Liga Galega de Wáter-polo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 39: | Liña 39: | ||
|[[1997]]<ref name="Marina Ferrol">{{cita web|título=Historia de a sección Waterpolo|url=http://www.clubmarinaferrol.org/marina/club/historia_waterpolo.pdf|editor=Club Marina Ferrol|dataacceso=20 de outubro de 2014}}</ref> |
|[[1997]]<ref name="Marina Ferrol">{{cita web|título=Historia de a sección Waterpolo|url=http://www.clubmarinaferrol.org/marina/club/historia_waterpolo.pdf|editor=Club Marina Ferrol|dataacceso=20 de outubro de 2014}}</ref> |
||
|- style="background: #D0E6FF;" |
|- style="background: #D0E6FF;" |
||
|[[ |
|[[CW Pabellon Ourense]] |
||
|[[Ficheiro:Coat of Arms of |
|[[Ficheiro:Coat of Arms of Ourense.svg|12px]] [[Ourense]] |
||
| |
|||
|[[1906]] |
|||
|- |
|- |
||
|[[CN Pontevedra|CW |
|[[CN Pontevedra|CW Pontevedra]] |
||
|[[Ficheiro:Escudo de Pontevedra.svg|12px]] [[Pontevedra]] |
|[[Ficheiro:Escudo de Pontevedra.svg|12px]] [[Pontevedra]] |
||
|[[1998]] |
|[[1998]] |
Revisión como estaba o 30 de abril de 2018 ás 16:45
Liga Galega de Waterpolo | |
---|---|
Rexión | Galicia |
Equipos | 5 |
Copa | Copa de Galicia |
Descenso | Segunda división galega |
Actual campión | CW Galaico (2 títulos) |
Máis laureado | CN Coruña (7 títulos) |
Organizador | Federación Galega de Natación |
Sitio web | www.fegan.org |
Liga Galega 2014-15 |
A Liga Galega de Wáter-polo é unha competición de wáter-polo de carácter anual, que se disputa en Galicia e que está regulamentada pola Federación Galega de Natación[1]. Constitúe a máxima categoría da Liga Galega de Wáter-polo, e o vencedor desta ten dereito a disputar o play-off de ascenso á Terceira división española. Só tres equipos fixéronse co título de liga, o CN Coruña, o CW Santiago e o CW Galaico.
Equipos
Tempada 2017/2018
Na tempada 2017-2018 forman a liga cinco equipos:
Nome | Cidade | Fundación |
---|---|---|
CW Santiago | Santiago de Compostela | 2004 |
CN Coruña | A Coruña | 1933 |
Club Marina | Ferrol | 1997[2] |
CW Pabellon Ourense | Ourense | |
CW Pontevedra | Pontevedra | 1998 |
Outros equipos
Ademais dos 5 equipos que forman a actual liga, outros clubs participaron na Liga Galega de Wáter-polo en tempadas anteriores. O Club Natación Monforte, de Monforte de Lemos, participou até a súa disolución no ano 2006. O CW Ourense e o CN Padrón, ámbolos dous integrantes na actualidade da Segunda División Galega de Wáter-polo, participaron varias tempadas.
Outros equipos que chegaron a disputar a competición foron a Asociación Coruñesa de Waterpolo, o CW Redondela, de Redondela (Pontevedra), o CN As Pontes, das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), e o Club Natación Avilés, de Avilés (Asturias).
Sistema de competición
Posto | Clasificación |
1º | Play-off polo título |
2º | |
3º | |
4º | |
5º | Play-off permanencia |
O sistema de competición consta dunha fase regular, onde os cinco equipos enfróntase entre eles por partida dobre, de xeito que cada equipo xoga contra os demais tanto como local coma como visitante. Cada vitoria suma 3 puntos na clasificación. Os empates suman un punto e as derrotas ningún. Ao finalizar os enfrontamentos da liga regular, os catro equipos que máis puntuación acaden disputan un play-off polo título, mediante dúas semifinais e unha final, disputadas a dobre partido. Nas semifinais enfróntanse o primeiro contra o cuarto clasificado, e o segundo contra o terceiro. Os vencedores de cada semifinal enfróntanse entre eles, sendo o gañador desta o que se fai co título de liga.
O gañador do título de liga, á súa vez, gaña o dereito a disputar a fase de ascenso á Segunda División Española de Wáter-polo.
Pola parte baixa da clasificación, o último clasificado xoga outro play-off polo descenso, enfrontándose ao primeiro clasificado da Segunda División. Neste encontro a partido dobre, o gañador acada unha praza na primeira división, ben mantendo a categoría, ben conseguindo o ascenso.
Edicións
O equipo que máis veces conquistou o título da Liga Galega de Wáter-polo foi o Club Natación A Coruña, gañándoa en 7 ocasións consecutivas: dende a primeira edición na tempada 2002/2003 até a tempada 2008/2009. O Club Waterpolo Santiago (3); e o Club Waterpolo Galaico (2), antes coñecido coma Club Natación Pontevedra[3], son os outros dous equipos galegos posuidores do título de liga.
Palmarés
Desde a tempada 2002/2003, tres foron os vencedores do título de liga:
- CN Coruña: 8 títulos
- CW Santiago: 3 títulos
- CW Galaico: 2 títulos
Notas
- ↑ Arquivo PDF da circular da Federación Galega de Natación regulamentando a Liga Galega de Wáter-polo
- ↑ Club Marina Ferrol (ed.). "Historia de a sección Waterpolo" (PDF). Consultado o 20 de outubro de 2014.
- ↑ Pontevedra Viva (ed.). "A sección de waterpolo desvincúlase do Club Natación Galaico". Consultado o 20 de outubro de 2014.