da imputación, o xuíz Castro aceptou atrasar a declaración de Urdangarin como imputado ao día 25 de febreiro. A declaración do imputado durou máis de 22 horas, durante o día 25 e a madrugada do 27 de febreiro;[5] declarou que non coñecía a existencia de empresas para desviar diñeiro público, culpou a Diego Torres e asegurou que o papel da infanta Cristina na trama empresarial era soamente testemuñal e que o rei pediulle que se desvinculase das súas actividades profesionais.[6]

    Palmarés como xogador

    FC Barcelona

    • Títulos internacionais:
    • Títulos nacionais:

    Selección española

    Foi 154 veces internacional coa Selección española, coa que participou en 9 grandes eventos internacionais:

    Títulos nobiliarios

    Distincións

    Notas

    Véxase tamén

    Ligazóns externas