Ourol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito poboación, obtido de wikidata
Liña 57: Liña 57:
{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|-
|-
! Censo total <sup>2014</sup>
! Censo total <sup>2017</sup>
! 1.090 habitantes
! 1.016 habitantes
|-
|-
| Menores de 15 anos
| Menores de 15 anos
|align="center"| 67 (6.15 %)
|align="center"| 55 (5.41 %)
|-
|-
| Entre 15 e 64 anos
| Entre 15 e 64 anos
|align="center"| 501 (45.96 %)
|align="center"| 481 (47.34 %)
|-
|-
| Maiores de 65 anos
| Maiores de 65 anos
|align="center"| 522 (47.89 %)
|align="center"| 480 (47.24 %)
|}
|}



Revisión como estaba o 12 de maio de 2018 ás 10:05

Coordenadas: 43°33′50″N 07°38′32″O / 43.56389, -7.64222

Ourol
Bandeira de Ourol
Escudo de Ourol
Situación
Xentilicio[1]ourolés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Occidental
Poboación980 hab. (2023)[2][3]
Área142,1 km²[3]
Densidade6,9 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloOurol
Política (2015)
AlcaldeJosé Luis Pajón Camba (PSdeG-PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG-CCTT 2
Eleccións municipais en Ourol
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes75,94%
Na rede
http://concellodeourol.es
editar datos en Wikidata ]

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Xeografía

O concello, de 142,1 km², está situado ao norte da provincia de Lugo e abrangue oito parroquias. Limita ao norte cos concellos de Viveiro e Vicedo, ao sur con Muras, ao leste co Valadouro e ao oeste con Mañón (provincia da Coruña).

A altitude media sobre o mar é de 405 m. Os ríos, que van dar ao mar Cantábrico, van en dirección sur a norte, con profundos vales e escarpadas zonas montañosas entre eles, diminuíndo a altitude media de sur a norte. O pico Veliña (937 m) está no límite cos concellos de Muras e O Valadouro, na fin da Serra do Xistral, incluída dentro do espazo natural LIC da Rede Natura 2000. O Pico Carballosa (732 m) está no límite das parroquias de Sisto e Ourol co concello de Muras.

A rede fluvial vai dar a dous ríos: o Landro e o Sor. O primeiro, que desemboca na ría de Viveiro, discorre en parte polo municipio e fai de fronteira co concello de Viveiro. Está tamén declarado como LIC dentro da Rede Natura 2000. O río Sor configura o límite oeste de Ourol, co concello coruñés de Mañón, e parte do límite sur con Muras. A el van dar dous dos seus afluentes pola esquerda, os ríos Toxoso e San Pantaleón, que atravesan as parroquias de Ambosores e Cabanas. Vai dar á ría do Barqueiro.

O municipio conta con clima oceánico húmido, con suavidade térmica por mor da influencia mariña (11 °C de amplitude, cunha media anual de 14 °C) e con precipitacións durante todo o ano (1400–1500 mm).

Demografía

A poboación do concello tivo unha tendencia regresiva durante os séculos XIX e XX, e continúa a diminuír na actualidade. Na primeira metade do século XX houbo unha forte emigración, mais compensouse cunha poboación de estrutura nova e con altas taxas de natalidade, acusándose máis o descenso nos últimos cincuenta anos.

Censo total 2017 1.016 habitantes
Menores de 15 anos 55 (5.41 %)
Entre 15 e 64 anos 481 (47.34 %)
Maiores de 65 anos 480 (47.24 %)
Evolución da poboación en Ourol
Ano Habitantes
1842 8.742
1857 6.274
1860 6.446
1897 5.779
1900 5.720
1920 5.311
1940 5.522
1960 4.410
1981 2.508
2000 1.620
2011 1.157
Parroquia 1877 1900 1920 1940 1960 1981 2002 2006 2011
Ambosores 273 195 215 182 77 37 21 20
Bravos 1017 881 811 840 659 356 280 239 242
Merille 461 671 658 763 559 383 263 234 194
Miñotos 738 1100 1070 1051 784 485 232 211 180
O Sisto 228 297 269 273 267 104 75 72 51
Ourol 800 862 786 831 719 438 249 232 191
San Pantaleón de Cabanas 1231 661 550 532 412 184 92 79 65
Xerdiz 1276 975 972 1017 828 481 260 228 214
Total 5751 5720 5311 5522 4410 2508 1488 1316 1157

Historia

En Xestido (Miñotos) atopouse un xacemento do mesolítico de industria microlítica laminar e xeométrica[6].

