José Sánchez de Santa María: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de abril de 2018 ás 11:07

José Sánchez de Santamaría foi un escritor en galego que Ricardo Carballo Calero cita entre os precursores de Rosalía.

=Traxectoria

Luis Luciano Bonaparte, sobriño de Napoeón, fixo traducir a varios idiomas o Evanxeo de San Mateo. En 1861 publicouse en Londres a tradución galega, debida a José Sánchez de Santamaría, de Santiago de Compostela, polo demais descoñecido.

A versión está feita sobre a tradución castelá de Torres Amat, e non sobre o texto grego.O libro leva un prólogo do príncipe editor titulado: Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa. Abondan na tradución galega os castelanismos morfolóxicos e sintácticos[1].

Notas

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-227-7.