Déixaas: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Título en cursiva}} |
{{Título en cursiva}} |
||
{{Álbum musical |
|||
| nome = |
|||
| portada = |
|||
| banda = |
|||
| publicado = |
|||
| gravación = |
|||
| estudio = |
|||
| duración = |
|||
| xénero = |
|||
| selo = |
|||
| produtor = |
|||
| anterior = |
|||
| posterior = |
|||
| anterior_ano = |
|||
| posterior_ano = |
|||
}} |
|||
'''''Déixaas''''' é o quinto disco da cantante [[Galicia|galega]] [[Mercedes Peón]]. O álbum publícase o 27 de abril de 2018. |
'''''Déixaas''''' é o quinto disco da cantante [[Galicia|galega]] [[Mercedes Peón]]. O álbum publícase o 27 de abril de 2018. |
||
Revisión como estaba o 27 de abril de 2018 ás 19:47
Déixaas | |
---|---|
Déixaas é o quinto disco da cantante galega Mercedes Peón. O álbum publícase o 27 de abril de 2018.
Neste traballo, realizado con Mónica de Nut e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O son, a contorna, a roupa e mais o traballo de arte do vídeoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao punk, a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que Navantia pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor música industrial.
O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.
Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a Fernando Abreu co seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de Yolanda Castaño cos ritmos vogais de María Reimóndez etc.[1]
O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é Alberto Castaño.
Lista de cancións
- "Déixaas" (04:30)
- "MK" (05:19)
- "Partículas" (04:33)
- "Plataforma" (05:04)
- "Tras o muro" (04:09)
- "Cabelo" (00:39)
- "Linguas elementais" (03:35)
- "Ela propón" (04:24)
- "Cabo de min" (04:01)
- "Transición" (01:02)
- "Olores perdidos" (06:40)