Aberdeen, Escocia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m →‎Relixión: arranxiño
Liña 45: Liña 45:


== Relixión ==
== Relixión ==
O 42,4% dos habitantes da cidade non profesa ningunha relixión, o 37,4 % pertence á [[Igrexa de Escocia]], o 5,6% á [[Igrexa Católica]], o 7,5% a outras igrexas cristiás e o 0,8% ao islam.
O 42,4% dos habitantes da cidade non profesa ningunha relixión, o 37,4 % pertence á [[Igrexa de Escocia]], o 5,6% á [[Igrexa católica]], o 7,5% a outras igrexas cristiás e o 0,8% ao islam.


== Economía ==
== Economía ==

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2018 ás 21:16

Coordenadas: 57°09′09″N 2°06′36″O / 57.1526, -2.1100 Modelo:Cidade Aberdeen (Obar Dheathain en gaélico escocés, Aiberdeen en escocés) é unha cidade de Escocia, un dos principais portos do Reino Unido e a terceira cidade escocesa por poboación: 212.125 habitantes (2001). Polas súas canteiras de granito coñécese como a cidade do granito.

Historia

A primeira referencia que temos é o itinerario da incursión feita por Severo no norte de Escocia no século III, no que Aberdeen recibe o nome de Devana, isto é cidade ás beiras do Deva (ou Dee). Aínda que o lugar non adquirirá importancia ata 1179 cando Guillerme o León concédelle un foro, confirmado posteriormente por David I.

En 1336 Eduardo III de Inglaterra queima a cidade, axiña reconstruída e ampliada, co nome de Nova Aberdeen. Os arquivos municipais son os máis antigos de Escocia, datan de 1398.

Lingua

A lingua tradicional da cidade é a lingua escocesa (unha lingua xermánica), aínda que hoxe a lingua máis falada é o inglés. O gaélico escocés é falado por un 0,66% da poboación, á que lle hai que engadir un 0,54% que o entende (2001).

Relixión

O 42,4% dos habitantes da cidade non profesa ningunha relixión, o 37,4 % pertence á Igrexa de Escocia, o 5,6% á Igrexa católica, o 7,5% a outras igrexas cristiás e o 0,8% ao islam.

Economía

Estación de tren de Aberdeen

As industrias relacionadas co petróleo e o gas son as maiores fontes de riqueza da cidade.

As tradicionais industrias pesqueiras e agrícolas completan a súa economía.

Universidades

45.000 estudantes realizan os seus estudos nas tres universidades da cidade: Universidade de Aberdeen, Universidade Robert Gordon e o Aberdeen College.

Cidades irmás

Aberdeen está irmandada con:

Véxase tamén

Ligazóns externas