Gandalf: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
outra imaxe
XoseBot (conversa | contribucións)
m porén
Liña 41: Liña 41:


==Orixe da personaxe==
==Orixe da personaxe==
O profesor [[Tolkien]] bebeu de diversas fontes para compor a súa famosa personaxe. A máis obvia é o [[Merlín]] das [[lendas artúricas]], que non só inspirou a Gandalf, senón a case tódolos magos da literatura épica e fantástica de ambiente nórdico ou europeo que se escribiu desde entón. Non obstante, o seu primeiro 'contacto' ca personaxe tívoo en 1911 cando nunha viaxe ós Alpes viu unha postal do [[Xudeu Errante]], figura moi popular na mitoloxía alpina, que representaba a un anciano con longa barba, bastón e vagando eternamente pola terra. Como xa se comentou, moitas das características de Gandalf parecen inspirarse no deus nórdico [[Odín]], sen embargo a máis clara é a influencia da persoaxe do bardo [[Vainamoinen]], unha das figuras centrais do [[Kalevala]], a epopeia nacional finlandesa. Para 1914 [[Tolkien]] xa o convertera nuno dos seus libros favoritos, e durante os seus anos en Oxford aprendera o suficiente finés como para lelo na versión orixinal e quedar marabillado pola exuberancia dos poemas e a riquísima variedade argumental. A súa influencia foi tal que o profesor inspirouse en parte no aspecto estético da lingua finesa para inventar o seu [[Quenya]] ou [[Alto Élfico]]. [[Vainamoinen]] [[Runoya]], o 'cantador de [[runas]]' é un anciano feiticeiro, sabio e poderoso, con tódalas características físicas de Gandalf. Como el, enfróntase ó seu rival, o mago mozo [[Joukahainen]], e aínda que o vence na maxia dos cantos, finalmente é derrotado. Arroxado ó mar, vaga durante días ata que é rescatado por unha gran [[águia]]. Ambos magos enfróntanse a través de cantos xa que gran parte do seu poder reside nas súas voces, idea desarrollada por [[Tolkien]], que atribúe á palabra e á voz o poder máis eficaz dos seus [[Istari]], cualidade da que está especialmente dotado [[Saruman]]. Finalmente, o que [[Vainamoinen]] teña suxeitos os seus poderes a limitacións case humanas acércao moito máis a [[Mithrandir]] que calquera outra influencia.
O profesor [[Tolkien]] bebeu de diversas fontes para compor a súa famosa personaxe. A máis obvia é o [[Merlín]] das [[lendas artúricas]], que non só inspirou a Gandalf, senón a case tódolos magos da literatura épica e fantástica de ambiente nórdico ou europeo que se escribiu desde entón. Non obstante, o seu primeiro 'contacto' ca personaxe tívoo en 1911 cando nunha viaxe ós Alpes viu unha postal do [[Xudeu Errante]], figura moi popular na mitoloxía alpina, que representaba a un anciano con longa barba, bastón e vagando eternamente pola terra. Como xa se comentou, moitas das características de Gandalf parecen inspirarse no deus nórdico [[Odín]], porén a máis clara é a influencia da persoaxe do bardo [[Vainamoinen]], unha das figuras centrais do [[Kalevala]], a epopeia nacional finlandesa. Para 1914 [[Tolkien]] xa o convertera nuno dos seus libros favoritos, e durante os seus anos en Oxford aprendera o suficiente finés como para lelo na versión orixinal e quedar marabillado pola exuberancia dos poemas e a riquísima variedade argumental. A súa influencia foi tal que o profesor inspirouse en parte no aspecto estético da lingua finesa para inventar o seu [[Quenya]] ou [[Alto Élfico]]. [[Vainamoinen]] [[Runoya]], o 'cantador de [[runas]]' é un anciano feiticeiro, sabio e poderoso, con tódalas características físicas de Gandalf. Como el, enfróntase ó seu rival, o mago mozo [[Joukahainen]], e aínda que o vence na maxia dos cantos, finalmente é derrotado. Arroxado ó mar, vaga durante días ata que é rescatado por unha gran [[águia]]. Ambos magos enfróntanse a través de cantos xa que gran parte do seu poder reside nas súas voces, idea desarrollada por [[Tolkien]], que atribúe á palabra e á voz o poder máis eficaz dos seus [[Istari]], cualidade da que está especialmente dotado [[Saruman]]. Finalmente, o que [[Vainamoinen]] teña suxeitos os seus poderes a limitacións case humanas acércao moito máis a [[Mithrandir]] que calquera outra influencia.