Da cultura megalítica consérvanse varias mámoas: na Veiga (Cabanas) hai un túmulo semiesférico duns 12 m de diámetro e 1,3 de altura, cuberto de maleza e con cono de violación. En Penido Vello hai un túmulo duns 16 m de diámetro co dolmen. Na Pena do Toxo hai dúas mámoas, no monte de Cristo dos Callós jai unha necrópole con sete túmulos.

Hai trece petróglifono concello, nos lugares de Chao de Sinás e Coto de Xesto (Miñotos).

Da cultura castrexa consérvanse catro castros: o castro de Penagateira (Bravos), castro do Turrillón (Miñotos), outro poboado en Sisto, e o castro de Santa Apolonia en Goio (Xerdiz), circular con terraza e cunha capela do século XVI na parte posterior da mesma

Da romanización de Galiza atopouse unha ara Lares Viais en Casas Vellas (Miñotos). Estaba nun muro nun camiño real. Foi dedicada por un fillo dun tal Flavus en cumprimento dunha promesa. En Xerdiz atopouse outra ara, dedicada por Seguia, filla de Catulia e esposa de Severino. Consérvase no Museo Provincial de Lugo.

Durante a maior parte da idade media as terras do actual concello dependeron das ordes relixiosas, pasando na última época e depender dos señores feudais. En 1128 o rei Afonso VII de León dispuxo divisións nas herdades eclesiásticas e civís da diocese de Mondoñedo. En 1392 o cabaleiro Fernán Peres de Andrade o Boo obtivo autorización para edificar tres igrexas nas montañas do Sor.

Trala división territorial de España en 1833 as parroquias pasaron a depender do concello de Viveiro, constituíndose oficialmente o concello de Ourol o 31 de decembro de 1840. En 1854 o concello foi suprimido durante uns meses, sendo restituído por Real Decreto o 25 de agosto dese mesmo ano. Coa revolución de 1868 a Xunta Revolucionaria volveu suprimir o concello, sendo restituído o 24 de novembro dese mesmo ano.

Símbolos

En 2009 o Pleno do Concello aprobou modificar o escudo do concello e crear unha bandeira municipal. O escudo é de sinople, con banda de ouro acompañada dun vichelocrego ou gaimarelo (ariolus ariolus) en cada oco; bordura de prata cargada con oito piñeiros ao natural. Ao timbre, coroa real pechada. A bandeira, en pano verde leva unha banda de amarelo acompañada dun vichelocrego ou gaimarelo (ariolus ariolus) de amarelo e ás de negro en cada oco.

Os vichelocregos simbolizan o topónimo Ourol, derivado do latín aureolus (dourado). A banda recorda o cabaleiro Fernán Peres de Andrade o Boo, que mandou pór o seu escudo na igrexa de San Pantaleón de Cabanas, que mandou construír no século XIV. Os oito piñeiros son polas oito parroquias do municipio e pola riqueza forestal do mesmo, que xunto coa cor sinople do campo, simbolizan o medio ambiente e seu carácter rural[7].

Lugares de Ourol

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourol vexa: Lugares de Ourol.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ourol

Ambosores (Santa María) | Bravos (Santiago) | Merille (Santa Eulalia) | Miñotos (San Pedro) | Ourol (Santa María) | San Pantaleón de Cabanas (San Pantaleón) | O Sisto (Santa María) | Xerdiz (Santa María)


Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ourol".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. López Pombo, L.: Municipio de Ourol. Un recorrido por sus parroquias (en castelán).
  7. Ourol. A nosa historia.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.