Praza do Obradoiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
edicion
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
| tipo = rúa
| tipo = rúa
| mapa =
| mapa =
| imaxe = [[Ficheiro:Santiago Hostal Obradoiro.jpg|300px]]
| imaxe = [[Ficheiro:Praza do Obradorio.jpg|300px]]
| pé =
| pé =
| pé2 = O [[Hospital Real de Santiago de Compostela|Hospital Real]], na parte norte.
| pé2 = A praza do Obradoiro vista dende a varanda suroeste da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral]]; ao fondo, á dereita: o [[Hospital dos Reis Católicos]]; á esquerda: o [[Pazo de Raxoi]]; en primeiro plano, á esquerda: parte do tellado do colexio de San Xerome; á dereita vese as escalinatas que dá acceso á catedral.
| tipoloxía = [[praza]]
| tipoloxía = [[praza]]
| rede =
| rede =
Liña 72: Liña 72:

A '''praza do Obradoiro''' é a [[praza]] máis senlleira de [[Santiago de Compostela]]. Está arrodeada polo [[Hospital Real de Santiago de Compostela|Hospital Real]], hoxe parador (hostal dos Reis Católicos) ao norte, o [[colexio de San Xerome]] ao sur (hoxe reitoría da Universidade), o [[Pazo de Xelmírez]] e a [[catedral de Santiago de Compostela]] (coa [[fachada do Obradoiro]] e o museo da catedral) ao leste, e o [[pazo de Raxoi]] ao oeste (sede do Concello de Santiago de Compostela). Quedan así representados na praza os principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a administración.

[[Ficheiro:Praza do Obradorio.jpg|miniatura|300px|A praza do Obradoiro vista dende a varanda suroeste da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral]]; ao fondo, á dereita: o [[Hospital dos Reis Católicos]]; á esquerda: o [[Pazo de Raxoi]]; en primeiro plano, á esquerda: parte do tellado do colexio de San Xerome; á dereita vese as escalinatas que dá acceso á catedral.]]
A praza áchase no centro monumental da vila. O seu nome semella derivar dos obradoiros dos [[canteiro]]s que traballaron na construción da [[Fachada do Obradoiro|fachada]] [[barroco|barroca]] da catedral, que domina a praza. Pode que incluso que o nome veña da construción da antiga fachada [[Arte románica|románica]]. Cómpre salientar a riqueza de estilos arquitectónicos nunha soa praza, xurdidos de máis de 700 anos de construción<ref>http://www.santiagoturismo.com/rutas/praza-do-obradoiro</ref>.

Revisión como estaba o 11 de abril de 2018 ás 23:23

Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′45″O / 42.88056, -8.54583

Praza do Obradoiro
A praza do Obradoiro vista dende a varanda suroeste da catedral; ao fondo, á dereita: o Hospital dos Reis Católicos; á esquerda: o Pazo de Raxoi; en primeiro plano, á esquerda: parte do tellado do colexio de San Xerome; á dereita vese as escalinatas que dá acceso á catedral.
Tipoloxíapraza
Ruta europeaCamiño de Santiago
Dimensións
Lonxitude65 m
Largura100 m
Áreamáis de 6 000 m2
A praza coa fachada da catedral.

A praza do Obradoiro é a praza máis senlleira de Santiago de Compostela. Está arrodeada polo Hospital Real, hoxe parador (hostal dos Reis Católicos) ao norte, o colexio de San Xerome ao sur (hoxe reitoría da Universidade), o Pazo de Xelmírez e a catedral de Santiago de Compostela (coa fachada do Obradoiro e o museo da catedral) ao leste, e o pazo de Raxoi ao oeste (sede do Concello de Santiago de Compostela). Quedan así representados na praza os principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a administración.

A praza áchase no centro monumental da vila. O seu nome semella derivar dos obradoiros dos canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da catedral, que domina a praza. Pode que incluso que o nome veña da construción da antiga fachada románica. Cómpre salientar a riqueza de estilos arquitectónicos nunha soa praza, xurdidos de máis de 700 anos de construción[1].

Importancia social

É o punto de encontro dos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Na praza celébranse a queima da fachada nas Festas do Apóstolo Santiago a noite do 24 de xullo. Celebráronse aquí tamén diferentes actos relixiosos, como as misas das visitas dos diferentes papas.

Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 a prol da lingua galega.

Despois do accidente ferroviario de Angrois en 2013, turistas, cidadáns e peregrinos manifestaron a súa solidariedade con diferentes mostras reivindicativas na praza, como colocando flores e notas no enreixado da escalinata de entrada á catedral[2].

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos