Púrpura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Púrpuras.png|miniatura|250px|Cores púrpuras.]]
O '''púrpura'''<ref>{{DRAG|púrpura}}</ref> é a cor ou coloracións que se atopan entre o [[vermello]] e o [[azul]], ou máis especificamente é unha [[cor]] [[maxenta]] escura que se atopa entre o [[Violeta (cor)|violeta]] e o carmesí. O termo provén dos caracois mariños tamén chamados púrpuras (''[[Stramonita haemastoma]]'', ''[[Nucella lapillus]]''), e así se denominaba tamén á cor producida pola [[Oxidorredución|oxidación]] da tinta destes [[Caracol|caracois]], ([[tinta]] moi aprezada dende antigo) e ás teas tinguidas con ela.<ref name="DicColor">{{Cita libro|título=Diccionario Akal del color|editorial=Akal|ISBN=978-84-460-1083-8}}</ref>

Revisión como estaba o 10 de maio de 2018 ás 10:43

Cores púrpuras.

O púrpura[1] é a cor ou coloracións que se atopan entre o vermello e o azul, ou máis especificamente é unha cor maxenta escura que se atopa entre o violeta e o carmesí. O termo provén dos caracois mariños tamén chamados púrpuras (Stramonita haemastoma, Nucella lapillus), e así se denominaba tamén á cor producida pola oxidación da tinta destes caracois, (tinta moi aprezada dende antigo) e ás teas tinguidas con ela.[2]

En colorimetría foi definida como a cor complementaria dos que se perciben como consecuencia da fotorrecepción dunha luz cuxa lonxitude de onda dominante mide entre 555 e 565 nm. Trátase dunha cor estándar, é dicir que se atopa normalizada en catálogos de cores e inventarios cromáticos. A denominación de cor «púrpura» inclúe ao conxunto das coloracións semellantes á cor estándar, purpúreas. Á dereita achégase unha mostra do púrpura estándar.

Popularmente, úsanse como sinónimos nomes como morado, violeta, lila, malva ou maxenta. Porén, estas denominacións teñen diferente etimoloxía, e aínda que tamén son coloracións situadas entre o vermello e o azul, desenvolveron en xeral o seu propio significado específico.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para púrpura.
  2. Diccionario Akal del color. Akal. ISBN 978-84-460-1083-8.