Josef Suk (compositor): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Obra: no such article, yet, so comment out the redlink until someone creates a Compositions by Josef Suk article
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 36: Liña 36:


== Premios ==
== Premios ==
Suk gañou a medalla de prata nos concursos de arte celebrados durante os [[Xogos Olímpicos de 1932]] celebrados na cidade [[Estados Unidos de América|estadounidense de [[Los Angeles]] coa súa obra ''Cara a unha nova vida''.
Suk gañou a medalla de prata nos concursos de arte celebrados durante os [[Xogos Olímpicos de 1932]] celebrados na cidade [[Estados Unidos de América|estadounidense]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] coa súa obra ''Cara a unha nova vida''.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2018 ás 22:47

Josef Suk
Fotografía de Josef Suk.
Nacemento4 de xaneiro de 1874
 Křečovice República Checa República Checa
Falecemento29 de maio de 1935
 Benešov República Checa República Checa
SoterradoCemitério Vyšehrad
NacionalidadeChecoslovaquia e Imperio Austrohúngaro
Educado enPrague Conservatory
Instrumento(s)Violín
Parella/sOtilde Dvořáková
FillosJosef Suk
Premioshonorary doctorate of the Masaryk University
Na rede
Facebook: Josef-Suk-58406159800 Spotify: 6xV7WL4etX4sILBdTz6fYN Musicbrainz: 5b3357b8-c903-4d17-98a8-e19e2824845a Discogs: 1120029 IMSLP: Category:Suk,_Josef Allmusic: mn0001172785 WikiTree: Suk-19 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Josef Suk, nado o 4 de xaneiro de 1874 en Křečovice (República Checa) e finado o 29 de maio de 1935 en Benešov (República Checa), foi un compositor e violinista checo.

Traxectoria

Josef Suk naceu na pequena localidade checa de Křečovice, na rexión de Bohemia Central (República Checa). Seu pai, tamén chamado Josef Suk, era director de coro e o iniciou na música co piano, violín e o órgano. Entre 1885 e 1892 estudou no Conservatorio de Praga, sendo alumno de Antonín Dvořák e Antonín Bennewitz, compoñendo xa en 1888 a súa primeira misa, a Krecovická mase. En 1892 recibiu o seu diploma no Conservatorio presentando o seu Cuarteto con piano Op. 1 como traballo da súa tese, porén, Suk decidiu permanecer un ano máis na institución para estudar con Dvořák (quen o considerou o seu mellor alumno). En 1898 casou con Otilde Dvořáková (18781905), filla de Dvořák, coñecida afectivamente como Otilka.[1] Creou o Cuarteto Checo con tres dos seus alumnos — Suk tocou o papel de segundo violín con eles boa parte da súa vida —.

En 1901 naceu do seu matrimonio con Otilde o seu único fillo, Josef(1901 – 1951).[2] Catro anos despois morrería a súa muller e nunca máis casaría. O notable violinista Josef Suk (1929-2011) foi o seu neto.

Dende 1922 impartiu clases no Conservatorio de Praga, onde tivo como alumnos destacados a Bohuslav Martinů, Rudolf Firkušný e Manoah Leide-Tedesco. O 29 de maio de 1935 morreu na localidade de Benešov á idade de 61 anos.

Obra

A traxectoria compositiva de Suk pode dividirse en dous períodos. As súas obras temperás caracterízanse por un estilo romántico tardío que mostra influencias de Dvořák e de Johannes Brahms que creou a imaxe de Suk como o herdeiro de Dvořák, mentres que as súas obras tardías mostran unha extensión da harmonía para crear un estilo máis complexo e persoal. Ao contrario que moitos dos seus compatriotas, Suk empregou pouco o folclore checo nas súas composicións.

En comparación con Dvořák, suk escribiu pouca música de cámara, mais acadou o éxito coas súas Catro pezas para violín e piano Op. 17 (1900), e a súa Fantasía para violín e orquestra Op. 24 (1903). Nas súas suites para piano Jaro Op. 22 e Letní dojmi Op. 22b, escritas as dúas en 1902, pode apreciarse un estado de optimismo, coincidindo coa época na que naceu o seu único fillo.

Entre as súas composicións máis coñecidas destacan a súa Serenata para cordas (1892) e a Sinfonía Asrael en Do menor (1906), unha obra escrita como consecuencia da morte do seu sogro en 1904 e da súa dona 14 meses despois, e da que o crítico musical Norman Lebrecht afirmou da gravación de Václav Talich en 1952 coa Orquestra Filharmónica Checa que era unha das 100 mellores gravacións do século.[3]. Outras obras coñecidas son a Suite conto de fadas "Raduz e Mahulena" (1898), o ciclo de obras para piano Cousas vividas e soñadas (1909), e a triloxía de poemas sinfónicos Conto de Verán (1909), Maduración (1917) e Epílogo (1929, para soprano, barítono e baixo soli, coro e orquestra).

Premios

Suk gañou a medalla de prata nos concursos de arte celebrados durante os Xogos Olímpicos de 1932 celebrados na cidade estadounidense dos Ánxeles coa súa obra Cara a unha nova vida.

Notas

  1. Antonín Dvořák - data
  2. Černušák (1965), p. 641
  3. Norman Lebrecht, "Masterpieces: 100 Milestones of the Recorded Century" The Life and Death of Classical Music. New York: Anchor Books (2007): 181 - 182

Véxase tamén

Bibliografía

  • Černušák, Gracián (ed.); Štědroň, Bohumír; Nováček, Zdenko (ed.) (1965). Československý hudební slovník II. M-Ž. Prague: Státní hudební vydavatelství. p. 641.  (en checo)

Ligazóns externas