Déixaas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
| nome = Déixaas
| nome = Déixaas
| portada =
| portada =
| banda =
| banda = [[Mercedes Peón]]
| publicado = [[27 de abril]] de [[2018]]
| publicado = [[27 de abril]] de [[2018]]
| gravación =
| gravación =
| estudio =
| estudio =
| duración =
| duración =
| xénero =
| xénero = [[Folk]] e [[punk]]
| selo =
| selo =
| produtor =
| produtor =
| anterior =
| anterior = [[Sós]]
| posterior =
| posterior =
| anterior_ano =
| anterior_ano = 2010
| posterior_ano =
| posterior_ano =
}}
}}

Revisión como estaba o 9 de maio de 2018 ás 15:54

Déixaas
Álbum de Mercedes Peón
Publicado27 de abril de 2018
Xénero(s)Folk e punk
Cronoloxía
Sós
(2010)
Déixaas

Déixaas é o quinto disco da cantante galega Mercedes Peón. O álbum publícase o 27 de abril de 2018.

Neste traballo, realizado con Mónica de Nut e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O son, a contorna, a roupa e mais o traballo de arte do vídeoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao punk, a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que Navantia pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor música industrial.

O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.

Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a Fernando Abreu co seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de Yolanda Castaño cos ritmos vogais de María Reimóndez etc.[1]

O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é Alberto Castaño.

Lista de cancións

  1. "Déixaas" (04:30)
  2. "MK" (05:19)
  3. "Partículas" (04:33)
  4. "Plataforma" (05:04)
  5. "Tras o muro" (04:09)
  6. "Cabelo" (00:39)
  7. "Linguas elementais" (03:35)
  8. "Ela propón" (04:24)
  9. "Cabo de min" (04:01)
  10. "Transición" (01:02)
  11. "Olores perdidos" (06:40)

Notas