Batalla do Vimeiro: Diferenzas entre revisións
m →Consecuencias: Arranxos varios |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Conflito militar |
|||
|nome_batalla = |
|||
|imaxe = |
|||
|descrición_imaxe = |
|||
|conflito = [[Guerra da Independencia española]] |
|||
|data = |
|||
|lugar = |
|||
|coordenadas = {{Cómpren coordenadas}} |
|||
|resultado = |
|||
|combatentes1 = |
|||
|combatentes2 = |
|||
|comandante1 = |
|||
|comandante2 = |
|||
|soldados1 = |
|||
|soldados2 = |
|||
|baixas1 = |
|||
|baixas2 = |
|||
|campaña = Guerra da Independencia española 1808–1809 |
|||
}} |
|||
A '''batalla do Vimeiro''' foi trabada durante a [[Guerra da Independencia española|guerra peninsular]], o [[21 de agosto]] de [[1808]], entre as tropas francesas de [[Jean-Andoche Junot]] e as tropas luso-británicas do [[Arthur Wellesley, duque de Wellington|futuro duque de Wellington]], con resultado desfavorábel para as primeiras. |
A '''batalla do Vimeiro''' foi trabada durante a [[Guerra da Independencia española|guerra peninsular]], o [[21 de agosto]] de [[1808]], entre as tropas francesas de [[Jean-Andoche Junot]] e as tropas luso-británicas do [[Arthur Wellesley, duque de Wellington|futuro duque de Wellington]], con resultado desfavorábel para as primeiras. |
||
Revisión como estaba o 30 de marzo de 2018 ás 11:49
Parte de Guerra da Independencia española | |||||||||
|
A batalla do Vimeiro foi trabada durante a guerra peninsular, o 21 de agosto de 1808, entre as tropas francesas de Jean-Andoche Junot e as tropas luso-británicas do futuro duque de Wellington, con resultado desfavorábel para as primeiras.
Antecedentes
Logo de derrotaren as forzas francesas sob o mando do xeneral Delaborde na batalla de Roliça, apenas dous días antes, o 19 de agosto, as tropas luso-británicas (cerca de 14.000 homes) mandadas polo xeneral Arthur Wellesley, proseguiran cara Lisboa. A eses efectivos se axuntaran máis 4000 británicos, desembarcados no Porto Novo, en Maceira (Torres Vedras).
Desenvolvemento da batalla
Preto de Torres Vedras estaba apostado o groso do exército francés, (uns 12.000 homes baixo o comando do xeneral Junot), e deuse novo choque, xunto ao Vimeiro no dia 21 de agosto, tamén con saldo favorábel aos anglo-portugueses. Vimeiro comezou como unha batalla de movementos. Os franceses tentaron situarse sobre o flanco esquerdo luso-británico, mais Wellesley soubo repregar o seu exército a fin de facer fronte ao asalto inimigo. Durante ese movemento, Junot lanzou dúas columnas contra o centro aliado, mais foron obrigadas a retirarse sob as continuas das tropas anglo-británicas despregadas en liña. Pouco tempo despois, os ataques de flanco eran rexeitados e Junot bateuse en retirada cara Torres Vedras logo de perder uns 2000 homes e 13 canóns, mentres os aliados perderon uns 700 homes. Non se emprendeu ningunha persecución dos retirados por non tomar esa decisión o mando por pexas dos xenerais Hew Dalrymple e Harry Burrard (o segundo chegara no transcurso da batalla e o primeiro pouco despois). Fora Burrard quen realmente impediu a Wellesley perseguir a Junot.
Consecuencias
A batalla do Vimeiro abriu camiño para as negociacións que culminaron na Convención de Sintra, que permitiu ás tropas francesas a retirada de Portugal, en navíos británicos, con toda a súa impedimenta e bens logrados por pillaxe.
"O escándalo foi tanto que os tres xenerais británicos (Wellesley, Sir Harry Burrard e o Sir Hew Dalrymple, que tiña chegado na mañá do dia 21 de agosto e foi quen acabou por determinar as intencións británicas) tiveran que xustificar todo o proceso en tribunal."