Manuel Soto Freire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos|Soto (homónimos)}}
{{Non confundir|Manoel Soto Ferreiro}}
[[Ficheiro:Manuel Soto y Freire.jpg|miniatura|Manuel Soto y Freire.]]
[[Ficheiro:Manuel Soto y Freire.jpg|miniatura|Manuel Soto y Freire.]]
'''Manuel Soto Freire''', nado en [[Lugo]] o [[26 de xaneiro]] de [[1826]] e finado en [[Pantón]] o [[27 de marzo]] de [[1897]], foi un xornalista e editor galego.
'''Manuel Soto Freire''', nado en [[Lugo]] o [[26 de xaneiro]] de [[1826]] e finado en [[Pantón]] o [[27 de marzo]] de [[1897]], foi un xornalista e editor galego.

Revisión como estaba o 17 de abril de 2018 ás 11:22

Manuel Soto y Freire.

Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826 e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897, foi un xornalista e editor galego.

Traxectoria

Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras.

Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El Boletín del Clero (1861), El Gallego (1867), La Paz (1869-1873), La Fe (1873) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Almanaque de Galicia (1858),[1] Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia.

Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía, e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce, amais de obras de Rosalía de Castro. Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1892), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.

Galería de ficheiros

Notas

  1. Vilavedra, D., ed. (1997). "Almanaque de Galicia". Diccionario da Literatura Galega II. Galaxia. pp. 41–42. ISBN 84-8288-137-X. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas