Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m nome completo
Liña 38: Liña 38:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AnxRey+B&alias=Anxo+A.+Rei+Ballesteros {{PAGENAME}}] na [[Biblioteca Virtual Galega]].
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AnxRey+B&alias=Anxo+A.+Rei+Ballesteros {{PAGENAME}}] na [[Biblioteca Virtual Galega]].
* [http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=338 Ficha na Editorial Galaxia] {{ligazón morta}}
* [http://editorialgalaxia.gal/autor/anxo-a-rei-ballesteros/ Ficha na Editorial Galaxia]


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 12 de maio de 2018 ás 20:43

Infotaula de personaAnxo Rei Ballesteros
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Ardesende, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 2008 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPaulo Rei Ballesteros Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 541520

Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada pola editorial Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia[2].

Obras

Narrativa

Teatro

Ensaio

Traducións

Obras colectivas

Notas

  1. Anxo Rei Ballesteros, El País, 3/11/08
  2. Nova en Vieiros

Véxase tamén

Ligazóns externas