Xoana de Castro: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
|data de defunción = [[21 de agosto]] de [[1374]] |
|data de defunción = [[21 de agosto]] de [[1374]] |
||
|lugar de defunción = [[Reino de Galicia]] |
|lugar de defunción = [[Reino de Galicia]] |
||
|sepultura = [[Panteón Real da catedral de Santiago|Panteón Real]], [[Catedral de Santiago de Compostela]], [[Santiago de Compostela]] |
|sepultura = [[Panteón Real da catedral de Santiago|Panteón Real]], [[Catedral de Santiago de Compostela]], [[Santiago de Compostela]]. |
||
|rexente = |
|rexente = |
||
|herdeiro = |
|herdeiro = |
Revisión como estaba o 5 de xuño de 2018 ás 15:52
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Xoana de Castro | |
---|---|
Raíñas consortes de Castela | |
Sepulcro de Xoana de Castro. | |
Falecemento | 21 de agosto de 1374 Reino de Galicia |
Sepultura | Panteón Real, Catedral de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela. |
Cónxuxe/s | Pedro I de Castela |
Descendencia | Véxase Descendencia |
Casa real | Casa de Castro |
Proxenitores | Pedro Fernández de Castro Isabel Ponce de León |
Na rede | |
Xoana de Castro, finada en Monforte de Lemos o 21 de agosto de 1374, foi unha raíña consorte de Castela polo seu matrimonio con Pedro I de Castela.
Orixes familiares
Foi filla de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos, Monforte e Sarria, e de Isabel Ponce de León. Por parte paterna foron os seus avós Fernando Rodríguez de Castro, señor de Lemos e Sarria, e Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela. E por parte materna era neta de Pedro Ponce de León, señor de Cangas e Tinéu, e Sancha Gil de Chacim. Foi irmá de Fernán Ruiz de Castro e de Inés de Castro.
Traxectoria
Casou en 1354 co rei don Pedro I, que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio. Para que este se puidese celebrar, os bispos de Ávila e Salamanca declararon nulo que o rei contraera con Branca de Borbón. Dese matrimonio naceu don Xoán de Castela e Castro, designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con María de Padilla.
Aínda que se asegura que don Pedro non volveu a ver a dona Xoana, non debeu estar tan pouco tempo reunido con ela, xa que o Pontífice o amoestou seriamente, chegando á excomuñón por non obedecer ó seu mandato e se comprende ben que estas dilixencias non se puideron practicar en poucos días. Tamén se di que o rei se separou de dona Xoana a consecuencia da excomuñón do Pontífice, o que, porén, se omite na crónica de López de Ayala, aínda que se asegura nos fragmentos da crónica do bispo de Xaén.
Cando o rei don Pedro abandonou a dona Xoana fíxolle doazón do señorío de Dueñas, onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raíña de Castela. Adoita cualifícanse de aduladores e débiles ós bispos de Ávila e Salamanca por declarar nulo o matrimonio de don Pedro con dona Branca; pero non falta quen expón razóns de gran peso para xustificar a nulidade daquel enlace, e por outra parte, é fama que os citados bispos foron homes piadosos, doctos e cheos de virtude. Consta ademais que non se retractaron, e se ben marcharon a Roma, acudindo ó chamamento do Papa Inocencio VI para responder da súa conduta, non deberon saír desairados cando nada di do resultado da audiencia o cronista Ayala, decidido partidario de Henrique de Trastamara.
O seu sartego está na catedral de Santiago de Compostela.[1]
Matrimonios e descendencia
Froito do seu matrimonio con Diego Fernández de Haro tivo un fillo:
- Pedro Díaz de Haro (morto cara 1370)
E do seu matrimonio co rei Pedro I de Castela naceu tamén un fillo:
- Xoán de Castela (1355-1405), designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con María de Padilla. Contraeu matrimonio con Elvira de Eril e Falces e está sepultado na Catedral de Sevilla.
Notas
- ↑ Arco y Garay 1954, p. 300.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana de Castro |
Bibliografía
- Arco y Garay, Ricardo del (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237.
Predecesor: Branca de Borbón |
Raíña consorte de Castela 1354 - 1369 |
Sucesor: Xoana Manuel de Villena |