Limón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
+{{Ampliar}}
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de fr.wiki
Liña 9: Liña 9:


As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co suco da froita, prepáranse [[refrixerante]]s, [[sorbete]]s, [[mollo]]s e [[aperitivo]]s, ben como [[remedio]]s, [[xarope]]s e produtos de limpeza. Da [[casca]], extráese unha esencia aromática usada en perfumaría e no preparo de [[licor]]es e xabóns.
As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co suco da froita, prepáranse [[refrixerante]]s, [[sorbete]]s, [[mollo]]s e [[aperitivo]]s, ben como [[remedio]]s, [[xarope]]s e produtos de limpeza. Da [[casca]], extráese unha esencia aromática usada en perfumaría e no preparo de [[licor]]es e xabóns.

== Historia ==
A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu [[polimorfismo]] e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de [[Assam]], da rexión indo-birmana ou da [[China]].<ref>{{cita libro|lingua=en|nome=Julia F.|apelidos= Morton|título=Lemon in Fruits of Warm Climates|editorial=Purdue University|data=1987|páxinas=160–168}}</ref> Estudos de 2016 mostran que naceu no Mediterráneo como un [[híbrido]] entre a [[laranxeira amarga]] e a [[cidreira]] arredor do V milenio a.C.<ref>{{cita publicación periódica|lingua=en|autor=Franck Curk, Frédérique Ollitrault, Andres Garcia-Lor, François Luro, Luis Navarro, Patrick Ollitraul|título=Phylogenetic origin of limes and lemons revealed by cytoplasmic and nuclear markers|revista=Annals of Botany|data=1 de abril de 2016|volume=117|número=4|páxinas=565-583|doi=10.1093/aob/mcw005}}.</ref>

A árbore do limón foi empregada orixinariamente como planta ornamental en [[xardín]]s de pracer na [[Idade Media]], especialmente nos xardíns islámicos.<ref>{{cita libro|autor=Marie-Françoise Valéry, Alain Le Toquin|título=Jardins du Moyen Age|eidtorial=Dexia|data=2001|páxina=15|lingua=fr}}</ref> O limón foi introducido gradualmente na dieta medieval, usándose como fondo ácido para gardar vexetais crus igual que o [[vinagre]] ou o [[zume]] de laranxa. Con todo, é probable que se utilizase tamén como técnica de conservación da carne dende os tempos antigos.<ref>{{cita libro|nome=Joëlle|apelidos= Bahloul|título=Le culte de la table dressée|editorial=A.-M. Métailié|data=1983|páxina=131|lingua=fr}}</ref>.


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2018 ás 09:27

Limón: froito e flor.

O limón[1] é o froito do limoeiro (Citrus limon L.), da familia das Rutáceas. Orixinario do Sueste Asiático e descoñecido para os antigos gregos e romanos, o limoeiro estendeuse pola zona mediterránea introducido polos árabes entre os anos 1000 e 1200. A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de Nabathae sobre agricultura, datando do século III ou IV.

Hai relatos de limoeiros cultivados en Xénova a mediados do século XV, así como referencias á súa existencia nos Azores en 1494.

Séculos máis tarde, os limóns utilizáronse pola mariña británica para combater o escorbuto, xa que proporcionaban unha gran cantidade de vitamina C: o sumo do limón contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico por litro. Actualmente é unha das froitas máis coñecidas e utilizadas no mundo.

As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co suco da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, ben como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca, extráese unha esencia aromática usada en perfumaría e no preparo de licores e xabóns.

Historia

A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu polimorfismo e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de Assam, da rexión indo-birmana ou da China.[2] Estudos de 2016 mostran que naceu no Mediterráneo como un híbrido entre a laranxeira amarga e a cidreira arredor do V milenio a.C.[3]

A árbore do limón foi empregada orixinariamente como planta ornamental en xardíns de pracer na Idade Media, especialmente nos xardíns islámicos.[4] O limón foi introducido gradualmente na dieta medieval, usándose como fondo ácido para gardar vexetais crus igual que o vinagre ou o zume de laranxa. Con todo, é probable que se utilizase tamén como técnica de conservación da carne dende os tempos antigos.[5].

