Bésta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: hr:Samostrel
Rocastelo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Image:ballesta.png|150px|right]]
[[Image:Armborst 1, Nordisk familjebok.png|150px|right]]
:''Para outros usos da palabra ver [[Bésta (homónimos)]]''
:''Para outros usos da palabra ver [[Bésta (homónimos)]]''
----
----

Revisión como estaba o 13 de setembro de 2007 ás 17:38

Para outros usos da palabra ver Bésta (homónimos)

A bésta é unha arma antiga que se difunde en Europa no século X como evolución e perfeccionamento do primitivo arco e frecha. Puido ser inventada polos chineses e foi coñecida polos romanos. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a Idade Media. Desprezada polos cabaleiros, foi prohibida pola Igrexa contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido sincopada do italiano balestra, que por súa vez deriva do latín tardío ballistra ou arcuballistra.

O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituida finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por una seta curta e metálica, capaz de perforar as coirazas. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas máns ou o pe ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanimos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.

Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa grande potencia (o proxectil metálico perforaba unha loriga a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un rifle) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pe ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco. A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en Gales (Illas Británicas): mentras o besteiro disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e fornido arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a casi 300 metros de distancia.

A resistencia das armaduras fora aumentando co progreso da siderurxia, o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de aceiro a comezos do século XIV, que substituiu aos arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituiu o anticipo máis equivalente ás armas de fogo. Como nestas, a besta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril setero para alinealo co branco a acertar; e a súa efectividade a distancia só foi superada pola pólvora.

A bésta revolucionou as posibilidades individuais de dar morte ao inimigo: calqueira inexperto podía matar a distancia a un consumado guerreiro. Isto resultou tan novidoso e ameazador que mereceu una bula papal onde se previña á cristiandade contra o seu uso polo "perigo que representaba para a humanidade unha arma semellante".

A bésta utilízase na actualidade como deporte, se ben non ten a categoría de deporte olímpico, como si o ten o tiro con arco.

Tamén se denomina bésta a arma empregada na pesca submarina.