Juan Bautista Topete: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
ç |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
[[Ficheiro:JuanBatistaTopeteYCarballoPorRafaelMonleón.jpg|miniatura|dereita|200px|Juan Bautista Topete y Carballo por Rafael Monleón.]] |
|||
'''Juan Bautista Topete y Carballo''', nado en [[San Andrés de Tuxtla]], [[Estado de Veracruz]], [[México]], en [[1821]] e finado en [[Madrid]] en [[1885]], foi un mariño e político [[España|español]]. |
'''Juan Bautista Topete y Carballo''', nado en [[San Andrés de Tuxtla]], [[Estado de Veracruz]], [[México]], en [[1821]] e finado en [[Madrid]] en [[1885]], foi un mariño e político [[España|español]]. |
||
Revisión como estaba o 15 de maio de 2018 ás 13:16
Juan Bautista Topete y Carballo, nado en San Andrés de Tuxtla, Estado de Veracruz, México, en 1821 e finado en Madrid en 1885, foi un mariño e político español.
Traxectoria
En 1838 ingresou na Armada. Distinguiuse pola súa actuación na Escuadra del Cantábrico durante a Primeira Guerra Carlista, e en América contra os piratas e tratantes de escravos. En 1860, participou na Guerra de África.
En 1865 foi destinado ao Pacífico, onde ao mando do contralmirante Castro Méndez Núñez participou nos bombardeos de Valparaíso (Chile) e o de El Callao (Perú), onde foi ferido gravemente. Tras a guerra foi ascendido a brigadier.
Máis tarde foi nomeado Capitán da Escuadra de Cádiz. En 1868 pronunciouse en contra de Isabel II e revelou a toda a súa frota, co que iniciou unha revolución que acabaría destronando á raíña.
Entre 1868 e 1869, ocupou o posto de Ministro da Mariña e de Ultramar. En 1870, Joan Prim morreu tras sufrir un atentado, polo que Topete ocupou o cargo de Presidente do Consello de Ministros.
Durante o reinado de Amadeo I de Savoia, volveo a ocupar os cargos de Ministro da Mariña e de Ultramar. Tras a proclama da I República foi encarcelado. Tras o golpe do xeneral Pavía en 1874, ocupou de novo o posto no ministerio da Mariña.
Sexenio Revolucionario | ||
---|---|---|
Segue a: Joan Prim i Prats |
Juan Bautista Topete | Precede a: Francisco Serrano Domínguez |
Presidente do Goberno de España |