Acueduto do Paseo das Pontes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
m arranxo en Modelo:Patrimonio Galego (via JWB)
Liña 15: Liña 15:
== Descrición ==
== Descrición ==
[[Ficheiro: Acueduto do Paseo das Pontes (1).jpg|miniatura|Acueduto do Paseo das Pontes.]]
[[Ficheiro: Acueduto do Paseo das Pontes (1).jpg|miniatura|Acueduto do Paseo das Pontes.]]
O acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude,<ref name=coruna>{{cita libro|título=A Coruña y el siglo de las luces|nome=Alfredo|apelidos=Vigo Trasancos|editorial=Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña|data=2007|lingua=castelán}}</ref> mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área,<ref>{{Patrimonio Galego|2883}}</ref> que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque.<ref>{{cita web|páxina-web=Concello da Coruña|url=http://www.coruna.es/servlet/Satellite?itemID=1348103529738&itemType=Entidad&pagename=Medioambiente%2FPage%2FGenerico-Page-Generica&cid=1370254296883&argIdioma=gl|título=Paseo das Pontes|dataacceso=25 de decembro de 2015}}</ref>
O acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude,<ref name=coruna>{{cita libro|título=A Coruña y el siglo de las luces|nome=Alfredo|apelidos=Vigo Trasancos|editorial=Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña|data=2007|lingua=castelán}}</ref> mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área,<ref>{{Patrimonio Galego|noa=s|2883}}</ref> que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque.<ref>{{cita web|páxina-web=Concello da Coruña|url=http://www.coruna.es/servlet/Satellite?itemID=1348103529738&itemType=Entidad&pagename=Medioambiente%2FPage%2FGenerico-Page-Generica&cid=1370254296883&argIdioma=gl|título=Paseo das Pontes|dataacceso=25 de decembro de 2015}}</ref>


Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no [[O Peruleiro, Visma, A Coruña|Peruleiro]]).
Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no [[O Peruleiro, Visma, A Coruña|Peruleiro]]).

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2018 ás 22:34

Coordenadas: 43°21′51″N 8°25′0″O / 43.36417, -8.41667

Acueduto do Paseo das Pontes.

O acueduto do Paseo das Pontes é un antigo acueduto da cidade da Coruña. Formaba parte dunha condución maior coñecida como "Viaxe de Visma".

Historia

Detalle do acueduto.

A viaxe de Visma levaba auga dende esta localidade ata o centro da cidade. Complementaba a primeira gran condución, a "Viaxe do Vioño", que levaba auga dos mananciais de Nelle e de Vioño ata a Cidade Alta, obra que fora autorizada por Filipe II en 1564 e construída polo mestre de cantaría Tristán Darguis.[1]

O acueduto foi construído entre 1722 e 1726, segundo o proxecto do enxeñeiro Francisco Montaigú de la Perille e coa dirección de Fernando de Casas Novoa e frei Francisco de Velasco. A condución baixaba logo polo camiño de Carballo (Avenida de Fisterra) e entraba na cidade polo Caramanchón, onde había unha fonte e un lavadoiro. A viaxe de Vioño conectaba coa nova condución mediante unha arqueta no Campo de Carballo.[1]

A infraestrutura permitiu a creación de novas fontes na cidade, unha na praza da Fariña, outra na rúa da Fama e outra na praza de Santa Catarina.[2]

O manancial deixou de empregarse en 1902, o que provocou a deterioración do acueduto.[2]

Descrición

Acueduto do Paseo das Pontes.

O acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude,[3] mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área,[4] que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque.[5]

Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no Peruleiro).

Notas

  1. 1,0 1,1 Valeiro Solsona, Carlos (outubro de 1998). Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de A Coruña (PDF) (en castelán). Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "El punto de abastecimiento de agua de la ciudad entre 1722 y 1902". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de maio de 2011. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  3. Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña. 
  4. Acueduto do Paseo das Pontes na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  5. "Paseo das Pontes". Concello da Coruña. Consultado o 25 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos