Bleda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
engado táboa
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
'''Bleda''' ([[390]]-[[445]]), ou '''Buda''' (segundo as crónicas húngaras) foi un dos dous xefes que tiveron os [[hunos]] asentados en [[Europa Oriental]] entre [[434]] e [[445]]. O outro xefe era [[Atila]], o seu irmán, que herdou o trono xunto con el trala morte do seu tío [[Rugas]].
'''Bleda''' ([[390]]-[[445]]), ou '''Buda''' (segundo as crónicas húngaras) foi un dos dous xefes que tiveron os [[hunos]] asentados en [[Europa Oriental]] entre [[434]] e [[445]]. O outro xefe era [[Atila]], o seu irmán, que herdou o trono xunto con el trala morte do seu tío [[Rugas]].



Revisión como estaba o 21 de maio de 2018 ás 20:47

Infotaula de personaBleda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte444 Editar o valor em Wikidata
King of the Huns (en) Traducir Império Huno (pt) Traducir
435 – 444
← Ruga (pt) TraducirAtila →
Xunto con: Atila
Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXefe tribal Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
PaiMundíuco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAtila Editar o valor em Wikidata

Bleda (390-445), ou Buda (segundo as crónicas húngaras) foi un dos dous xefes que tiveron os hunos asentados en Europa Oriental entre 434 e 445. O outro xefe era Atila, o seu irmán, que herdou o trono xunto con el trala morte do seu tío Rugas.

Biografía

Segundo a tradición, Bleda e Atila naceron de Bendeguz, o líder dos hunos. Nun primeiro momento, Atila e Bleda optaron por proseguir coa paz cos romanos. Polo tratado de Margus (hoxe Požarevac), o Imperio romano de Oriente duplicaba os tributos anuais ós hunos e entregáballes varias tribos xermánicas que desertaran do exército huno e se refuxiaran á outra beira do Danubio. Durante os 5 anos seguintes mantívose a paz, e Atila e Bleda aproveitaron para realizar incursións contra o Imperio sasánida, aínda que foron finalmente derrotados cando trataban de conquistar Armenia.

No 439, hunos e romanos acusáronse mutuamente de romper el tratado de Margus. En consecuencia, volveu haber a guerra entre ambos, e os exércitos de Atila e Bleda destruíron ou tomaron as cidades romanas de Viminacium, Margus, Sigindunum (Belgrado) e Sirmium. Tras unha breve tregua en 442, os hunos continuaron os seus ataques e saquearon Ratiara, Naissus (Niš), Serdica (Sofía), Filipópolis (Plovdiv) e Arcadiópolis. Antes de que a situación se volvese aínda máis crítica, o emperador Teodosio II admitiu a súa derrota e comprometeuse a entregar unha indemnización de 1963 quilos de ouro ós hunos, ademais de triplicar os tributos acordados en Margus e pagar 12 sólidos por cada prisioneiro romano liberado.

Bleda morreu no ano 445, ó parecer durante unha cacería xunto co seu irmán Atila. Sempre se especulou que a súa morte non foi accidental.

Predecesor:
Rugas
Xefe dos hunos
434-445
Sucesor:
Atila