Diferenzas entre revisións de «Tifón (mitoloxía)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Cambiei "arroxado" por "guindado". Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar
Sem resumo de edição
m (Cambiei "arroxado" por "guindado". Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar)
O ''[[Himno homérico]] a [[Apolo]]'' fai do monstro Tifaón en [[Oráculo de Delfos|Delfos]] un fillo da arcaica [[Hera]] na súa forma [[Minos|minoica]], xerado por ela soa, como unha versión monstruosa de [[Hefesto]], parido nunha cova de [[Cilicia]] e confinado alí na misteriosa terra de [[Arimos]] (''[[A Ilíada]]'', ii. 781-783). Foi en Cilicia onde Zeus loitou co antigo monstro e derrotouno, nunha complicada batalla: Tifón atacou a Zeus coas súas chamas, derrotándoo temporalmente, cortándolle os tendóns e deixándoo nun saco de coiro, o ''korukos'', que é a orixe etimolóxica de ''korukion atron'', a [[cova Coricia]]. A rexión de Cilicia, no sueste de [[Anatolia]], tivo moitas oportunidades de relacionarse cos [[hititas]] do norte. [[Walter Burkert]] advirte algunhas coincidencias próximas desta historia co mito hitita de [[Iluyanka]].
 
O inveterado inimigo dos [[deuses olímpicos]] foi finalmente derrotado por Zeus e arroxadoguindado ao Tártaro, ou encerrado baixo o volcán [[Etna]] ([[Esquilo]], ''Prometeo encadeado'' 370; [[Píndaro]], ''Píticas'', I. 19-20) onde «o seu leito raspa e aguilloa todo o longo das súas costas estendidas contra el», ou noutras rexións volcánicas, onde é o causante das erupcións.
 
Tifón é pois a figuración [[ctónico|ctónica]] das forzas volcánicas, como Hefesto ([[Vulcano]] na [[mitoloxía romana]]) é a manifestación olímpica.
12.354

edicións

Menú de navegación