Delicatessen (filme): Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución da categoría "Cine 1991" pola categoría "Cine en 1991" |
m Moving from Category:Cine en 1991 to Category:Filmes de 1991 using Cat-a-lot |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Filmes de 1991]] |
||
[[Categoría:Cine en lingua francesa]] |
[[Categoría:Cine en lingua francesa]] |
||
[[Categoría:Cine producido en Francia]] |
[[Categoría:Cine producido en Francia]] |
Revisión como estaba o 28 de marzo de 2018 ás 17:03
Delicatessen | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Delicatessen |
Director | Marc Caro Jean-Pierre Jeunet |
Produtor | Claudie Ossard |
Guión | Gilles Adrien Marc Caro Jean-Pierre Jeunet |
Intérpretes | Pascal Benezech Dominique Pinon Marie-Laure Dougnac Jean-Claude Dreyfus Karin Viard |
Música | Carlos D'Alessio |
Fotografía | Darius Khondji |
Montaxe | Hervé Schneid |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 1991 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Humor negro, Comedia |
Orzamento | €3 800 000 |
Recadación | €13 760 640 |
Na rede | |
Delicatessen é un filme de humor negro francés dirixido por Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro, protagonizado por Dominique Pinon e Karin Viard que foi estreado en 1991.
Argumento
A historia desenvólvese nun edificio da Francia rural e postapocalíptica de 1950. A comida non é abonda, o gran é empregado como moeda e a poboación animal é cazada ata a extinción. Ó pé do edificio está a carnicería, que pertence ó caseiro, Clapet, quen coloca mensaxes no xornal "Tempos Duros" para atraer vítimas ó edificio, asasinalas e vendelas como carne ós habitantes do edificio.
Trala "partida" do último habitante, o pallaso desempregado Louison chega para ocupala vacante. Durante a súa rutina de mantemento do edificio, faise amigo de Julie Clapet, e esta relación convértese en namoramento. Coñecedora das intencións do seu pai e a inminente morte de Louison, Julie descende ós sumidoiros para atopar ós temidos Trogloditas, un grupo rebelde de franceses vexetarianos, ós cales convence para que rescaten a Louison.
Despois da morte e desmembramento (por carne) dunha anciá, os Trogloditas volven, e o Sr. Clapet, xunto ós habitantes caníbales do edificio, atormentan a Louison na súa habitación para asasinalo. Louison, coa axuda de Julie, fire a tódolos inquilinos posibles ó anegar o seu apartamento. Logra escapar da morte por moi pouco, logo de que Clapet accidentalmente se matara coa arma de Louison, un búmerang. O filme remata con Julie e Louison desfrutando da compaña do outro no agora pacífico edificio.
Personaxes
- Dominique Pinon como Louison
- Marie-Laure Dougnac como Julie Clapet
- Jean-Claude Dreyfus como Clapet
- Karin Viard como Mademoiselle Plusse
- Ticky Holgado como Marcel Tapioca
- Edith Ker como Avoa
- Rufus como Robert Kube
- Jacques Mathou como Roger
- Howard Vernon como Frog Man
- Marc Caro como Fox
Galardóns e nomeamentos
- 1991: Festival de Sitges: Mellor director, mellor actor (Dominique Pinon), banda sonora.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)