Avelino González: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 130: Liña 130:
* Intervención na Gala pola Libertade de Expresión en apoio a Leo Bassi e o Teatro Alfil. Recadación de axuda económica para damnificados polas inundacións nos campos de refuxiados do Sáhara.
* Intervención na Gala pola Libertade de Expresión en apoio a Leo Bassi e o Teatro Alfil. Recadación de axuda económica para damnificados polas inundacións nos campos de refuxiados do Sáhara.
* Manifesto "Seguir construíndo a esperanza" (2004)<ref>{{Cita web|url=http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=35517|apelidos=Internet|nome=Acordar Comunicación en|páxina-web=www.vieiros.com|título=Vieiros: Galiza Hoxe - Manifesto ante o novo escenario político|data-acceso=2018-04-22|lingua=gl}}</ref>
* Manifesto "Seguir construíndo a esperanza" (2004)<ref>{{Cita web|url=http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=35517|apelidos=Internet|nome=Acordar Comunicación en|páxina-web=www.vieiros.com|título=Vieiros: Galiza Hoxe - Manifesto ante o novo escenario político|data-acceso=2018-04-22|lingua=gl}}</ref>

== Notas ==
{{Listaref|30em}}


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 22 de abril de 2018 ás 09:17

Non confundir con Avelino González Mallada, anarquista asturiano.


Infotaula de personaAvelino González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Santo André de Comesaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActor, narrador oral, director e tradutor de teatro
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webhttp://www.avelinogonzalez.gal/
IMDB: nm1222644 Facebook: AvelinoGonzalezActor Twitter: avelinogonzalez Editar o valor em Wikidata


Avelino González (esquerda) con Xesús Ron e Xulio Lago nunha entrevista.

Xosé Avelino González Fernández, coñecido como Avelino González, nado en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1962, é un actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, e especialista en animación de rúa. A súa irmá é Helena González Fernández.

Traxectoria

Comezou a súa carreira no teatro en A Farándula (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro (1989), con Cándido Pazó, e de Ollomoltranvía (1993), é un nome consolidado no panorama escénico. Deu o salto ao cine en 1987 con Gallego, no que ten feito filmes nos que destaca ¿A ti como se che di adeus?. Na pequena pantalla ten actuado en programas (Arestora, Luar...), series (Mareas Vivas, Galicia Express...) e telefilmes (Condenado a vivir). O seu personaxe Miñato, da serie Padre Casares, é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da Asociación de actores e actrices de Galicia entre 2013 e 2015[1].

Na actualidade salienta o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das cousas de Castelao. Participou no audio-libro Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.

Teatro

Como actor

Como director e autor

  • Saaabor!, 2018, producido por Culturactiva SCQ.[2]
  • Sénior, 2018, producido por Coperactiva.
  • Copérate, 2017, producido por Coperactiva.
  • Dous no camiño, 2017, producido por Coperactiva.
  • Filosofando, 2015, autor e director, producido por Coperactiva.
  • The Telephone, 2015, de Gian Carlo Menotti para a Real Filharmonía de Galicia.
  • Brancaflor, 2014, producido por Coperactiva.
  • Pelos na lingua, 2011. Estrea no Pazo da Cultura de Carballo por Talía Teatro.[3] Guion a partir de textos de Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende.
  • Crónica de Avilés de Taramancos, 2003, producido por Falabarato.
  • Bicos con lingua, 2003. Estrea no Teatro Principal de Compostela, producido por Talía Teatro. Guión a partir de relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Igresias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala.[4]
  • Love letters, 2001, de A.R. Gurney, producido por Lagarta, lagarta.

Como tradutor e adaptador

Audiovisual

Actor de ficción en distintos formatos e medios, que inclúe series de televisión, cine e webseries, tamén traballou como personaxe para programas infantís (O campo de atrás) e de entretemento. Fixo de actor de captura de momentos para o filme El Cid e a serie Goomer (Filmax/Bren Entertainment). Parte do seu traballo audiovisual aparece nos videobooks de 2012[5] e 2017[6].

Cine

Curtametraxes

Televisión

Narración oral

Ten participado en numerosos festivais de narración oral galegos e internacionais.[11]

O espectáculo Vento mareiro xorde do Primeiro Concerto expansivo Nunca Máis organizado pola Plataforma contra a Burla Negra en 2003. Trátase dunha colaboración do narrador oral co grupo musical Caramuxo. Nel recóllense historias viradas ao mar: unha copla do entroido de Cee sobre a factoría baleeira de Caneliñas, un conto arredor da relación mítica de Galicia coas sereas, outra historia sobre un paisano de Noia chamado Andrucho que pasou de patrón de veleiro a patrón de gabarra no Amazonas organizando remesas de armas para a guerrilla colombiana, unha historia de pesca no Gran Sol.[12] A narración oral combínase coa parte musical (habaneras, valses, pasodobres e jazz). Vento mareiro foi o espectáculo máis representado en Galicia en 2015.[13]