Características

Híbrido cultivado, as árbores son pequenas (non atinxe máis de 6 metros de altura), espinescentes, moi ramificadas, de caule e ramos castaño claros; as follas son alternas, oblóngoelípticas, con puntuacións translúcidas; as inflorescencias son de flores axilares, albas ou violetas, en cacho. Reprodúcese por estacas de gallos, en solo areoso e ben estercado, de preferencia en rexións de clima quente ou temperado. Propágase tamén por sementes, que requiren solo leve e fértil, en lugar soleado e protexido dos ventos.

Frutifica durante todo o ano, en innúmeras variedades, que aínda que muden no tamaño e na textura da casca, que pode ser lisa ou enrugada, canto á cor, varían do verde escuro ao amarelo claro, excepto unha das especies, que se asemella a unha tanxerina.

Fisicamente o limón caracterízase por ser de forma ovalada con picos nos extremos da diagonal superior e ter unha pel de grosor moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). Cando está madura, a pel é de cor marela polo exterior e case branca polo interior.

Limón, froito do limoeiro.
Molécula do ácido cítrico.

Contén ácido cítrico, hesperidina e entre as vitaminas: a vitamina C (ácido ascórbico) -uns 30 mg en 100g-, e as vitaminas A, B1 (tiamina), B2 (riboflavina), B3 (ácido nicotínico), B5 (ácido pantoténico) e B6. Minerais: calcio, cobre, cloro, ferro, fósforo, magnesio, manganeso, potasio, sodio e xofre.

Utilización

Úsanse as follas, a casca do froito e mais o suco do froito. Aínda que é comestíbel, non é habitual comelo tal como se colle da árbore por ter un sabor moi ácido. Os que teñen cor amarela ou amarelo-esverdeada, cultívanse sobre todo polo sumo, aínda que a polpa e a casca tamén se utilicen en culinaria. Os limóns conteñen unha gran cantidade de ácido cítrico, o que lles confire un gusto ácido.

Os limóns e as limas sérvense regularmente como limoada (sumo de limón natural con auga e azucre), ou como adorno para as bebidas tales como Coca-cola cunha rodela dentro ou na borda do copo.

É moi apreciado en repostería por potenciar o sabor e o seu zume por ser refrescante. Ademais, é amplamente utilizado como desinfectante e desengraxante tanto só como combinado con outros produtos de limpeza.

Produción e exportacións

As variedades mais abundantes no mercado son: Lisbon, Eureka, Primofiori e Verna. España é o maior exportador de Europa e México o maior produtor do mundo.

Produción de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO.
País Ano 2004 Ano 2002
México 1 824 890 1 725 090
India 1 420 000 1 440 000
Irán 1 100 000 1 040 000
España 1 050 000   919.700
Arxentina   950.000 1 313 266
Brasil   950.000   984.551
Estados Unidos de América   732.000   733.001
China   618.300   520.568
Italia   550.000   486.410
Turquía   535.000   525.000

Modelo:Esta produciónLimóns

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para limón.
  2. Morton, Julia F. (1987). Lemon in Fruits of Warm Climates (en inglés). Purdue University. pp. 160–168. 
  3. Franck Curk, Frédérique Ollitrault, Andres Garcia-Lor, François Luro, Luis Navarro, Patrick Ollitraul (1 de abril de 2016). "Phylogenetic origin of limes and lemons revealed by cytoplasmic and nuclear markers". Annals of Botany (en inglés) 117 (4): 565–583. doi:10.1093/aob/mcw005. .
  4. Marie-Françoise Valéry, Alain Le Toquin (2001). Jardins du Moyen Age (en francés). p. 15.  Parámetro descoñecido |eidtorial= ignorado (Axuda)
  5. Bahloul, Joëlle (1983). Le culte de la table dressée (en francés). A.-M. Métailié. p. 131. 

Véxase tamén