Alexandre I, arcebispo de Alexandría: Diferenzas entre revisións
m →Traxectoria: Arranxos varios |
Polo modelo Biografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía |
|||
|descrición = Imaxe de Alexandre de Alexandría no mosteiro de [[Veljusa]], na actual [[República de Macedonia]] |
|||
}} |
|||
'''Alexandre de Alexandría''', nado no ano [[250]] e finado no [[326]], boi [[arcebispo]] de [[Alexandría]] desde o ano [[313]] até a súa morte. Foi designado co nome de Alexandre (Ἀλέξανδρος), para suceder a [[Aquilas, arcebispo de Alexandría|Aquilas de Alexandría]]. |
'''Alexandre de Alexandría''', nado no ano [[250]] e finado no [[326]], boi [[arcebispo]] de [[Alexandría]] desde o ano [[313]] até a súa morte. Foi designado co nome de Alexandre (Ἀλέξανδρος), para suceder a [[Aquilas, arcebispo de Alexandría|Aquilas de Alexandría]]. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Foi o décimo noveno [[patriarca de Alexandría]], título que precede ao de papa da [[Igrexa copta]] ou patriarca da [[Igrexa ortodoxa]], previo ao [[cisma]] do ano [[457]]. |
Foi o décimo noveno [[patriarca de Alexandría]], título que precede ao de papa da [[Igrexa ortodoxa copta|Igrexa copta]] ou patriarca da [[Igrexa ortodoxa]], previo ao [[cisma]] do ano [[457]]. |
||
Alexandre é famoso pola súa oposición á chamada [[arianismo|"herexía ariana"]], que afirmaba que [[Xesús]] non era [[Deus]] verdadeiro, senón só o Fillo de Deus, que se encarnara en [[Xesús de Nazaret]]; era o unixénito de Deus e polo tanto tiña unha orixe temporal, a primeira das criaturas creadas, e por iso non era coeterno co seu Pai. |
Alexandre é famoso pola súa oposición á chamada [[arianismo|"herexía ariana"]], que afirmaba que [[Xesús]] non era [[Deus]] verdadeiro, senón só o Fillo de Deus, que se encarnara en [[Xesús de Nazaret]]; era o unixénito de Deus e polo tanto tiña unha orixe temporal, a primeira das criaturas creadas, e por iso non era coeterno co seu Pai. |
Revisión como estaba o 14 de maio de 2018 ás 12:21
Nome orixinal | (grc) Αλέξανδρος Α' |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 250 (Gregoriano) Alexandría |
Morte | 17 de abril de 326 (75/76 anos) Alexandría |
19º Patriarca de Alexandría | |
313 – 326 ← Áquila de Alexandria (pt) – Atanasio de Alexandría → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Church‘s ministry (en) e Apoloxética |
Ocupación | presbítero |
Período de tempo | Low Roman Empire (en) |
Lingua | Grego antigo |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 26 de febreiro |
Participou en | |
325 | Primeiro Concilio de Nicea |
Alexandre de Alexandría, nado no ano 250 e finado no 326, boi arcebispo de Alexandría desde o ano 313 até a súa morte. Foi designado co nome de Alexandre (Ἀλέξανδρος), para suceder a Aquilas de Alexandría.
Traxectoria
Foi o décimo noveno patriarca de Alexandría, título que precede ao de papa da Igrexa copta ou patriarca da Igrexa ortodoxa, previo ao cisma do ano 457.
Alexandre é famoso pola súa oposición á chamada "herexía ariana", que afirmaba que Xesús non era Deus verdadeiro, senón só o Fillo de Deus, que se encarnara en Xesús de Nazaret; era o unixénito de Deus e polo tanto tiña unha orixe temporal, a primeira das criaturas creadas, e por iso non era coeterno co seu Pai.
Alexandre tamén é coñecido pola súa doutrina apostólica e unha de seus as súas accións máis destacadas foi ordenar a un mozo diácono de nome Atanasio, que máis tarde sería famoso e admirado en toda a cristiandade.
Alexandre aínda que foi xentil cos arianos, tamén foi determinado. Moitos acúsano de comprometer a posición da Igrexa, aínda que outros autores afirman que foi impetuoso a causa da súa posición irredutíbel. Non obstante, debe ser considerado como un campión na ensinanza da Igrexa católica o que está acreditado ao incluílo no seu santoral polo seu celo pastoral, celebrándose a súa festividade o 26 de febreiro na igrexa católica, na Igrexa ortodoxa o 29 de maio e na Igrexa copta o 17 de abril.
Durante moito tempo dirixiuse a Ario intentando convencelo do seu erro antes da súa excomuñón, no 321. A excomuñón foi confirmada no sínodo de Alexandría. A súa circular episcopal sobre a herexía ariana sobreviviu, ao tempo que é unha parte importante da literatura eclesiástica daquel período.
Como bispo, Alexandre prefería aos monxes, destacando aqueles que vivían como eremita s no deserto, a quen consideraba como modelo para as súas ovellas. Tamén insistiu na caridade cos pobres na diocese baixo o seu control, virtudes polas que foi famoso.
Considérase a Alexandre como un dos principais responsábeis do Primeiro Concilio de Nicea no ano 325, onde o arianismo foi formalmente condenado. O labor de Alexandre neste concilio sería de capital importancia posteriormente, xa que uns anos máis tarde o emperador Teodosio I tomou a transcendental decisión de facer do cristianismo niceno ou catolicismo a relixión oficial do Imperio mediante o Edicto de Tesalónica de 380.
Faleceu en Alexandría no ano 326, segundo algunhas tradicións o 26 de febreiro, dous anos despois de regresar do concilio, e nomeando a santo Atanasio de Alexandría como o seu sucesor.
Véxase tamén
OUtros artigos
Ligazóns externas=
- Johannes Quasten, Patrología II, B.A.C. Madrid 1962.
- KANNENGIESSER, Ch. "Alexandre de Alexandria". Dicionário Patrístico e de Antigüidades Cristãs. Petrópolis: Vozes, 2002.
- St. Alexander, Catholic Encyclopedia 1913.