Teodomiro (rei suevo): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m Polo modelo Biografía
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos|Teodomiro}}
{{Outros homónimos|Teodomiro}}
{{Biografía
[[Ficheiro:Teodomiro rey suevo-570-ret.jpg|miniatura|dereita|200px|Estatua de Teodomiro.]]
|descrición=Estatua de Teodomiro

}}
{{Reis de Galiza}}
{{Reis de Galiza}}


'''Teodomiro''' foi un monarca do [[Reino Suevo]] de [[Galicia]] (559-570). Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na [[Igrexa Católica]]. Durante o seu reinado realízase o [[I Concilio de Braga]] ([[561]]), onde o reino suevo volta adoptar o [[catolicismo]].
'''Teodomiro''' foi un monarca do [[Reino Suevo]] de [[Galicia]] (559-570). Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na [[Igrexa católica]]. Durante o seu reinado realízase o [[I Concilio de Braga]] ([[561]]), onde o reino suevo volta adoptar o [[catolicismo]].


[[Gregorio de Tours]] fálanos do fillo do rei [[Carriarico]] que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San [[Martiño de Tours]]. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do [[Reino Suevo]] da [[Gallaecia]].
[[Gregorio de Tours]] fálanos do fillo do rei [[Carriarico]] que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San [[Martiño de Tours]]. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do [[Reino Suevo]] da [[Gallaecia]].

Revisión como estaba o 2 de abril de 2018 ás 23:39

Infotaula de personaTeodomiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Morte570 Editar o valor em Wikidata
Rei dos suevos
559 – 570
← CarriaricoMiro → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino suevo de Galicia Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMiro Editar o valor em Wikidata

Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570). Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia.

Teodomiro (ou Ariamiro), rei de Galiza cos bispos Lucrecio, André e Martiño. Códice Vixiliano.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

  • Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra
  • A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.
  • A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).
  • A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.
  • A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.
  • A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.
  • A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.
  • Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.

O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Teodomiro (rei suevo)
Descoñecida
Nacemento:  ? Falecemento: 570


Títulos Reais
Precedido por
Carriarico


Rei de Galicia
559–570
Sucedido  por
Miro