Morcego rabudo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4732610 de 2001:8A0:70C3:C01:106:BDD1:4029:E0A5 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4732608 de 2001:8A0:70C3:C01:106:BDD1:4029:E0A5 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 30: Liña 30:
}}
}}


O '''morcego rabudo''' (''Tadarida teniotis'') é uma [[especie (bioloxía)|especie]] de [[Chiroptera|morcego]] [[Microchiroptera|microquiróptero]] da [[familia (bioloxía)|familia]] [[Molossidae]].
O '''morcego rabudo''' (''Tadarida teniotis'') é unha [[especie (bioloxía)|especie]] de [[Chiroptera|morcego]] [[Microchiroptera|microquiróptero]] da [[familia (bioloxía)|familia]] [[Molossidae]].


É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero ''[[Tadarida]]'', con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no [[Pataxio|uropataxio]] cando está en voo.
É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero ''[[Tadarida]]'', con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no [[Pataxio|uropataxio]] cando está en voo.
Liña 55: Liña 55:
== Vê também ==
== Vê também ==
{{commonscat|Tadarida teniotis}}
{{commonscat|Tadarida teniotis}}
=== Ligaçons externas ===
=== Ligazóns externas ===
* {{es}} [http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_mamiferos/pdf/46_rhino.pdf ''Tadarida teniotis''] no Atlas da [[biodiversidade]] do [[Ministerio de Medio Ambiente de España]] (MMA). Arquivo en [[pdf]]. 02/01/2012.
* {{es}} [http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_mamiferos/pdf/46_rhino.pdf ''Tadarida teniotis''] no Atlas da [[biodiversidade]] do [[Ministerio de Medio Ambiente de España]] (MMA). Arquivo en [[pdf]]. 02/01/2012.
* {{en}} ''[[Mammal Species of the World]]'': [http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s=e&ide=13801785 ''Tadarida teniotis''] en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (eds.): ''Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference''. 3ª ed. [[Johns Hopkins University Press]]. [[Baltimore]]. [[2005]]. 02/01/2012.
* {{en}} ''[[Mammal Species of the World]]'': [http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s=e&ide=13801785 ''Tadarida teniotis''] en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (eds.): ''Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference''. 3ª ed. [[Johns Hopkins University Press]]. [[Baltimore]]. [[2005]]. 02/01/2012.

Revisión como estaba o 9 de maio de 2018 ás 16:02

Morcego rabudo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Molossidae
Subfamilia: Molossinae
Xénero: Tadarida
Especie: T. teniotis
Nome binomial
Tadarida teniotis
Rafinesque, 1814.
Mapa de distribución de T. teniotis.
Mapa de distribución de T. teniotis.

Mapa de distribución de T. teniotis.
Subespecies
  • Tadarida t. subsp. teniotis, Rafinesque, (1814).
  • Taradida t. subsp. rueppelli, Temminck, (1826).
Sinonimia
  • cestoni, Savi, (1825).
  • nigrogriseus, Schneider, (1871).
  • savii, Schinz, (1840).

O morcego rabudo (Tadarida teniotis) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Molossidae.

É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.

A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é .

Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.

Distribução

Distribución do morcego rabudo en Galicia

Ocupa unha estreita franxa latitudinal circunmediterránea, que abrangue o sur de Europa e norte de África, Afganistán, China e Corea, chegando até Xapón e a illa de Flores (Indonesia). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, España, sueste de Francia, sur de Suíza, Italia e costas adriáticas até Grecia, incluíndo Madeira, Canarias e as illas mediterráneas.

Hábitat

Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a gran altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.

Ameaças

Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.

Notas

Vê também

Ligazóns externas