Nelson Pereira dos Santos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
+cat
Liña 58: Liña 58:
{{ORDENAR:Pereira dos Santos, Nelson}}
{{ORDENAR:Pereira dos Santos, Nelson}}
[[Categoría:Directores de cine do Brasil]]
[[Categoría:Directores de cine do Brasil]]
[[Categoría:Guionistas]]
[[Categoría:Nados en São Paulo]]
[[Categoría:Nados en São Paulo]]
[[Categoría:Nados en 1928]]
[[Categoría:Nados en 1928]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2018 ás 11:48

Nelson Pereira dos Santos
Nacemento22 de outubro de 1928
Lugar de nacementoSão Paulo
Falecemento21 de abril de 2018
Lugar de falecementoRío de Xaneiro
Causacancro de fígado
NacionalidadeBrasil
Alma máterInstitut des Hautes Études Cinématographiques e Universidade de São Paulo
Ocupacióndirector de cinema, guionista, montador e actor
FillosNey Santanna
Coñecido porVidas Secas e Como Era Gostoso o Meu Francês
PremiosOrde do Mérito Cultural e Comendador pela Ordem de Rio Branco
Na rede
IMDB: nm0673051 Allocine: 2926 Allmovie: p118274 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nelson Pereira dos Santos, nado en São Paulo o 22 de outubro de 1928 e finado en Río de Janeiro o 21 de abril de 2018, foi un director de cinema brasileiro. Dirixiu filmes como Vidas secas, baseado no libro homónimo de Graciliano Ramos.

Traxectoria

Pereira dos Santos naceu en São Paulo e o primeiro filme que dirixiu foi Rio 40°, estreado en 1965. O filme é a crónica da vida nas favelas de Río de Janeiro, e influíu algúns outros directores, impulsando o movemento do Cinema Novo.

O seu filme máis coñecido fóra do Brasil é Como era gostoso o meu francês (1971), que participou no 21.º Festival de cinema de Berlín.[1] Está ambientado no século XVI e retrata as supostas prácticas caníbales dos guerreiros tupinambá contra os colonizadores franceses e portugueses do litoral brasileiro. Na 44.ª edición do mesmo festival participou o filme A Terceira Margem do Rio.[2]

En Brasília 18% (2006) explora algúns dos aspectos escuros da política brasileira do momento e a corrupción política, o asasinato de testemuñas de xuízos e o lavado de cartos.

Pereira dos Santos foi membro da Academia Brasileira de Letras dende 2006.[3] Faleceu dun fallo multiorgánico o 21 de abril de 2018 aos 89 anos.[4]

Filmografía

Notas

  1. "IMDB.com: Awards for How Tasty Was My Little Frenchman". imdb.com. Consultado o 2010-03-13. 
  2. "Berlinale: 1994 Programme". berlinale.de. Consultado o 2011-12-29. 
  3. "Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos" (en Portuguese). O Globo. 21 April 2018. Consultado o 21 April 2018. 
  4. Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos

Véxase tamén

Bibliografía

  • Darlene J. Sadlier: Nelson Pereira dos Santos (Contemporary Film Directors), University of Illinois Press, 2003, ISBN 0-252-07112-3

Ligazóns externas