Zacharias Werner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Johann Wolfgang von Goethe
Liña 6: Liña 6:
Estudou [[Dereito]] na Universidade de Königsberg, e foi ás clases de [[Immanuel Kant]]. Na súa perspectiva vital recibiu tamén a influencia de [[Jean-Jacques Rousseau]] e os seus seguidores alemáns. Tivo unha vida irregular, cunha serie de matrimonios desgraciados. Con todo, o seu talento foi recoñecido axiña, e en 1793 converteuse en secretario de cámara da administración prusiana en [[Varsovia]]. En 1805 obtivo un despacho en [[Berlín]], pero dous anos despois deixou a administración pública para comezar a viaxar.
Estudou [[Dereito]] na Universidade de Königsberg, e foi ás clases de [[Immanuel Kant]]. Na súa perspectiva vital recibiu tamén a influencia de [[Jean-Jacques Rousseau]] e os seus seguidores alemáns. Tivo unha vida irregular, cunha serie de matrimonios desgraciados. Con todo, o seu talento foi recoñecido axiña, e en 1793 converteuse en secretario de cámara da administración prusiana en [[Varsovia]]. En 1805 obtivo un despacho en [[Berlín]], pero dous anos despois deixou a administración pública para comezar a viaxar.


No curso das súas viaxes, por correspondencia, coñeceu moitas figuras literarias eminentes da época, como [[Goethe]] en [[Weimar]] ou [[Germaine de Staël]] en [[Coppet]]. En [[1811]], en [[Roma]] uniuse á [[Igrexa Católica]]. Foi ordenado sacerdote en 1814 en [[Aschaffenburg]], e durante un tempo mudou a pluma polo púlpito, converténdose nun predicador popular en [[Viena]], onde durante un congreso en 1814 os seus elocuentes sermóns foron escoitados por un nutrido público. Tempo despois foi nomeado sacerdote da catedral de [[Kamianets-Podilskyi|Kaminiec]].
No curso das súas viaxes, por correspondencia, coñeceu moitas figuras literarias eminentes da época, como [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]] en [[Weimar]] ou [[Germaine de Staël]] en [[Coppet]]. En [[1811]], en [[Roma]] uniuse á [[Igrexa católica]]. Foi ordenado sacerdote en 1814 en [[Aschaffenburg]], e durante un tempo mudou a pluma polo púlpito, converténdose nun predicador popular en [[Viena]], onde durante un congreso en 1814 os seus elocuentes sermóns foron escoitados por un nutrido público. Tempo despois foi nomeado sacerdote da catedral de [[Kamianets-Podilskyi|Kaminiec]].


== Obras ==
== Obras ==

Revisión como estaba o 27 de abril de 2018 ás 16:36

Infotaula de personaZacharias Werner

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Friedrich Ludwig Zacharias Werner Editar o valor em Wikidata
18 de novembro de 1768 Editar o valor em Wikidata
Königsberg, Prusia Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xaneiro de 1823 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Königsberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , poeta avogado , dramaturgo , escritor , sacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 32e7804f-433a-47b6-964a-adbbe653ecde IMSLP: Category:Werner,_Zacharias Editar o valor em Wikidata


Friedrich Ludwig Zacharias Werner, nado en Königsberg (Prusia) o 18 de novembro de 1768 e finado en Viena o 17 de xaneiro de 1823, foi un poeta, dramaturgo e predicador alemán.

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade de Königsberg, e foi ás clases de Immanuel Kant. Na súa perspectiva vital recibiu tamén a influencia de Jean-Jacques Rousseau e os seus seguidores alemáns. Tivo unha vida irregular, cunha serie de matrimonios desgraciados. Con todo, o seu talento foi recoñecido axiña, e en 1793 converteuse en secretario de cámara da administración prusiana en Varsovia. En 1805 obtivo un despacho en Berlín, pero dous anos despois deixou a administración pública para comezar a viaxar.

No curso das súas viaxes, por correspondencia, coñeceu moitas figuras literarias eminentes da época, como Goethe en Weimar ou Germaine de Staël en Coppet. En 1811, en Roma uniuse á Igrexa católica. Foi ordenado sacerdote en 1814 en Aschaffenburg, e durante un tempo mudou a pluma polo púlpito, converténdose nun predicador popular en Viena, onde durante un congreso en 1814 os seus elocuentes sermóns foron escoitados por un nutrido público. Tempo despois foi nomeado sacerdote da catedral de Kaminiec.

Obras

Martin Luther oder Die Weihe der Kraft, 1870.

Logrou levar as súas pezas aos escenarios, onde tiveron boa acollida. A ópera de Verdi Attila baséase no drama homónimo de Werner. A súa peza Der 24. Februar, chamada así pola data de defunción da súa nai e un amigo íntimo, introduciu a era das chamadas "traxedias do destino". Varios dos seus poemas dramáticos foron deseñados para evanxelizar membros da masonaría.

  • Vermischte Gedichte (1789)
  • Die Söhne des Thals (1803-1804)
  • Die Templer auf Cypern (1803)
  • Die Kreuzesbrüder (1804)
  • Das Kreuz an der Ostsee' (1806)
  • Die Brautnacht (1806)
  • Martin Luther oder die Weihe der Kraft (1806)
  • Attila (1808)
  • Wanda (1810)
  • Die Weihe der Unkraft (1813)
  • Der 24. Februar (1815)
  • Kunigunde die Heilige (1815)
  • Geistliche Übungen für drei Tage (1818)
  • Die Mutter der Makkabäer (1820)

Véxase tamén

Outros artigos