Recife: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
XoseBot (conversa | contribucións)
m cc, ct
Rocastelo (conversa | contribucións)
m Recife, Brasil movida a Recife: Movo para fusionar
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2007 ás 17:40

Recife
Estado Pernambuco
Área 220 km²
Poboación 1.486.869 (est. 2004 IBGE)
Altitude 4 m sobre o nivel do mar
Latitude 8º 04'03" S
Lonxitude 34º 55'00" O
Distancia de Brasilia 2223 Km
Código postal (CEP) 50000-000
Administración local: Prefeitura Municipal de Recife
Av. Cais do Apolo, 925 - Bairro do Recife
Internet: http://www.recife.pe.gov.br
Alcalde (Prefeito) João Paulo Lima e Silva
Mapa


Recife é a capital do estado de Pernambuco e está situada no litoral brasileiro. Tiña una poboación de 1.422.905 habitantes según o Censo 2000.

Historia

Prédios do Centro da cidade do Recife.

Foi fundada polos portugueses o 1537 e ocupada polos holandeses en 1630. Na época, Portugal, e así tamén o Brasil, estavan baixo o domínio de España, da cual a Holanda era inimiga. Depois da restauración da coroa portuguesa, os holandeses permaneceran no Recife, e só foran expulsos totalmente o 1654. No período holandés, Recife coñeceu alguna toleráncia relixiosa (pois os holandeses, de relixión protestante, tiñan que conviver co os portugueses católicos, e precisavan da axuda dos comerciantes portugueses, moitos deles xudeus). Desta época, data a primeira sinagoga das Américas, situada hoxe no barrio do Recife Antigo.

Menos de 60 anos despois do retorno ó dominio portugués, Recife coñecería outra guerra: a chamada Guerra dos Mascates (1710 - 1712), entre señores de terras de produción de cana de zucre de Olinda e os comerciantes portugueses do Recife. Cando a administración de Recife foi emancipada de Olinda, os señores de terras non aceitaron e atacaron a cidade. A guerra terminou coa intervención de tropas portuguesas, a cal resultou na vitória dos recifenses, pero o sentimento anti-lusitano instalouse no pobo de Pernambuco.

No século XIX a cidade foi palco de outras tres revoltas en menos de 50 anos, todas de carácter liberal ou republicano: a Revolta de 1817, a Confederación do Ecuador en 1824 e a Revolución Praieira de 1848 a 1850. Tamén no século XIX a cidade gañou a súa Faculdade de Dereito, unha das primeiras instaladas no Brasil, a cal aumentou o seu prestixio e incentivou as actividades de intelectuais.

Economía

As súas atividades económicas principais son o seu diversificado comercio e os servizos (incluindose actividades ligadas ó lecer, adminstración pública e turismo). Seu antigo porto hoxe é pouco usado, sendo máis importante economicamente o porto de Suape, situado a 40 km ao sur. Hai algunhas industrias no territorio do município, pero a maioría das fábrica sitúase en cidades veciñas.

Vista de Recife, con seu barrio antigo (á direita) e a parte moderna.

O turista ten como atraccións para visitar a praia de Boa Viagem, o barrio do Recife Antigo e súas construcións, súas igrexas e fortes antigos (como o Forte Cinco Pontas e a Fortaleza do Brum) e a feira de Artesanato na Casa de Cultura (dende antes funcionava un presídio, e dende se pode mirar, na outra marxen do río Capibaribe, a Rúa da Aurora e suas casas antigas. Próximo do Recife, está a cidade de Olinda, cuxa parte antiga é considerada Património Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Rúa de Recife

Non se pode tamén esquecer o seu Carnaval, que non ten no samba a súa música, pero sí o frevo, un ritmo rexional de Pernambuco. Como opcións de hospedaxe hai diversos hotéis de alto padrón de redes internacionais, e outros máis antigos ou mais simples.


Ligazóns externas