Algúns dos seus monólogos e contos son:

  • Entre un galo e un polbo (2017), baseado na vida e na obra literaria de Carlos Casares.[14]
  • Contos de contrabando (2017)[15][16][17][18]
  • "O conto da lumbrighanta e anguiacho", no encontro Ponte... nas ondas! (2016), baseado en Os ausentes de Casteltón, de Jacobo Barros
  • Historias tenras e canallas (2015)[19]
  • "Conto do reloxo", no encontro Ponte... nas ondas! (2012)[20][21]
  • "De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos" (2011)[22]
  • "Algúns exemplos de lingüística gastronómica" (2011)[23]
  • Vento mareiro, creado por Avelino González e Caramuxo. Estrea oficial no Coliseo Noela de Noia en 2005. Guion con textos de Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Avilés de Taramancos e o propio Avelino González
  • "El e ela" (2008)[24]

Premios

Activismo

Avelino González participa en campañas reivindicativas, a prol da defensa da lingua e da cultura e de temas sociais.

  • Adaptación do poema de Rosalía de Castro e intervención en Adiós ríos, adiós fontes. Microactivismo poético dende o Val Miñor (2017), na campaña Lumes Nunca Máis![25]. Música de Rubén Artabe. Gravación e edición de Alga Photography e mediaLab Casa Colorida.
  • Intervención na campaña Como cho digo, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (2014)[26]
  • Intervención na campaña #euapoioa Asodifisi, da Asociación de Disminuidos Físicos y Síquicos ASO.DI.FISI (2012)[1]
  • Intervención na Gala pola Libertade de Expresión en apoio a Leo Bassi e o Teatro Alfil. Recadación de axuda económica para damnificados polas inundacións nos campos de refuxiados do Sáhara.
  • Manifesto "Seguir construíndo a esperanza" (2004)[27]

Notas

  1. "A Asociación". aaag.gal. Consultado o 2018-04-21. 
  2. "Saaabor! | Culturactiva". www.culturactiva.org. Consultado o 2018-04-22. 
  3. "Pelos na lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22. 
  4. "Bicos con Lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22. 
  5. avelino gonzalez (2012-01-23). "Avelino Gonzalez (Videobook)". Consultado o 2018-04-21. 
  6. "Avelino_González videobook". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-22. 
  7. "Valores familiares". Flickr (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  8. "O máis rico (do cemiterio)". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  9. xabato (2008-11-10). "O máis rico do (cemiterio) en Onda Curta". Consultado o 2018-04-21. 
  10. by, Created. "lua y leo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  11. "O actor Avelino González tráenos a mellor narración oral galega a Londres". Fala Londres. Consultado o 2018-04-22. 
  12. "Avelino González y Caramuxo llevan su propuesta músico-vocal al teatro Galán". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-20. Consultado o 2018-04-22. 
  13. "Avelino González e Caramuxo estrean o seu novo espectáculo en Noia: Vento Mareiro | Galicia en el Mundo | Galicia no Mundo". www.galiciaenelmundo.es (en castelán). Consultado o 2018-04-21. 
  14. "Monólogo de Avelino González en Nigrán - Telemariñas". Telemariñas (en castelán). 2017-04-27. Consultado o 2018-04-22. 
  15. Vigo, Faro de. "Avelino González actuará en el museo Ramón Aller". Consultado o 2018-04-21. 
  16. AAVV Zarracós (2017-07-30). "Avelino González - Contos de contrabando (1)". Consultado o 2018-04-21. 
  17. AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de contrabando (2)". Consultado o 2018-04-21. 
  18. AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de Contrabando (3)". Consultado o 2018-04-21. 
  19. "“Historias tenras e canallas” de Avelino González en COMPOSTELA CAPITAL CULTURAL". www.compostelacapitalcultural.com (en castelán). Consultado o 2018-04-22. 
  20. by, Created. "conto do reloxo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  21. "Saúda de Avelino González -". tv.uvigo.es. Consultado o 2018-04-22. 
  22. asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos". Consultado o 2018-04-21. 
  23. asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. Algúns exemplos de Lingüística Gastronómica". Consultado o 2018-04-21. 
  24. jornadasdoconto (2008-09-17). "Jornadas do Conto: Avelino González". Consultado o 2018-04-21. 
  25. MediaLab Colorida (2017-12-16). "‘‘Adiós ríos, Adiós Fontes’’ - Microactivismo Poético". Consultado o 2018-04-22. 
  26. asodifisi (2012-04-23). "Avelino González, Miñato en Padre Casares #euapoioa Asodifisi". Consultado o 2018-04-21. 
  27. Internet, Acordar Comunicación en. "Vieiros: Galiza Hoxe - Manifesto ante o novo escenario político". www.vieiros.com. Consultado o 2018-04-22. 

Véxase tamén

Ligazóns externas