Liga Galega de Wáter-polo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:
|[[1998]]
|[[1998]]
|}
|}

=== Outros equipos ===
Ademais dos 5 equipos que forman a actual liga, outros clubs participaron na Liga Galega de Wáter-polo en tempadas anteriores. O [[Club Natación Monforte]], de [[Monforte de Lemos]], participou até a súa disolución no ano [[2006]]. O [[Club Waterpolo Pabellón Ourense|CW Ourense]] e o [[CN Padrón]], ámbolos dous integrantes na actualidade da [[Segunda División Galega de Wáter-polo]], participaron varias tempadas.

Outros equipos que chegaron a disputar a competición foron a [[Asociación Coruñesa de Waterpolo]], o [[CW Redondela]], de [[Redondela]] ([[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]]), o CN As Pontes, das [[As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez]] ([[Provincia da Coruña|A Coruña]]), e o [[Club Natación Avilés]], de [[Avilés]] ([[Asturias]]).


== Sistema de competición ==
== Sistema de competición ==

Revisión como estaba o 30 de abril de 2018 ás 16:46

Liga Galega de Waterpolo
RexiónGalicia Galicia
Equipos5
CopaCopa de Galicia
DescensoSegunda división galega
Actual campiónCW Galaico
(2 títulos)
Máis laureadoCN Coruña
(7 títulos)
OrganizadorFederación Galega de Natación
Sitio webwww.fegan.org
Liga Galega 2014-15

A Liga Galega de Wáter-polo é unha competición de wáter-polo de carácter anual, que se disputa en Galicia e que está regulamentada pola Federación Galega de Natación[1]. Constitúe a máxima categoría da Liga Galega de Wáter-polo, e o vencedor desta ten dereito a disputar o play-off de ascenso á Terceira división española. Só tres equipos fixéronse co título de liga, o CN Coruña, o CW Santiago e o CW Galaico.

Equipos

Tempada 2017/2018

Na tempada 2017-2018 forman a liga cinco equipos:

Nome Cidade Fundación
CW Santiago Santiago de Compostela 2004
CN Coruña A Coruña 1933
Club Marina Ferrol 1997[2]
CW Pabellon Ourense Ourense
CW Pontevedra Pontevedra 1998

Sistema de competición

Posto Clasificación
Play-off polo título
Play-off permanencia

O sistema de competición consta dunha fase regular, onde os cinco equipos enfróntase entre eles por partida dobre, de xeito que cada equipo xoga contra os demais tanto como local coma como visitante. Cada vitoria suma 3 puntos na clasificación. Os empates suman un punto e as derrotas ningún. Ao finalizar os enfrontamentos da liga regular, os catro equipos que máis puntuación acaden disputan un play-off polo título, mediante dúas semifinais e unha final, disputadas a dobre partido. Nas semifinais enfróntanse o primeiro contra o cuarto clasificado, e o segundo contra o terceiro. Os vencedores de cada semifinal enfróntanse entre eles, sendo o gañador desta o que se fai co título de liga.

O gañador do título de liga, á súa vez, gaña o dereito a disputar a fase de ascenso á Segunda División Española de Wáter-polo.

Pola parte baixa da clasificación, o último clasificado xoga outro play-off polo descenso, enfrontándose ao primeiro clasificado da Segunda División. Neste encontro a partido dobre, o gañador acada unha praza na primeira división, ben mantendo a categoría, ben conseguindo o ascenso.

Edicións

O equipo que máis veces conquistou o título da Liga Galega de Wáter-polo foi o Club Natación A Coruña, gañándoa en 7 ocasións consecutivas: dende a primeira edición na tempada 2002/2003 até a tempada 2008/2009. O Club Waterpolo Santiago (3); e o Club Waterpolo Galaico (2), antes coñecido coma Club Natación Pontevedra[3], son os outros dous equipos galegos posuidores do título de liga.

Tempada Campión Subcampión Terceiro Máximo anotador
2015/16
2014/15 A Coruña CN Coruña Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago
2013/14 Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago
2012/13 Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago A Coruña CN Coruña
2011/12 Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña
2010/11 Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña
2009/10 Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña
2008/09 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico
2007/08 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico
2006/07 A Coruña CN Coruña Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago
2005/06 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico
2004/05 A Coruña CN Coruña A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago
2003/04 A Coruña CN Coruña Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago
2002/03 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CN Santiago Pontevedra CN Pontevedra

Palmarés

Desde a tempada 2002/2003, tres foron os vencedores do título de liga:

Notas

  1. Arquivo PDF da circular da Federación Galega de Natación regulamentando a Liga Galega de Wáter-polo
  2. Club Marina Ferrol (ed.). "Historia de a sección Waterpolo" (PDF). Consultado o 20 de outubro de 2014. 
  3. Pontevedra Viva (ed.). "A sección de waterpolo desvincúlase do Club Natación Galaico". Consultado o 20 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas