Papel de lixa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
engado control de autoridades
Liña 33: Liña 33:
|>1600||Extremadamente fina, para lustre de [[xoia]]s.
|>1600||Extremadamente fina, para lustre de [[xoia]]s.
|}
|}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Ferramentas]]
[[Categoría:Ferramentas]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2018 ás 01:11

Diversas lixas de numeracións 40, 80, 150, 240 e 600.

A lixa, ou papel de lixa é unha folla de papel que ten nunha das súas caras adherido un material abrasivo, composto xeralmente por grans minerais (areas, esmeril) que se utiliza para pulir madeiras, metais, e outros materiais.

A súa granulación varía de 16 a 3000, que se refire ao número de grans de area por centímetro cadrado. Canto maior a granulación, máis fina é.

As lixas máis finas utilízanse normalmente para pulir. Unha lixa 200, por exemplo, é a máis indicada para paredes e madeira.

Numeración

Lixa Especificación/Utilización
20 Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste.
36 Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste para madeiras e outros materiais.
60 Grosa.
80/100 Grosa, utilizada para a remoción de oxidacións de metais e para superficies con pinturas de difícil remoción.
120/180 Media, de utilización en xeral.
220/240 Media, recomendada para madeiras.
320 Fina, a primeira lixa para acabados máis finos.
400 Fina, recomendada para lustrar.
600/1200 Moi fina, para lustre e pulido.
>1600 Extremadamente fina, para lustre de xoias.