Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: Engado Bibliografía
Viascos (conversa | contribucións)
→‎Elementos do tecido conxuntivo: Engado información e referencias
Liña 10: Liña 10:


== Elementos do tecido conxuntivo ==
== Elementos do tecido conxuntivo ==
Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, febras diversas e unha serie de células.
Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, as febras diversas (ambas constitúen a matriz extracelular) e unha serie de células. A [[matriz extracelular]] é moi abondosa nestes tecidos, mentres que as células distribúense de xeito máis ou menos disperso na matriz e son as responsabeis da secreción local desta.<ref name= "Albers">{{Cita libro|apelidos = Alberts|nome= Bruce|ano = 1992|título = Biología molecular de la célula|editor= Omega|isbn = 84-282-0896-4|lingua= castelán|páxina= 843}}</ref>


=== Substancia fundamental ===
=== Substancia fundamental ===
Liña 24: Liña 24:


==== Febras ====
==== Febras ====
No tecido conxuntivo a matriz extracelular é rica en diversos polímeros de estructura febrosa, sendo estas febras as que soportan as tensións no tecido.<ref name= "Albers"/>
No tecido conxuntivo existen diferentes tipos de febras: febras de [[coláxeno]], febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas.

Existen diferentes tipos de febras: febras de [[coláxeno]], febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas. As febras elásticas, compostas pola proteína [[elastina]], conforman unha rede que confire ao tecido unha gran elasticidade, limitada polas fibras inelásticas de coláxeno para previr roturas.<ref>{{Cita libro|apelidos = Alberts|nome= Bruce|ano = 1992|título = Biología molecular de la célula|editor= Omega|isbn = 84-282-0896-4|lingua= castelán|páxinas= 869-70}}</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 19 de maio de 2018 ás 22:16

O tecido conxuntivo, tamén chamado tecido conectivo é un tecido orgánico que serve de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculonerviosos. Deriva do mesoderma.[1]

Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:

  • O tecido conxuntivo laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
  • O tecido conxuntivo denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.

O tecido conxuntivo especializado abrangue o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoético e o tecido sanguíneo.

Elementos do tecido conxuntivo

Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, as febras diversas (ambas constitúen a matriz extracelular) e unha serie de células. A matriz extracelular é moi abondosa nestes tecidos, mentres que as células distribúense de xeito máis ou menos disperso na matriz e son as responsabeis da secreción local desta.[2]

Substancia fundamental

A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrientes e outras substancias cara as células.

Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín sulfato, heparán sulfato, queratán sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación ácida. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.

Para a preparación histolóxica non pode producirse lavando con auga. Hai que optar por:

  • fixación con vapores de éter-formaldehido de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
  • conxelación presurizada + criosubstitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica

As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.

Febras

No tecido conxuntivo a matriz extracelular é rica en diversos polímeros de estructura febrosa, sendo estas febras as que soportan as tensións no tecido.[2]

Existen diferentes tipos de febras: febras de coláxeno, febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas. As febras elásticas, compostas pola proteína elastina, conforman unha rede que confire ao tecido unha gran elasticidade, limitada polas fibras inelásticas de coláxeno para previr roturas.[3]

Notas

  1. Dorland (1986). Dicionario enciclopédico ilustrado de medicina (en castelán) 3 (26 ed.). Madrid: Interamericana - W.B. Saunders. p. 1547. ISBN 84-7605-223-5. 
  2. 2,0 2,1 Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula (en castelán). p. 843. ISBN 84-282-0896-4. 
  3. Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula (en castelán). pp. 869–70. ISBN 84-282-0896-4. 

Véxase tamén

Bibliografía

Paniagua Gómez-Álvarez, Ricardo (2002). Citología e histología vegetal y animal (en castelán) (3ª ed.). Madrid: McGraw-Hill - Interamericana de España, S.A.U. pp. 475, 577–609. ISBN 84-481-9984-7.