Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Soleil222 (conversa | contribucións)
→‎Ligazóns externas: Substitúo "paxina" por "páxina".
Liña 53: Liña 53:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/20030324163305/es.geocities.com/paisajes_guerrilla/foucellas.html Vida y Muerte del guerrilleiro "Foucellas" nos ''Paisajes de la gurerilla'']*[http://curtis.iespana.es/benigno.htm Paxina de Curtis sobre Benigno Andrade ''Foucellas''.]
* [http://web.archive.org/20030324163305/es.geocities.com/paisajes_guerrilla/foucellas.html Vida y Muerte del guerrilleiro "Foucellas" nos ''Paisajes de la gurerilla'']*[http://curtis.iespana.es/benigno.htm Páxina de Curtis sobre Benigno Andrade ''Foucellas''.]
* [http://www.vieiros.com/nova/69785/benigno-andrade-1908-o-foucellas-1952 Biografía]
* [http://www.vieiros.com/nova/69785/benigno-andrade-1908-o-foucellas-1952 Biografía]
* [http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular A memoria do Foucellas e da Guerrilla anti-fascista, en Vieiros]
* [http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular A memoria do Foucellas e da Guerrilla anti-fascista, en Vieiros]
* [http://www.vieiros.com/nova/60047/o-home-que-botou-dezaseis-anos-loitando-no-monte Artigo de ''Vieros'' do Domingo, 16 de setembro de 2007]
* [http://www.vieiros.com/nova/60047/o-home-que-botou-dezaseis-anos-loitando-no-monte Artigo de ''Vieros'' do Domingo, 16 de setembro de 2007]
* [http://www.vieiros.com/nova/69774/o-foucellas-unha-boa-persoa-que-se-botou-ao-bravo Testemuñas de persoas que o coñeceron]
* [http://www.vieiros.com/nova/69774/o-foucellas-unha-boa-persoa-que-se-botou-ao-bravo Testemuñas de persoas que o coñeceron]
* [http://www.xuvecurtis.com/articulos/historia/capitulo_18.htm Outra paxina da historia de Curtis]
* [http://www.xuvecurtis.com/articulos/historia/capitulo_18.htm Outra páxina da historia de Curtis]
* ''Rescatar a memoria da guerrilla'' (Vídeo). Parte [http://www.youtube.com/watch?v=O07WY0Enxjc 1ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16756 resumo]) e [http://www.youtube.com/watch?v=m16PBicxe98 2ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16773 resumo])
* ''Rescatar a memoria da guerrilla'' (Vídeo). Parte [http://www.youtube.com/watch?v=O07WY0Enxjc 1ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16756 resumo]) e [http://www.youtube.com/watch?v=m16PBicxe98 2ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16773 resumo])
* [http://praza.com/lecer/1696/foucellas-o-mito-que-se-apagou-hai-60-anos/ Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos]
* [http://praza.com/lecer/1696/foucellas-o-mito-que-se-apagou-hai-60-anos/ Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2018 ás 17:11

Infotaula de personaBenigno Andrade García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1908
As Foucellas, Mesía
Galicia Galicia
Morte7 de agosto de 1952 (43 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Garrote Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galego
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMineiro
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Pérez

Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT[1] e guerilleiro anti-franquista.

Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia[2].

Traxectoria

As Foucellas, Mesía.

Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, e tamén traballou nunha leitería[3]. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.

Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas.

Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a guerra civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.

Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación[1], da que foi o principal combatente. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.

Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.

Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Vilar Arnoso, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar de Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.

Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.

As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:

Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.
O Foucellas[4]

A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.

Notas

  1. 1,0 1,1 Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 166
  2. Botarse ao monte, Francisco Xavier Redondo Abal, Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
  3. http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular
  4. Rivera Rey, Alberto. "Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas