Rúa Panadeiras (A Coruña): Diferenzas entre revisións
→Historia: ligazón interna |
edición de táboa |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Coordenadas|43|22|20|N|8|23|57|W|display=title}} |
{{Coordenadas|43|22|20|N|8|23|57|W|display=title}} |
||
{{Vía |
{{Vía |
||
| nome = Rúa Panadeiras |
| nome = Rúa Panadeiras |
||
| tipo = rúa |
| tipo = rúa |
||
| mapa = |
| mapa = |
||
| imaxe = [[Ficheiro:Rúa Panadeiras, A Coruña.jpg|300px]] |
| imaxe = [[Ficheiro:Rúa Panadeiras, A Coruña.jpg|300px]] |
||
| pé2 = |
| pé2 = |
||
| tipoloxía |
| tipoloxía = rúa |
||
| ruta |
| ruta = |
||
| inicio =[[Campo da Leña (A Coruña)|Praza de España]] |
| inicio = [[Campo da Leña (A Coruña)|Praza de España]] |
||
| remate |
| remate = [[Rúa do Orzán]] |
||
| km = 0,21 |
| km = 0,21 |
||
| formato |
| formato = un carril en cada sentido máis beirrarúas |
||
| tlugar |
| tlugar = |
||
| lugar |
| lugar = |
||
}} |
}} |
||
A '''rúa Panadeiras'''<ref>[https://www.coruna.gal/portal/gl/concello/noticias/detalle-novas/o-pleno-da-luz-verde-a-un-modificativo-que-posibilitara-facer-realidade-a-conexion-entre-o-mercado/suceso/1453631338368 Concello da Coruña]</ref> é unha [[rúa]] da [[A Coruña|Coruña]] situada no barrio da [[A Pescadería, A Coruña|Pescadería]] da cidade.<ref>[http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Participacion/Page/Generico-Page-Generica&cid=1453595564254&argIdioma=gl Estudos previos]</ref> |
A '''rúa Panadeiras'''<ref>[https://www.coruna.gal/portal/gl/concello/noticias/detalle-novas/o-pleno-da-luz-verde-a-un-modificativo-que-posibilitara-facer-realidade-a-conexion-entre-o-mercado/suceso/1453631338368 Concello da Coruña]</ref> é unha [[rúa]] residencial e comercial da [[A Coruña|Coruña]] situada no barrio da [[A Pescadería, A Coruña|Pescadería]] da cidade.<ref>[http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Participacion/Page/Generico-Page-Generica&cid=1453595564254&argIdioma=gl Estudos previos]</ref> |
||
== Historia == |
== Historia == |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{Listaref}} |
{{Listaref|2}} |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 14 de xuño de 2018 ás 18:47
Coordenadas: 43°22′20″N 8°23′57″O / 43.37222, -8.39917
Rúa Panadeiras | |
---|---|
Tipoloxía | rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,21 km |
Formato | un carril en cada sentido máis beirrarúas |
Localización | |
Inicio | Praza de España |
Fin | Rúa do Orzán |
A rúa Panadeiras[1] é unha rúa residencial e comercial da Coruña situada no barrio da Pescadería da cidade.[2]
Historia
Na rúa, chamada San Sebastián, chegou a haber doce fornos de pan que lle deron o nome de Panadeiras. Entre 1849 e 1875 foi nomeada María Pita e a partir desa data aparece como “Panaderas”, agás no período 1931-1936 no que se denominou Santiago Casares Quiroga, onde está a súa casa.
A parte final da rúa, coñecida como praza de Panadeiras ou praza do Consulado, foi bautizada en 1960 como praza do Pintor Sotomayor. A rúa situada entre as Capuchinas e a Casa do Consulado nomeouse en 2013 en honra de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde.[3]
Veciños e negocios
No edificio n.º 12 residiron Santiago Casares Paz e o seu fillo, Santiago Casares Quiroga, e alí naceu a filla deste, María Casares. Dende 2007 sitúase nel a Casa Museo Casares Quiroga.[4]
No inicio da rúa estaba a casa do Patín, doada en 1789 por Teresa Herrera para a construción dun hospital de caridade.[5]
Na rúa estiveron negocios populares como a pastelaría "La Gloria" e nela inaugurouse en 2008 o centro comercial denominado Bulevar do Papagaio.[6][7]
Arquitectura
Na rúa Panadeiras existen varios edificios destacados:[8]
- N.º 2, edificio de Antonio de Mesa (1922)
- N.º 4, edificio de Pedro Mariño (1929)
- N.º 12, casa de Casares Quiroga, de Pedro Mariño (1925)
- N.º 7, edificio de estilo ecléctico de Juan de Ciórraga (1916)
- N.º 13, edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1908-1909)
- N.º 27, edificio de Juan de Ciórraga (1893)
- N.º 29, edificio El Ocaso, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1935)
Os edificios máis destacados da rúa son a Casa do Consulado (século XVIII) e o convento das Capuchinas (séculos XVII-XVIII), do que se conserva a igrexa e un lenzo de cantería que forma parte do Museo de Belas Artes. A casa do cura, acaroada á igrexa foi derrubada en 2004 e reconstruída de novo en 2009.[9]
Entre os elementos do espazo público catalogados están o pavimento, a fonte e o arboredo do adro das Capuchinas e o farol de fundición da praza do pintor Sotomayor.[10]
Galería
-
Igrexa das Capuchinas
-
Casa do Consulado
-
Casa Museo Casares Quiroga
Notas
- ↑ Concello da Coruña
- ↑ Estudos previos
- ↑ "Una calle recuerda al inspirador de las bibliotecas locales, Sánchez Vaamonde". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 5 de xuño de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2018.
- ↑ Casa Museo Casares Quiroga
- ↑ López Picher, Mercedes. Los primeros años de la inclusa de La Coruña, bajo el patronato de la venerable Congregación del Divino Espíritu Santo y María Santísima de los Dolores (1793-1799) (PDF) (en castelán). A Coruña. Consultado o 14-06-2018.
- ↑ Centro Comercial Bulevar do Papagaio
- ↑ El bulevar del Papagayo abre sus puertas tras siete años de trabajos
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Rodríguez, Rubén D. (12 de outubro de 2014). "El cura se quedaba sin casa". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016.
- ↑ Rodríguez, Ana (26 de xaneiro de 2015). "El plan especial blinda farolas, fuentes, lápidas y los murales de Lugrís". La Opinión (en castelán) (A Coruña). Consultado o 13 de xuño de 2018.
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.