==Caracterización no cine==
==Caracterización no cine==

Revisión como estaba o 13 de setembro de 2007 ás 19:18

Recreación de Gandalf

Nas lendas de J. R. R. Tolkien, Gandalf ou Olórin é un importante personaxe d´O Hobbit e d´O Señor dos Aneis, onde aparece como un mago arquetípico, desenvolvemndo un papel clave na Guerra do Anel. É o segundo dos Istari — despois o primeiro trala caída de Saruman, e o líder da Comunidade do Anel e do Exército do Oeste.

Gandalf está considerado xunto a Merlín como o prototipo do mago da cultura occidental. O seu aspecto externo é o dun ancián de barba longa e branca, vestido cunha gran capa gris, un sombreiro puntiagudo e un gran bastón.

"¡Gandalf! Se oirades só un cuarteirón do que eu oín del, e eu só oín unha pequena parte do que se pode oír, estariades preparados para calquera caste de conto meritorio". - O Hobbit I Unha reunión inesperada

Gandalf era o máis sabio dos Maiar. En Aman o seu nome era Olórin, e estaba ó servizo de Manwë e Varda. Tamén frecuentaba as estancias de Nienna e dela aprendeu a piedade e a paciencia. Foi escollido para formar parte do grupo de Maiar enviados de incógnito á Terra Media (coñecidos como Istari, "os Magos") para axudar na causa contra Sauron a mediados da Terceira Idade, cando o seu poder maligno estaba acrecentándose novamente. Era o máis sabio da orde dos Istari, rivalizando con Saruman, orixinalmente o líder da Orde. Así, Gandalf chegou ata a Terra Media na Terceira Idade do mundo para axudar ós pobos que se opuñan ó poder de Sauron. Círdan viuno chegar ós Portos Grises e soubo que, a pesar de parecer o menos importante, era o que poseía maior altura espiritual, e confioulle Narya, o Anel do Lume, para que o axudara na causa contra Sauron, reanimando os corazóns dos pobos da Terra Media, e infundéndolles valor.

Glamdring, a espada de Gandalf

Cando a sombra crece na Fraga Negra, participa no Concilio Blanco, encabezado por Saruman, para loitar contra o Nigromante, que resultou ser o propio Sauron. Isto descúbreo o propio Gandalf ó entrar en segredo en Dol Guldur con gran perigo. Galadriel desexaba que fora Gandalf a cabeza do Concilio, pero Saruman opúxose. Tras varias reunións, os Sabios finalmente uniron as súas forzas e expulsaron a Sauron da Fraga Negra, quen, finxindo fuxir, estableceuse en Mordor.

Na historia contada en "O Hobbit", Gandalf organiza e acompaña á expedición aventureira de Bilbo Bulseiro e os trece ananos en Erebor, a Montaña Solitaria, para recuperar os tesouros arrebatados polo dragón Smaug. Nesta aventura Gandalf atopa a espada élfica Glamdring, sendo esta a folla que blandiu o Rei de Gondolin, Turgon, e Bilbo atopa o Anel Único

