Avelino González: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 78: Liña 78:
*''Piratas'', dirección de [[Jorge Coira]] e [[Jorge Saavedra]], para Telecinco (2011). Serie.
*''Piratas'', dirección de [[Jorge Coira]] e [[Jorge Saavedra]], para Telecinco (2011). Serie.
*''[[Padre Casares]]'', producido por Voz Audiovisual para TVG (2008). Serie.
*''[[Padre Casares]]'', producido por Voz Audiovisual para TVG (2008). Serie.
*''[[A vida por diante]]'', producido por Voz Audiovisual para TVG (2006)
*''[[A vida por diante]]'', producido por Voz Audiovisual para TVG (2006). Serie.
*''[[Comando zapping]]'', producido por Productora Faro para TVG (2005-2006)
*''[[Comando zapping]]'', producido por Productora Faro para TVG (2005-2006)
*''[[Cuéntame]]'', producido por Ganga para TVE (2005).
*''[[Cuéntame]]'', producido por Ganga para TVE (2005).
*''[[As leis de Celavella]]'', producido por Voz Audiovisual para TVG (2003-2004). Serie.
*''[[As leis de Celavella]]'', producido por Voz Audiovisual para TVG (2003-2004). Serie.
*''[[Rías Baixas]]'', producido por Zenith Televisión para TVG (2004)
*''Rías baixas'', producido por Zenith Televisión para TVG (2004). Serie.
*''[[Máxima Audiencia]]''/zapping producido por TVG (2004)
*''[[Máxima Audiencia]]''/zapping producido por TVG (2004)
*''[[Hospital Central]]'', producido por Videomedia para Telecinco (2003)
*''[[Hospital Central]]'', producido por Videomedia para Telecinco (2003). Serie.
*''[[Lluvia]]'', dirixido por [[Isabel Coixet]], producida por Canal+ (2000)
*''[[Lluvia]]'', dirixido por [[Isabel Coixet]], producida por Canal+ (2000)
*''[[Galicia Express]]'', producido por Portozás Visión para TVG (2000)
*''[[Galicia Express]]'', producido por Portozás Visión para TVG (2000). Serie.
*''[[Mareas vivas]]'' producido por N.T.R. para TVG (2000). Serie.
*''[[Mareas vivas]]'' producido por N.T.R. para TVG (2000). Serie.
*''[[Pratos combinados]]'', producido por [[Editorial Compostela]] para TVG (1998-2004). Serie.
*''[[Pratos combinados]]'', producido por [[Editorial Compostela]] para TVG (1998-2004). Serie.

Revisión como estaba o 23 de abril de 2018 ás 08:30

Non confundir con Avelino González Mallada, anarquista asturiano.


Infotaula de personaAvelino González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Santo André de Comesaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActor, narrador oral, director e tradutor de teatro
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webhttp://www.avelinogonzalez.gal/
IMDB: nm1222644 Facebook: AvelinoGonzalezActor Twitter: avelinogonzalez Editar o valor em Wikidata


Avelino González (esquerda) con Xesús Ron e Xulio Lago nunha entrevista.

Xosé Avelino González Fernández, coñecido como Avelino González, nado en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1962, é un actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, especialista en comedia, contacontos e animación de rúa. A súa irmá é Helena González Fernández.

Traxectoria

Comezou a súa carreira no teatro en A Farándula (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro (1989), con Cándido Pazó, e de Ollomoltranvía (1993), é un nome consolidado no panorama escénico. Deu o salto ao cine en 1987 con Gallego, no que ten feito filmes nos que destaca ¿A ti como se che di adeus? Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (Arestora, Luar...), series (Mareas Vivas, Galicia Express...) e telefilmes (Condenado a vivir). O seu personaxe Miñato, da serie Padre Casares, é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da Asociación de actores e actrices de Galicia entre 2013 e 2015[1].

Na actualidade salienta o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das cousas de Castelao. Participou no audio-libro Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.[2] Interviu na homenaxe a Xela Arias, con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro Xela Arias, quedas en nós.

Teatro

Como actor

Como director e autor

  • Saaabor!, 2018, producido por Culturactiva SCQ.[3]
  • Sénior, 2018, producido por Coperactiva.
  • Copérate, 2017, producido por Coperactiva.
  • Dous no camiño, 2017, producido por Coperactiva.
  • Filosofando, 2015, autor e director, producido por Coperactiva.
  • The Telephone, 2015, de Gian Carlo Menotti para a Real Filharmonía de Galicia.

Como tradutor e adaptador

Audiovisual

Actor de ficción en distintos formatos e medios, que inclúe series de televisión, cine e webseries, tamén traballou como personaxe para programas infantís (O campo de atrás) e de entretemento. Fixo de actor de captura de momentos para o filme El Cid e a serie Goomer (Filmax/Bren Entertainment). Parte do seu traballo audiovisual aparece nos videobooks de 2012[7] e 2017[8].

Cine

Televisión

Narración oral ou contacontos

Ten participado en numerosos festivais de narración oral galegos e internacionais.[13][14]

O espectáculo Vento mareiro xorde do Primeiro Concerto expansivo Nunca Máis organizado pola Plataforma contra a Burla Negra en 2003. Trátase dunha colaboración do narrador oral co Cuarteto Caramuxo. Nel recóllense historias viradas ao mar: unha copla do entroido de Cee sobre a caza de baleas e as factorías de Caneliñas e de Massó, un conto arredor da relación mítica de Galicia coas sereas, outra historia sobre un paisano de Noia chamado Andrucho que pasou de patrón de veleiro a patrón de gabarra no Amazonas organizando remesas de armas para a guerrilla colombiana, unha historia de pesca no Gran Sol.[15] A narración oral combínase coa parte musical (habaneras, valses, pasodobres e jazz).

