Dover: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎Historia: Faro (construción)
Liña 23: Liña 23:
Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os [[Roma Antiga|romanos]] foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron ''Dubris''. E a cidade era o punto de partida da [[Watling Street]]. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.
Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os [[Roma Antiga|romanos]] foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron ''Dubris''. E a cidade era o punto de partida da [[Watling Street]]. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.


Os [[Roma Antiga|romanos]] construíron un [[faro]] no lugar onde agora se atopa o [[Castelo de Dover]] alá polo ano [[50]], sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.
Os [[Roma Antiga|romanos]] construíron un [[Faro (construción)|faro]] no lugar onde agora se atopa o [[Castelo de Dover]] alá polo ano [[50]], sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.


O [[26 de maio]] de [[1670]] [[Carlos II de Inglaterra]] e [[Luís XIV de Francia]] asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.
O [[26 de maio]] de [[1670]] [[Carlos II de Inglaterra]] e [[Luís XIV de Francia]] asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2018 ás 20:47

Localización de Dover
Porto de Dover
Castelo de Dover
Dover
St Mary in Castro & Roman Lighthouse
Castelo de Dover
Dover
Panorama

Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).

Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".

Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido, cuns cantos millóns de persoas pasando polo servizo de ferris cada ano.

Topónimo

O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latina Portus Dubris, de orixe disputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.

En galego medieval a localidade recibiu o nome de Dovra ou Doura.

Historia

Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.

Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.

O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Luís XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.