N'"O Señor dos Aneis", Gandalf desempeña un papel fundamental na novela, dirixiendo gran parte das accións dos protagonistas. Tras descubrir que o anel de Bilbo é o Anel Único, úxelle que llo entregue ó seu sobriño, Frodo Bulseiro e urxe a este a emprender camiño hacia Rivendel para pór o Anel a salvo. É alí onde ten lugar o Concilio de Elrond, no que se determina, en gran medida gracias a Gandalf, que o Anel debe ser destruido na Montaña do Destino. Así, fórmase a Comunidade do Anel. Gandalf convértese no guía da Comunidade. Ó rematar o primeiro dos tres libros Gandalf o Gris enfróntase a un Balrog nas minas de Moria, permitindo á Compañía escapar e proseguir o seu camiño. Gandalf mata ó Balrog nesa batalla, pero o seu corpo queda sen vida na cima do Zirak-Zigil, e o seu espíritu viaxa máis alá do mundo. Tal vez compareceu ante os Valar ou ante o propio EruModelo:Engadir referencias. O feito é que é enviado de volta á Terra Media como Gandalf o Branco para continuar a súa loita contra Sauron, agora con poderes e coñecementos máis elevados. O cambio de cor é significativo, pois o seu destiño é enfrontarse e remplazar a Saruman o Branco trala alianza deste con Sauron. En certo sentido Gandalf o Branco é Saruman, ou ó menos, Saruman como este debía ser.

Tras encontrarse de novo cos seus compañeiros na Fraga de Fangorn, viaxa a Rohan, onde anima ó rei Theoden, sacándoo da súa postración e precoz senectude, e instándoo a tomar as armas e o liderazgo do seu pobo. Logo vai en busca de Éomer (sobriño do rei Theoden e Terceiro mariscal de Rohan) para así formar parte xunto co seu exército da batalla do Abismo de Helm contra as forzas de Saruman, e posteriormente, en Isengard, amonesta a Saruman e lle informa que xa non é líder da Orde nin do Concilio, rompendo o seu bastón. En Isengard recolle a Palantir arroxada por Gríma Lingua de Serpe, e posteriormente sorprende a Pippin na súa perigosa e imprudente visión a través da Pedra.

Despois marcha a Gondor con Pippin, para informar ó Senescal Denethor da morte de Boromir e advertirlle do perigo que supón Sauron e da guerra que se aveciña. Participa tamén na defensa da cidade de Minas Tirith, onde se enfronta ó Rei Bruxo dos Nazgûl. Salva a Faramir da pira de lapas na que Denethor, na súa loucura, ía a inmolar ó seu fillo. Loita na batalla final ante a Porta Negra de Mordor, e anúncialles ós Homes do Oeste a vitoria e a caída de Barad-dûr. Dispón que 3 Águias (Gwaihir, Landroval e Meneldor) vaian ó rescate de Frodo e Sam, perdidos na tempestade de Mordor. Finalmente, coroa solemnemente a Aragorn como Rei do Oeste ás portas de Minas Tirith.

Trala Guerra do Anel, cabalgou cos demais Portadores dos Aneis a Mithlond e alí, a bordo dun barco élfico, regresou con eles ó Reino Bendecido.

Nomes

Gandalf posee moitos nomes ó longo da lectura da Terra Media e diferentes para cada raza.

  • Olórin, o seu nome en Valinor como Maia, nos tempos máis antigos. É unha palabra da linguaxe élfica quenya, e significa "soñador" ou "dos soños" a partir da raíz lor- (como en Lórien, "terra dos soños").
  • Mithrandir, o seu nome sindarin, utilizado polos elfos da Terceira Idade e polos homes de Gondor. Significa "Peregrino Gris".
  • Gandalf Greyhame, Gandalf é o seu nome no Norte, significando Elfo coa Xente.
  • Gandalf o Gris, e despois Gandalf o Branco tralo seu renacemento como sucesor de Saruman.
  • O xinete branco, nome dado polos Rohirrim cando montaba o grande cabalo Sombragrís)
  • Corvo da Tempestade (unha referencia ás súas chegadas asociada con tempos de problemas), a miúdo empregada polos seus detractores.
  • Incánus, entre os Haradrim, os homes do Sur. Tolkien variouno varias veces, variando entre a palabra latina incanus que significa gris, unha posible invención en Westron que significa Manto Gris, unha palabra élfica Ind-cano que significa Dirixidor de Mentes, ou incluso unha forma de sureño que significa "Espía do Norte".
  • Tharkûn para o pobo anano.

O alcume Gandalf é moi usado durante toda a obra do Señor dos Aneis.

