María Luz Morales: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 83.165.107.122 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Etiqueta: Reversión
Lles (conversa | contribucións)
m Premios María Luz Morales
Liña 16: Liña 16:


Trala morte de [[Francisco Franco|Franco]], moitos depurados fóronse reincorporando á vida pública, e o [[24 de xaneiro]] de [[1978]], xunto cun numeroso grupo de compañeiros, María Luz Morales foi rehabilitada como periodista. Trala súa reincorporación, continuou a súa actividade, xa como redactora, no ''Diario de Barcelona'', onde continuou escribindo até a súa morte, en [[1980]].
Trala morte de [[Francisco Franco|Franco]], moitos depurados fóronse reincorporando á vida pública, e o [[24 de xaneiro]] de [[1978]], xunto cun numeroso grupo de compañeiros, María Luz Morales foi rehabilitada como periodista. Trala súa reincorporación, continuou a súa actividade, xa como redactora, no ''Diario de Barcelona'', onde continuou escribindo até a súa morte, en [[1980]].

== Recoñecemento ==
A [[Academia Galega do Audiovisual]] convoca os [[premios María Luz Morales]]<ref>{{cita web|título=PREMIOS MARÍA LUZ MORALES DE ENSAIO SOBRE O AUDIOVISUAL|url=https://www.cultura.gal/gl/premio/28108|editor=Xunta de Galicia|dataacceso=3 de abril de 2018}}</ref>.


== Obra literaria ==
== Obra literaria ==

Revisión como estaba o 3 de abril de 2018 ás 06:45

Infotaula de personaMaría Luz Morales

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Luz Morales y Godoy Editar o valor em Wikidata
23 de abril de 1890 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Directora La Vanguardia
xullo de 1936 – febreiro de 1937
← Gaziel (pt) TraducirManuel Vázquez Ocaña (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista , tradutora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorLecturas
La Vanguardia
El Sol Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioFelipe Centeno
María Thierry
Jorge Marineda
Ariel
María Luz Morales Godó Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

BUSC: morales-maria-luz-1889-1980

María Luz Morales Godoy, nada na Coruña en 1898 e finada en Barcelona en 1980, foi unha xornalista e escritora galega do século XX. É considerada unha referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo e literatura no século XX en España. Foi a primeira muller na historia de España en dirixir un xornal nacional[1].

Despois da guerra civil española foi desactivada das dúas ocupacións polo réxime de Franco, e despois do regreso da democracia continuou a súa actividade, traballando co Diario de Barcelona, ata a súa morte aos 91 anos de idade.

Traxectoria

Malia nacer na Coruña, toda a súa vida profesional transcorreu en Barcelona, onde se trasladou coa súa familia sendo aínda unha nena. Tras diplomarse en Filosofía e Letras, en 1924 incorporouse a La Vanguardia, na sección de cinematografía. Nesa época, na que asinaba os seus artigos co pseudónimo Felipe Centeno (baseado nun personaxe de Benito Pérez Galdós), a produtora Paramount Pictures interesouse no seu traballo, e tras unha entrevista con ela (da que descoñecían que fose unha muller) foi contratada pola produtora estadounidense como responsable da asesoría literaria das súas películas, e, coa chegada do cine sonoro, das tarefas de tradución e adaptación dos diálogos[2]. Compaxinou tamén estas ocupacións cunha colaboración semanal co xornal El Sol, mentres, paralelamente, levaba a cabo unha intensa actividade literaria, cultivando a literatura infantil con adaptacións de obras mestras da literatura, publicadas pola editorial que dirixía, Ediciones Araluce. Algunhas desas adaptacións, de obras de autores coma Homero, Esquilo, Sófocles, Dante, Shakespeare, Goethe, Cervantes ou Tirso de Molina, seguen a editarse na actualidade en España e Hispanoamérica.

A partir de 1933 cambiou a súa predilección cinematográfica polo teatro, a súa gran paixón, o que a levou a escribir, en colaboración con Elisabeth Mulder, a obra Romance de media noche.

A principios de xullo de 1936 participou nas celebracións pola aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 e a Revolución Española, La Vanguardia foi tomada por un comité obreiro, pasando a ser nomeada directora do diario, cargo que ocupou durante toda a guerra civil, substituíndo a Gaziel. Durante o conflito bélico colaborou no guión da película documental L'Espoir (ou Sierra de Teruel), dirixida por André Malraux con fins propagandísticas en 1939.

Trala guerra, todos os redactores de La Vanguardia foron cesados e pendentes de xuízo. Retiróuselles o pasaporte e foron inhabilitados como periodistas. En 1940, acusada de ser a directora do diario durante a guerra e de pertenza ao Partido Galeguista, María Luz Morales foi encarcerada nun convento barcelonés. Durante ese período, do cal sempre rexeitou falar, continuou escribindo, baixo os pseudónimos de Ariel e Jorge Marineda.

En 1948 entrou a colaborar, como crítica teatral, no Diario de Barcelona, e aos poucos foi recuperando a actividade literaria, ademais de traballar na Editorial Salvat e colaborar na revista Lecturas. Como recoñecemento ao seu traballo, en 1956 o goberno francés concedeulle a Orde das Palmas Académicas, e en marzo de 1963 foille entregado o Premio Nacional de Teatro 1962.[3] En 1958 a súa novela El amor empieza en sábado foi levada ao cine dirixida por Victorio Aguado Candela.

Trala morte de Franco, moitos depurados fóronse reincorporando á vida pública, e o 24 de xaneiro de 1978, xunto cun numeroso grupo de compañeiros, María Luz Morales foi rehabilitada como periodista. Trala súa reincorporación, continuou a súa actividade, xa como redactora, no Diario de Barcelona, onde continuou escribindo até a súa morte, en 1980.

Recoñecemento

A Academia Galega do Audiovisual convoca os premios María Luz Morales[4].

Obra literaria

1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.
  • Parientes y trastos viejos (inédita)
  • Trovas de otros tiempos, 1928
  • Libros, mujeres y niños, 1928
  • Las románticas, 1930
  • Edison, 1934
  • Romance de media noche (con Elisabeth Mulder), 1935
  • Julio César, 1936
  • Madame Curie, 1936
  • Alejandro Magno, 1936
  • Alguien a quien conocí, 1937
  • Tres historias de amor en la Revolución francesa, 1942
  • María Antonieta, 1943
  • El mundo de las hormigas, 1948
  • El Cine: historia ilustrada del séptimo arte, 1950
  • Hazañas del Cid, 1951 .
  • Enciclopedia del hogar, 1952
  • Rosalinda en la ventana, 1954
  • Balcón al Atlántico: (otra novela sin héroe), 1955
  • Balcón al Mediterráneo, 1955
  • Historias del décimo círculo, 1962
  • Libro de oro de la poesía en lengua castellana, 1970

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas