A Sariña, Chantada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san
Elisardojm (conversa | contribucións)
m INE (via JWB)
Liña 11: Liña 11:
|entidades = 3
|entidades = 3
}}
}}
'''San Vicente da Sariña''' é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] do concello de [[Chantada]], situada preto da ribeira do [[río Miño]], a 2&nbsp;km da ponte de Portotide, e a 6&nbsp;km da vila de [[Chantada, Chantada, Chantada|Chantada]]. No ano [[2015]] tiña 26 habitantes distribuídos en 1,14 <ref>[http://www.concellodechantada.org/concello_parroquias.htm www.concellodechantada.org]</ref> km², segundo datos do [[Instituto Nacional de Estatística|INE]]<ref>{{Cita web
'''San Vicente da Sariña''' é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] do concello de [[Chantada]], situada preto da ribeira do [[río Miño]], a 2&nbsp;km da ponte de Portotide, e a 6&nbsp;km da vila de [[Chantada, Chantada, Chantada|Chantada]]. No ano [[2015]] tiña 26 habitantes distribuídos en 1,14 <ref>[http://www.concellodechantada.org/concello_parroquias.htm www.concellodechantada.org]</ref> km², segundo datos do [[Instituto Nacional de Estadística|INE]]<ref>{{Cita web
|url= http://www.ine.es/nomen2/index.do
|url= http://www.ine.es/nomen2/index.do
|título= Instituto Nacional de Estatística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales
|título= Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales
|dataacceso= 3 de novembro de 2016
|dataacceso= 3 de novembro de 2016
|editor= INE
|editor= INE

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2018 ás 16:40

Coordenadas: 42°34′13″N 7°44′25″O / 42.57016943, -7.74021873

A Sariña
Igrexa parroquial de A Sariña
ConcelloChantada
Coordenadas42°34′08″N 7°44′30″O / 42.56901317, -7.74170443Coordenadas: 42°34′08″N 7°44′30″O / 42.56901317, -7.74170443{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área1,14 km²
Poboación26 hab. (2015)
Densidade22,81 hab./km²
Entidades de poboación3
editar datos en Wikidata ]

San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada, situada preto da ribeira do río Miño, a 2 km da ponte de Portotide, e a 6 km da vila de Chantada. No ano 2015 tiña 26 habitantes distribuídos en 1,14 [1] km², segundo datos do INE[2] e do IGE[3], deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.

Economía

As principais actividades desta parroquia baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así, os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venda de produtos naturais como os tomates, patacas, froita de tempada etc, nas feiras e mercados máis próximos e coñecidos, como son os de Chantada e Escairón, aínda que tamén existe actividade gandeira e sobre todo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do viño promovida pola proximidade da coñecida Ribeira Sacra lucense.

Pódese apreciar certa actividade artesá, pois era a xente da parroquia quen facía coas súas propias mans as cestas para a recollida das uvas na vendima ou as olas de vimbio.

Patrimonio

A pesar de se tratar dunha pequena parroquia, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como Igrexa de Santa María da Sariña. Construída na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábsida rectangulares. Os muros son de cantaría de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadana de dous vans, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadana e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior pegado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestoso altar que a domina. Esta igrexa xurdiu en principio como unha ermida de peregrinación. Era coñecida ata hai ben pouco a romaría do día 9 de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares da Sariña

Lugares da parroquia da Sariña no concello de Chantada (Lugo)

Pincelo | O Pousadoiro | Soutariz

Parroquias de Chantada

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Chantada

Adá (Santa Baia) | Arcos (Santa María) | Argozón (San Vicente) | Belesar (San Bartolomeu) | Bermún (Santa María) | Brigos (San Salvador) | Camporramiro (Santa María) | Chantada (Santa Mariña) | Esmeriz (Santa Mariña) | Esmoriz (San Xillao) | Fornas (San Cristovo) | A Grade (San Vicente) | A Laxe (San Xoán) | Líncora (San Pedro) | Mariz (San Martiño) | O Mato (San Xillao) | Merlán (San Tomé) | O Monte (San Miguel) | Mouricios (San Cristovo) | Muradelle (San Paio) | Nogueira de Miño (Santa María) | Pedrafita (Santa Baia) | Pereira (San Mamede) | Pesqueiras (Santa María) | Requeixo (Santiago) | Sabadelle (Santa María) | San Fiz de Asma (San Fiz) | San Pedro de Viana (San Pedro) | San Salvador de Asma (San Salvador) | San Xurxo de Asma (San Xurxo) | Santa Cruz de Viana (Santa Cruz) | Santa Uxía de Asma (Santa Uxía) | Santiago de Arriba (Santiago) | A Sariña (San Vicente) | Veiga (San Xoán) | Vilaúxe (San Salvador)

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. www.concellodechantada.org
  2. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 24.decembro.2012.