Mary Cassatt: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Replacing superseded 'Cassatt Mary The Loge 1880.jpg' with 'Cassat - The Loge NGA.jpg'
Replacing superseded 'Mary Cassatt 003.jpg' with 'Cassat - Blue Armchair NGA.jpg'
Liña 64: Liña 64:
<gallery>
<gallery>
Ficheiro:Cassatt Mary Toreador 1873.jpg|''Trala corrida'', 1873, [[Art Institute of Chicago]]
Ficheiro:Cassatt Mary Toreador 1873.jpg|''Trala corrida'', 1873, [[Art Institute of Chicago]]
Ficheiro:Mary Cassatt 003.jpg|''Cativa sobre unha butaca azul'', 1878, [[National Gallery of Art]]
Ficheiro:Cassat - Blue Armchair NGA.jpg|''Cativa sobre unha butaca azul'', 1878, [[National Gallery of Art]]
Ficheiro:Cassattopera.jpg|''Na Ópera'', 1879, [[Museum of Fine Arts, Boston]]
Ficheiro:Cassattopera.jpg|''Na Ópera'', 1879, [[Museum of Fine Arts, Boston]]
Ficheiro:Mary Cassatt In the box.jpg|''No palco'', 1879, Colección privada
Ficheiro:Mary Cassatt In the box.jpg|''No palco'', 1879, Colección privada

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2018 ás 19:49

Mary Stevenson Cassatt
Autorretrato 1878
Nacemento22 de maio de 1844, 22 de maio de 1845 e 1845
 Allegheny
Falecemento14 de xuño de 1926 e 1926
 Le Mesnil-Théribus
Nacionalidadeamericana
EidoPintura, Debuxo, Gravado
MovementoImpresionismo
TraballosO baño da mañá (1886)
Nai alimentando ao fillo (1898)
Influenciado porXaponismo, Pintores impresionistas
Na rede
Discogs: 2622210 WikiTree: Cassatt-5 Find a Grave: 8090 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mary Stevenson Cassatt (22 de maio, 184414 de xuño, 1926) foi unha pintora e gravadora americana. Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde establecer unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas.

Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.

Xuventude

Cassatt naceu en Allegheny City, Pensilvania, parte actual da cidade de Pittsburgh. Maru naceu no seo dunha familia acomodada: o seu pai, Robert S. Cassatt, era un exitoso corretor de bolsa, e a súa nai, Katherine Kelso Johnston, proviña dunha familia de banqueiros. Cassatt medrou nun ambiente onde as viaxes eran parte da súa educación; antes de cumprir os dez anos a rapaza xa viaxara a moitas capitais europeas, incluíndo Londres, París e Berlín.

A pesar de que a súa familia obxectou a súa decisión de converterse nunha artista profesional, ela comezou a estudar pintura na Pennsylvania Academy of the Fine Arts en Filadelfia, Pensilvania (1861-1865). Impaciente co lento ritmo das clases e a actitude condescendente dos estudantes e dos mestres, fixo que decidise estudar os antigos patróns por si mesma, e en 1866 mudouse a París.

A festa no bote, 1893-94

Co comezo da Guerra franco-prusiana, Mary Cassatt volveu aos Estados Unidos xunto á súa familia, adicándose á pintura na súa vila, a pesar da dificultade de atopar bos materiais e modelos para as súas pinturas. O seu pai continuou a resistirse á súa vocación, pagando só as súas necesidades básicas, deixando ao seu cargo o pagamento dos seus materiais plásticos. En 1871 volveu a Europa cando o Arcebispado de Pittsburgh lle encargou pintar copias dalgunhas pinturas de Italia, despois do cal viaxou por Europa.

Impresionismo

En 1872, Mary Cassatt xa contaba cun estilo maduro, en parte debido ao estudo dos mestres máis importantes e ás indicacións e consellos do seu mestre Camille Pissarro. Ese mesmo ano unha das súas pinturas foi escollida polo xurado para ingresar no Salon de Paris. Respecto á súa obra, os críticos dixeron que as súas cores eran moi rechamantes e que os seus retratos eran demasiado fieis para favorecer ao modelo.

