Diferenzas entre revisións de «Canal de Suez»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios)
O canal non posúe [[esclusa]]s, pois todo o traxecto está ao nivel do mar, contrariamente ao que sucede no [[canal do Panamá]]. O seu trazado apoiase en tres planos de auga, os [[lago]]s [[Manzala]], [[Timsah]] e [[Amer]]. A anchura media do canal é de 365 metros, dos que 190 m son navegábeis. Inicialmente, eses dous valores eran de 52 e 44 m. O canal é demasiado pequeno para dous carrís de tráfico, polo que os barcos atravésano en convois e usan canais de derivación. Hai 78 km de derivacións, nun 40% da lonxitude total do canal. De norte a sur estas son: a derivación de Port Said, de 36,5 km, a derivación de Ballah de 9 km, a derivación de Timsah, de 5 km, e a derivación de Deversoir, de 27,5 km.
 
O canal permite a pasaxe de navíos de 15 m. de quilla somerxida (calado), mais hai traballos previstos a fin de permitir a pasaxe de [[supertanker]]s com até 22 m para o [[2010]]. Actualmente, eses enormes navíos deben descargar unha parte da carga nun barco pertencente ao canal para poderen atravesalo. Aproximadamente 15.000 navíos por ano atravesan o canal, representando 14% do transporte mundial de mercadorías. Unha travesía demora de 11 a 16 horas.
 
Desde [[1980]] unha estrada cruza baixo o canal no sur.
Usuario anónimo

Menú de navegación