Terapia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 9: Liña 9:


== Tipos de tratamentos ==
== Tipos de tratamentos ==
[[Ficheiro:Budapest Széchenyi-Bad Therapiebecken2.JPG|miniatura|[[Piscina]] de balneoterapia en Széchenyi Bath, [[Budapest]].]]
{{Div col|cols=3}}
[[Ficheiro:Radiation therapy.jpg|miniatura|Radioterapia da [[pelve]].]]
* [[Balneoterapia]]
* [[Cirurxía]] ou tratamento cirúrxico
* [[Cirurxía]] ou tratamento cirúrxico
* [[Dieta]]
* [[Dieta]]
Liña 16: Liña 18:
* [[Hidroterapia]]
* [[Hidroterapia]]
* [[Logopedia]]
* [[Logopedia]]
* [[Musicoterapia]]
* [[Ortopedia]]
* [[Ortopedia]]
* [[Prótese (medicina)|Próteses]]
* [[Prótese (medicina)|Próteses]]
Liña 26: Liña 29:
* [[Terapia de quelación]]
* [[Terapia de quelación]]
* [[Terapia ocupacional]]
* [[Terapia ocupacional]]
* [[Zooterapia]]
{{Fin div col}}


== Formas de aplicar os tratamentos ==
== Formas de aplicar os tratamentos ==

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2018 ás 21:01

"Goya atendido por Arrieta". Óleo de Francisco de Goya (1820).

En medicina, terapia,[1] ou tratamento,[2] [3] é o conxunto de medios de calquera clase (hixiénicos, farmacolóxicos, cirúrxicos ou físicos) cuxa finalidade é a curación ou o alivio (paliación) das enfermidades ou os síntomas delas.

Non se debe confundir con terapéutica,[4] [5] que é a rama das ciencias da saúde que se ocupa dos medios empregados e a súa forma de aplicalos no tratamento das enfermidades.[6]

Etimoloxía

O termo terapia é a adaptación galega do latín científico therapia, voz introducida en 1846, que procede do grego antigo θεραπεία therapeía, "servizo", "coidado do corpo", "tratamento médico".[7]

Tipos de tratamentos

Piscina de balneoterapia en Széchenyi Bath, Budapest.
Radioterapia da pelve.

Formas de aplicar os tratamentos

  • Terapia individual, é a aplicada a un só paciente.
  • Terapia de grupo, é aplicada a varios pacientes á vez.
  • Tratamento alternativo, é o prescrito por unha persoa, xeralmente sen formación médica homologada, e sen demostración científica da súa eficacia.
  • Tratamento conservador, é o que evita procedementos cruentos, como os cirúrxicos ou instrumentais, e que utiliza medidas pouco agresivas tendentes a manter ou mellorar a situación xeral do enfermo e a controlar no posíbel o curso da enfermidade.
  • Tratamento curativo, é o que tras ser aplicado se consegue unha reversión total da enfermidade.
  • Tratamento específico, é o dirixido contra unha enfermidade concreta.
  • Tratamento etiolóxico, é o que actúa directamente sobre a causa que orixina a enfermidade.
  • Tratamento paliativo, é o que intenta aliviar ou ofrecer o máximo benestar ao paciente porque non se pode alcanzar un tratamento curativo.
  • Tratamiento radical, é o que intenta erradicar a enfermidade utilizando todas as medidas dispoñíbeis en medicina.
  • Tratamento sintomático, é o que calma ou alivia os síntomas en aquelas enfermidades que se descoñecen ou que non teñen un tratamento eficaz.
  • Tratamiento non farmacolóxico, é a intervención non química, teoricamente sustentada, focalizada e replicábel, realizada sobre o paciente ou o coidador e potencialmente capaz de obter un beneficio relevante.

Problemas dos tratamentos

Notas

  1. terapia no Dicionario da RAG.
  2. tratamento no Dicionario da RAG.
  3. tratamento no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
  4. trerapéutica no Dicionario da RAG.
  5. terapéutica no Dicionario galego de termos médicos.
  6. Porén, o Dicionario galego de termos médicos considera como sinónimos "terapéutica", "tratamento" e "terapia". Cf. estes tres termos nese dicionario.
  7. therapy no Online Etymology Dictionary,

Véxase tamén

Bibliografía

  • Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2006): Guía de prescripción terapéutica. Barcelona: Pharma. ISBN 84-95993-11-2.
  • Brunton, L. L.; Lazo, J. S, & Parker, K. L., editores (2007): Goodman and Gilman. Las bases farmacológicas de la terapéutica, 11ª ed. México: McGraw-Hill. ISBN 978-970-10-5739-1.
  • Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2007): Formulario nacional, 1ª ed. Madrid: Editorial Díaz de Santos, S. A. ISBN 978-84-7978-813-1.

Outros artigos

Ligazóns externas