Logo de ver a obra ao pastel de Edgar Degas na fiestra dunha galería de arte, soubo que non estaba soa na súa rebelión. Nunha carta a un amigo atopamos o seguinte:

Adoitaba esmagar o meu nariz contra as fiestras para absorber todo o que podía da súa arte... Cambiou a miña vida, dende entón puiden ver a arte do xeito que sempre quixen vela.
Mary Cassatt
1880
Museum of Fine Arts, Boston

En 1874 coñeceu a Edgar Degas quen a convidou a exhibir o seu traballo cos impresionistas, o que finalmente ocorreu en 1879. Pouco despois do seu triunfo cos impresionistas, Cassat deixou a pintura para facerse cargo da súa nai e irmá quen enfermaron logo de mudarse a París en 1877. A súa irmá morreu en 1882 pero a súa nai recuperou a saúde logo do cal Cassat retomou a pintura a mediados de 1880. Permaneceu unida a este círculo até 1886, con todo a súa amizade con Degas e Berthe Morisot non se disolveu.

Tempo de verán (c. 1894)

Cassat continuou en evolución, polo que deixou o impresionismo e achegouse máis cara unha honesta e sinxela copia da realidade. Cara a 1886, xa non se identificaba con este nin con ningún outro movemento artístico e comezou a experimentar con varias técnicas. No seu traballo pódese observar que case un terzo das súas pinturas amosan escenas da vida cotiá e retratos de nais e fillos en íntima relación.

Derradeiros anos

O baño do neno (O baño)
Art Institute of Chicago

A década de 1890 foi a época máis creativa de Cassatt, mesmo se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre as que destacan Lucy A. Bacon, a quen Cassat presentoulle a Camille Pissarro.

En 1891, exhibiu unha serie de coloridas pinturas entre as cales estaban Muller tomando un baño e O salón de beleza, cadros inspirados na arte xaponesa que foron exhibidos en París un ano antes.

Ao iniciarce o novo século, traballou como conselleira en varias coleccións de arte onde deixou estipulado que eventualmete doarían as súas vendas aos Museos de Arte Norteamericanos. Con todo, o recoñecemento da súa arte chegou tardiamente aos Estados Unidos.

O irmán de Cassatt, Alexander Cassatt, (presidente da Pennsylvania Railroad dende 1899 ata a súa morte) morreu en 1906. A morte do seu irmán fixo que non volvese pintar até 1912.

Unha viaxe ao Exipto en 1910 impresionou a pintora coa beleza da súa arte antiga. Diagnosticada de diabetes, reumatismo, neuralxia e cataratas en 1911, seguiu coa súa produción artística, mais en 1914 foi forzada a deixar de pintar ao ir perdendo a vista. Non obstante, Cassatt non deixou a súa actividade, uníndose aos colectivos femininos que loitaban polo recoñecemento do sufraxio feminino, facendo unha exposición de dezaoito cadros en 1915 para apoiar o movemento.

En recoñecemento á súa achega á arte, o goberno de Francia galardoouna coa Légion d'honneur no ano 1904.

A pintora morreu o 14 de xuño de 1926 na vila de Château de Beaufresne, preto de París, sendo soterrada no panteón familiar de Mesnil-Théribus, Francia.

Como a maioría dos pintores da súa época, Cassatt ten escasa presenza nos museos de España. Existe un exemplo de notable importancia, o lenzo "Maternidade", no Museo de Belas Artes de Bilbao.

Galería de traballos

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mathews, Nancy Mowll, Mary Cassatt: A Life, 1998, Yale University Press, ISBN 0-300-07754-8
  • White, John H., Jr. (Spring 1986), America's most noteworthy railroaders, Railroad History, Railway and Locomotive Historical Society, 154, p. 9-15. (mentions family relationship to Alexander J. Cassatt).

Outros artigos

Ligazóns externas