Bésta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
m →‎Historia: arranxiño
Liña 5: Liña 5:


== Historia ==
== Historia ==
Puido ser inventada polos [[china|chineses]] e foi coñecida polos [[Imperio Romano|romanos]]. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a [[Idade Media]]. Desprezada polos [[cabaleiro]]s, foi prohibida pola [[Igrexa Católica|Igrexa]] contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido [[Síncope (lingüística)|sincopada]] do [[lingua italiana|italiano]] ''balestra'', que á súa vez deriva do [[latín]] tardío ''ballistra'' ou ''arcuballistra''.
Puido ser inventada polos [[china|chineses]] e foi coñecida polos [[Imperio Romano|romanos]]. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a [[Idade Media]]. Desprezada polos [[cabaleiro]]s, foi prohibida pola [[Igrexa católica|Igrexa]] contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido [[Síncope (lingüística)|sincopada]] do [[lingua italiana|italiano]] ''balestra'', que á súa vez deriva do [[latín]] tardío ''ballistra'' ou ''arcuballistra''.


O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituída finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por unha seta curta e metálica, capaz de perforar as [[coirazas]]. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas mans ou o pé ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanismos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.
O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituída finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por unha seta curta e metálica, capaz de perforar as [[coirazas]]. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas mans ou o pé ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanismos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.

Revisión como estaba o 11 de abril de 2018 ás 00:48

Bésta trazada por Leonardo da Vinci, c. 1500

A bésta[1] é unha arma antiga que se difunde en Europa no século X como evolución e perfeccionamento do primitivo arco e seta.

Historia

Puido ser inventada polos chineses e foi coñecida polos romanos. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a Idade Media. Desprezada polos cabaleiros, foi prohibida pola Igrexa contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido sincopada do italiano balestra, que á súa vez deriva do latín tardío ballistra ou arcuballistra.

O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituída finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por unha seta curta e metálica, capaz de perforar as coirazas. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas mans ou o pé ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanismos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.

Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa gran potencia (o proxectil metálico perforaba unha loriga a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un rifle) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pé ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco). A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en Gales (Illas Británicas): mentres o besteiro disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e rexo arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a case 300 metros de distancia.

Cabaleiro francés do século XVI armado cunha bésta

A resistencia das armaduras fora aumentando co progreso da siderurxia, o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de aceiro a comezos do século XIV, que substituíu aos arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituíu o anticipo máis equivalente das armas de fogo. Como nestas, a bésta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril da frecha para aliñalo co branco ao que se tiraba. A a súa efectividade a distancia só foi superada pola pólvora. Os soldados que portaban esta arma chamábanse "besteiros".

A bésta revolucionou as posibilidades individuais de dar morte ao inimigo: calquera inexperto podía matar a distancia un consumado guerreiro. Isto resultou tan novidoso e ameazador que mereceu unha bula papal onde se prevía á cristiandade contra o seu uso polo "perigo que representaba para a humanidade unha arma semellante".

A bésta utilízase na actualidade como deporte, se ben non ten a categoría de deporte olímpico, como si o ten o tiro con arco.

Tamén se denomina bésta a arma empregada na pesca submarina.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bésta.