Diferenzas entre revisións de «Carmen de Burgos»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (→‎Biografía: Docente)
Carmen de Burgos viviu no [[barrio]] de Rodalquilar, no [[Municipio|concello]] de [[Níjar]], onde o seu [[pai]], [[Cónsul|vicecónsul]] de [[Portugal]] en [[Almería]], posuía terras, [[Minaría|minas]] e o casal "La Unión". Aos dezaseis anos casa con Arturo Álvarez Bustos, con quen tivo un fillo e unha filla. Álvarez Bustos era un xornalista doce anos maior ca ela, [[fillo]] do [[gobernador civil]] de Almería, quen ademais tiña en propiedade a [[imprenta]] da que saía o principal [[xornal]] da capital, o cal lle permitiu a Carmen familiarizarse co mundo da [[Prensa escrita|prensa]] desde moi cedo.<ref>Louis, Anja. ''[https://books.google.co.uk/books?id=29yHv72flwEC&printsec=frontcover&dq=isbn:1855661217&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjlz_epiK3PAhUGLhoKHR5VD0cQ6AEIHjAA#v=onepage&q&f=false Women and the Law: Carmen de Burgos, an Early Feminist]''. Tamesis. Woodbridge, 2005. ISBN 1 85566 121 7</ref>
 
En xuño de 1895 obtivo en Madrid a titulación de mestra de Ensino Elemental Primario e en [[1895|1898]] a de Ensino Superior[[Madrid|.]] En [[1901]] obtivo praza mediante oposición na Escola Normal de [[MestreDocente|Mestras]] de [[Guadalaxara, España|Guadalaxara.]] Ese ano morreu o seu fillo e decidiu abandonar un marido infiel e vividor para comezar unha nova vida independente coa súa filla.
 
A partir de 1902 colaborou co xornal ''El Globo,'' onde escribía unha columna titulada ''Notas femeninas'' na que analizaba asuntos como "A muller e o sufraxio" ou "A inspección das fábricas obreiras". En 1903, Augusto Suárez de Figueroa fundou o ''Diario Universal'' e contratouna para manter unha columna diaria titulada ''Lecturas para la mujer'', baixo o pseudónimo de "Colombine", suxerido polo propio editor. Era a primeira vez en España que unha muller se recoñecía como xornalista profesional. Na súa columna, Carmen de Burgos trataba de modas e costumes pero introducía ideas que xa se estaban a popularizar noutros países europeos. Fixo campaña para a legalización do [[divorcio]], o que lle valeu a admiración de [[Francisco Giner de los Ríos|Giner de los Ríos]] e [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]], pero ataques por parte da Igrexa e dos sectores [[Conservadorismo|conservadores]], que buscaron desacreditala. En 1905 conseguiu unha bolsa do [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Instrución Pública]] para estudar os sistemas de ensino doutros países, e viaxou durante case un ano por [[Francia]], [[Italia]] e [[Mónaco]].
104.904

edicións

Menú de navegación