Alegorías

Tolkien deu o nome de Gandalf á súa persoaxe a partir do "Catálogo de Ananos" do poema Völuspá, o principal poema da mitoloxía nórdica. O nome podería significar "elfo do bastón" ou "elfo errante". Moitos dos atributos de Gandalf parecen derivarse do deus nórdico Odín na súa encarnación como "Viaxeiro", un home vello, cun só ollo, unha longa barba, un sombreiro ancho e un prominente bastón de camiñante.

No principio das súas viaxes moitos pensaron que se trataba dun Elfo dada a maxia que utilizaba e chamáronno Elfo do Bastón (Gandalf). Se ben axiña quedou claro que non se trataba dun elfo, pois envellecía cando os elfos non, o nome perdurou e se extendeu entre quenes non coñecían o seu significado orixinal. Tamén quedou claro que non se trataba dun home, pois non morría.

Orixe da personaxe

O profesor Tolkien bebeu de diversas fontes para compor a súa famosa personaxe. A máis obvia é o Merlín das lendas artúricas, que non só inspirou a Gandalf, senón a case tódolos magos da literatura épica e fantástica de ambiente nórdico ou europeo que se escribiu desde entón. Non obstante, o seu primeiro 'contacto' ca personaxe tívoo en 1911 cando nunha viaxe ós Alpes viu unha postal do Xudeu Errante, figura moi popular na mitoloxía alpina, que representaba a un anciano con longa barba, bastón e vagando eternamente pola terra. Como xa se comentou, moitas das características de Gandalf parecen inspirarse no deus nórdico Odín, porén a máis clara é a influencia da persoaxe do bardo Vainamoinen, unha das figuras centrais do Kalevala, a epopeia nacional finlandesa. Para 1914 Tolkien xa o convertera nuno dos seus libros favoritos, e durante os seus anos en Oxford aprendera o suficiente finés como para lelo na versión orixinal e quedar marabillado pola exuberancia dos poemas e a riquísima variedade argumental. A súa influencia foi tal que o profesor inspirouse en parte no aspecto estético da lingua finesa para inventar o seu Quenya ou Alto Élfico. Vainamoinen Runoya, o 'cantador de runas' é un anciano feiticeiro, sabio e poderoso, con tódalas características físicas de Gandalf. Como el, enfróntase ó seu rival, o mago mozo Joukahainen, e aínda que o vence na maxia dos cantos, finalmente é derrotado. Arroxado ó mar, vaga durante días ata que é rescatado por unha gran águia. Ambos magos enfróntanse a través de cantos xa que gran parte do seu poder reside nas súas voces, idea desarrollada por Tolkien, que atribúe á palabra e á voz o poder máis eficaz dos seus Istari, cualidade da que está especialmente dotado Saruman. Finalmente, o que Vainamoinen teña suxeitos os seus poderes a limitacións case humanas acércao moito máis a Mithrandir que calquera outra influencia.

Caracterización no cine

A primeira aparición de Gandalf na pantalla grande produciuse en 1977 na versión animada de O Hobbit, dirixida por Arthur Rankin Jr e Jules Bass. Dando voz á persoaxe de Gandalf estaba o norteamericano John Huston, un dos máis grandes nomes da historia do sétima arte, autor de obras mestras como O halcón maltés, Caio Longo, A xungla de asfalto, A raíña de África, Adeus ás armas ou A noite da iguana entre outras moitas.

En la primera adaptación de El Señor de los Anillos realizada por Ralph Baskhi en 1978, la voz del personaje la ponía el actor galés William Squire (1916-1989), actor muy conocido en Gran Bretaña por sus incontables apariciones en televisión desde los años 50.

Posteriormente, en 1980, na primeira versión d'O Retorno do Rei, de novo unha animación do dúo Rankin/Bass, John Huston repetiu doblando ó mago Gandalf.

Na película basada no libro O Señor dos Aneis de Peter Jackson, a persoaxe de Gandalf é interpretada polo actor inglés Sir Ian McKellen. Ian McKellen é tamén coñecido mundialmente pola súa persoaxe Magneto na triloxía X-Men, basada nos cómics de Marvel do mesmo nome. Ademais, ten unha longa e afamada carreira como actor teatral tanto en Londres como en Nova Iorque.