Joaquín Poza Juncal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Notas
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía|pé=Retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1931.}}
{{Biografía|pé=Retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1931.}}
'''Joaquín Poza Juncal''', nado en [[Pontevedra]] o [[26 de novembro]] de [[1898]]<ref name="Renacimiento54">{{cita web |título=Recuperando a memoria masónica galega: JOAQUÍN POZA JUNCAL |autor=Renacimiento54 (blogueiro) |páxina-web=renacimiento54.blogspot.com editor=Logia Renacimiento 54 |url=http://renacimiento54.blogspot.com/2012/04/recuperando-memoria-masonica-galega.html |data=26-4-2012 |dataacceso=17-6-2018 |lingua=es}}</ref> e finado en [[Madrid]] o [[28 de setembro]] de [[1934]], foi un avogado, xornalista e político galego.
'''Joaquín Poza Juncal''', nado en [[Pontevedra]] o [[26 de novembro]] de [[1898]]<ref name="Renacimiento54">{{cita web |título=Recuperando a memoria masónica galega: JOAQUÍN POZA JUNCAL |autor=Renacimiento54 (blogueiro) |páxina-web=renacimiento54.blogspot.com |editor=Logia Renacimiento 54 |url=http://renacimiento54.blogspot.com/2012/04/recuperando-memoria-masonica-galega.html |data=26-4-2012 |dataacceso=17-6-2018 |lingua=es}}</ref> e finado en [[Madrid]] o [[28 de setembro]] de [[1934]], foi un avogado, xornalista e político galego.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2018 ás 09:03

Joaquín Poza Juncal
Retrato en Vida Gallega, 1931.
Nacemento26 de novembro de 1898
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento28 de setembro de 1934
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
PaiJoaquín Poza Cobas
IrmánsHernán Poza Juncal e Laureano Poza Juncal
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Poza Juncal, nado en Pontevedra o 26 de novembro de 1898[1] e finado en Madrid o 28 de setembro de 1934, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria

Fillo de Joaquín Poza Cobas, dirixente republicano de Pontevedra, sucedeu ao seu pai como director de La Libertad. Foi vicepresidente do Centro Republicano de Pontevedra e un dos asinantes do manifesto fundacional da Federación Republicana Gallega en 1930, o chamado "Pacto de Lestrove"[1]. Logo da proclamación da Segunda República foi concelleiro de Pontevedra e máis tarde gobernador civil de Ourense. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Pontevedra pola FRG.

Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.

En 1933 pásase a Acción Republicana e ingresa en Izquierda Republicana en 1934. Participou activamente nas asembleas de elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi tamén avogado asesor da Caja Rural de Lérez, fundada en 1926.

Foi redactor-xefe de El País, voceiro do PRG e logo de IR, colaborador de Faro de Vigo e El Emigrado (A Estrada). Dirixiu a revista Vida Agraria, voceiro da Caja Rural de Lérez, da que foi asesor xurídico.

Iniciouse na masonaría en 1929 na loxa pontevedresa "Helenes nº 7", no que empregou o simbólico "Vergniaud", acadando o grao 3º (mestre)[1].

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Renacimiento54 (blogueiro) (26-4-2012). Logia Renacimiento 54, ed. "Recuperando a memoria masónica galega: JOAQUÍN POZA JUNCAL". renacimiento54.blogspot.com (en castelán). Consultado o 17-6-2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas