7:35 de la mañana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Premios: lig int
Liña 39: Liña 39:


[[Categoría:Curtametraxes]]
[[Categoría:Curtametraxes]]
[[Categoría:Cine en 2003]]
[[Categoría:Filmes de 2003]]
[[Categoría:Cine en lingua castelá]]
[[Categoría:Cine en lingua castelá]]
[[Categoría:Cine producido en España]]
[[Categoría:Cine producido en España]]

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2018 ás 16:50

7:35 de la mañana
Ficha técnica
Título orixinal7:35 de la mañana
DirectorNacho Vigalondo
GuiónNacho Vigalondo
IntérpretesNacho Vigalondo, Marta Belenguer, Antonio Tato, Borja Cobeaga, Javier Reguilón, Alejandro Garrido, Alejandro Tejería
MúsicaNacho Vigalondo
Estrea2003
Duración8 minutos
OrixeEspaña España
Na rede
http://www.735am.com
IMDB: tt0406501 Filmaffinity: 146852 Allocine: 109998 Allmovie: v320082 Editar o valor em Wikidata

7:35 de la mañana é unha curtametraxe escrita e dirixida polo director cántabro Nacho Vigalondo. Ten unha duración de 8 minutos e está gravado en branco e negro, a historia está filmada nun único escenario representando unha cafetaría. Obtivo varios premios e mencións en festivais de cinema, pero sen dúbida o mais significativo e importante foi a candidatura ao Oscar en 2004.

Argumento

A curtametraxe conta a historia dunha muller (Marta Belenguer) que, como cada mañá, chega á súa cafetaría de sempre e pide o mesmo de cada día. A diferenza hoxe é que todo o mundo está calado, ninguén se move nin fala, ata que un dos clientes (Nacho Vigalondo) comeza a cantar o que parece unha declaración amorosa.

Toda a curtametraxe xira arredor da canción que están a cantar o protagonista e mailos clientes da cafetaría.

Premios

  • Premio do público á mellor curtametraxe no Festival de cinema fantástico de Suecia.
  • Premio á mellor curtametraxe no festival Cinema Jove de Valencia.
  • Candidata ao Oscar á mellor curtametraxe
  • Candidata a mellor curtametraxe europea.

Véxase tamén

Ligazóns externas