O contacontos é fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas como contar a historia das baleas de Massó en Cangas e o xabón de La Toja; a da decadencia do acordeón por culpa das sereas que acaban bailando o tico-tico homenaxeando ós Acordeóns Mallo; ou a historia do Andrucho -de Avilés de Taramancos- que de patrón de veleiro na ría de Noia, converteuse, xa vello, en contrabandista no Amazonas. Os autores definen o espectáculo como bailable, «a medio camiño entre unha sesión de contacontos e a sesión vermouth. [16]

Vento mareiro foi o espectáculo máis representado en Galicia en 2005.[17]

Algúns dos seus monólogos e contos son:

  • Entre un galo e un polbo (2017), baseado na vida e na obra literaria de Carlos Casares.[18]
  • Contos de contrabando (2017)[19][20][21][22]
  • "O conto da lumbrighanta e anguiacho", no encontro Ponte... nas ondas! (2016), baseado en Os ausentes de Casteltón, de Jacobo Barros
  • Historias tenras e canallas (2015)[23]
  • "Conto do reloxo", no encontro Ponte... nas ondas! (2012)[24][25]
  • "De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos" (2011)[26]
  • "Algúns exemplos de lingüística gastronómica" (2011)[27]
  • Vento mareiro, creado por Avelino González e o Cuarteto Caramuxo. Estrea oficial no Coliseo Noela de Noia en 2005. Guion con textos de Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Avilés de Taramancos e o propio Avelino González
  • "El e ela" (2008)[28]

Premios

Activismo

Avelino González participa en accións reivindicativas, a prol da defensa da lingua e da cultura galegas, contra a censura e pola liberdade de expresión, a axuda aos campos de refuxiados do Sáhara, e sinalados movementos cidadáns en Galicia (Nunca máis...).[29][30] Nalgúns casos participa prestando a súa imaxe pública:

Notas

  1. "A Asociación". aaag.gal. Consultado o 2018-04-21. 
  2. Rodríguez Castelao, Afonso (2010). Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó. Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-23-2. 
  3. "Saaabor! | Culturactiva". www.culturactiva.org. Consultado o 2018-04-22. 
  4. "Catálogo RGTA 2013 2º semestre - [PDF Document]". vdocuments.mx (en inglés). Consultado o 2018-04-22. 
  5. "Pelos na lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22. 
  6. "Bicos con Lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22. 
  7. avelino gonzalez (2012-01-23). "Avelino Gonzalez (Videobook)". Consultado o 2018-04-21. 
  8. "Avelino_González videobook". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-22. 
  9. "Valores familiares". Flickr (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  10. "O máis rico (do cemiterio)". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  11. xabato (2008-11-10). "O máis rico do (cemiterio) en Onda Curta". Consultado o 2018-04-21. 
  12. by, Created. "lua y leo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  13. "O actor Avelino González tráenos a mellor narración oral galega a Londres". Fala Londres. Consultado o 2018-04-22. 
  14. García Rodicio, Juan José (2016). "A recuperación do oficio de contacontos en Ourense dende 1993", Actas do II Congreso Internacional de Etnografía. O patrimonio do século XXI. Serie Raigame. ISBN 978-84-691-8835-4. 
  15. "Avelino González y Caramuxo llevan su propuesta músico-vocal al teatro Galán". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-20. Consultado o 2018-04-22. 
  16. "O espectáculo «Vento mareiro» repasa hoxe contos do mar con ritmos bailables". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-05-27. Consultado o 2018-04-22. 
  17. "Avelino González e Caramuxo estrean o seu novo espectáculo en Noia: Vento Mareiro | Galicia en el Mundo | Galicia no Mundo". www.galiciaenelmundo.es (en castelán). Consultado o 2018-04-21. 
  18. "Monólogo de Avelino González en Nigrán - Telemariñas". Telemariñas (en castelán). 2017-04-27. Consultado o 2018-04-22. 
  19. Vigo, Faro de. "Avelino González actuará en el museo Ramón Aller". Consultado o 2018-04-21. 
  20. AAVV Zarracós (2017-07-30). "Avelino González - Contos de contrabando (1)". Consultado o 2018-04-21. 
  21. AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de contrabando (2)". Consultado o 2018-04-21. 
  22. AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de Contrabando (3)". Consultado o 2018-04-21. 
  23. "“Historias tenras e canallas” de Avelino González en COMPOSTELA CAPITAL CULTURAL". www.compostelacapitalcultural.com (en castelán). Consultado o 2018-04-22. 
  24. by, Created. "conto do reloxo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  25. "Saúda de Avelino González -". tv.uvigo.es. Consultado o 2018-04-22. 
  26. asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos". Consultado o 2018-04-21. 
  27. asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. Algúns exemplos de Lingüística Gastronómica". Consultado o 2018-04-21. 
  28. jornadasdoconto (2008-09-17). "Jornadas do Conto: Avelino González". Consultado o 2018-04-21. 
  29. "Fotos M23F 23/2/2003 (2)". mais.vieiros.com. Consultado o 2018-04-22. 
  30. Internet, Acordar Comunicación en. "Vieiros: Galiza Hoxe - Manifesto ante o novo escenario político". www.vieiros.com. Consultado o 2018-04-22. 
  31. MediaLab Colorida (2017-12-16). "‘‘Adiós ríos, Adiós Fontes’’ - Microactivismo Poético". Consultado o 2018-04-22. 
  32. asodifisi (2012-04-23). "Avelino González, Miñato en Padre Casares #euapoioa Asodifisi". Consultado o 2018-04-21. 

Véxase tamén

Ligazóns externas