Pilar García Negro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ 4 categorías mediante HotCat
Liña 145: Liña 145:
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Profesores da Universidade da Coruña]]
[[Categoría:Profesores da Universidade da Coruña]]
[[Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia]]
[[Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia]]
[[Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia]]
[[Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia]]

Revisión como estaba o 3 de abril de 2018 ás 14:59

Infotaula de personaMaria Pilar García Negro

Tras unha conferencia da Plataforma Queremos Galego! en Cambados
Biografía
Nacemento(es) María Pilar García Negro Editar o valor em Wikidata
9 de outubro de 1953
Lugo, Galicia Galicia
Deputada do Parlamento de Galicia
16 de xaneiro de 1990 – 23 de decembro de 2003 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoensaio,
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 212
Mª Pilar García Negro
Pilar García Negro
Pilar García Negro

1989 – 2003

Datos persoais
Nacemento 9 de outubro de 1953 (70 anos) Lugo Galicia
Partido BNG
Profesión Profesora, escritora, política
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Residencia A Coruña

Na rede
AELG: 212

María del Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

Traxectoria profesional

Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.

Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.

Publicou a sección "O idioma" no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle "Leccións de Literatura e de Lingua" con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.

Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988). É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo. Colaboradora da AS-PG, AELG e Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2004 é a directora-xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

Traxectoria política

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. Durante ese período destacou por ser unha das principais defensoras da legalidade do topónimo galego da cidade da Coruña fronte os recursos nos tribunais do daquela alcalde da cidade, Francisco Vázquez, para manter a oficialidade de dito topónimo en español.[1]

En 2006 foi xulgada e condenada canda Xosé Manuel Carril e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde público logo dun pleno, celebrado en 2004[2], no Palacio de María Pita no que Francisco Vázquez pretendía cooficializar os topónimos galego e castelán para a cidade.[3][4]

Obra

Ensaio

Edicións e estudos

Traducións

  • Rosalía de Castro. Notas biográficas, de Augusto González Besada (2004, A Nosa Terra).
  • Idioma e poder social, de Rafael L. Ninyoles (2005, Laiovento). Tradución con Antonio Molexón Domínguez.

Obras colectivas

Pilar García Negro e Queremos Galego.

Premios

  • XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco no 2010, por O clamor da rebeldía.
  • Premio AELG na modalidade de ensaio no 2011, por O clamor da rebeldía.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de Non Ficción de 2013, por Cantares gallegos hoxe.

Notas

  1. "García Negro llama jeta a Vázquez por no respetar el topónimo". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-10-05. Consultado o 2017-06-25. 
  2. Pereiro, Xosé Manuel (2004-11-03). "El Ayuntamiento coruñés aprueba usar La Coruña de modo oficial". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  3. Alberto Mahía (2006-03-09). "Los juzgados por insultar a Vázquez en un pleno se sienten perseguidos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  4. Alberto Mahía (2006-04-27). "Condenados tres militantes nacionalistas por insultar a Francisco Vázquez en un pleno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 

Véxase tamén

Ligazóns externas