Moreiras, Toén: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 57: Liña 57:


== Tempo de lecer ==
== Tempo de lecer ==
Os seus locais sociais son ''O Cantiño'', ''A Casa do Peso'', o ''Mesón Moreiras'', o ''Café Asanti'' e a ''Casa da Cultura''.
Os seus locais sociais son ''O Cantiño'', ''A Casa do Peso'', o ''Mesón Moreiras'', o ''Café Asanti'' , ''Casa da Cultura'' pero onde mellor o pasamos é na casa de Aarón.


== Lugares e parroquias ==
== Lugares e parroquias ==

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2018 ás 13:29

Coordenadas: 42°18′12.3″N 07°55′21.1″O / 42.303417, -7.922528

Moreiras
Igrexa de Moreiras
ConcelloToén
Coordenadas42°18′12″N 7°55′21″O / 42.30341667, -7.92252778Coordenadas: 42°18′12″N 7°55′21″O / 42.30341667, -7.92252778{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación806 hab. (2007)
Entidades de poboación3
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Moreiras é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 806 habitantes (400 homes e 406 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

Historia

Moreiras ten restos arqueolóxicos do paleolítico na Piteira e O Loureiro, ademais da proximidade dos castros de Trelle.

Sábese que a aldea de Moreiras xa existía no século XI, debido a que nesa data comezouse a construír a igrexa románica primitiva de San Pedro de Moreiras. Nos séculos XVI e XVII fixéronse construcións señoriais e fidalgas, ademais das primeiras adegas para gardar o viño. Moreiras viviu un gran choque a finais do século XIX e principios do XX, cando a agricultura en auxe e a mellora das comunicacións ca cidade fixeron que o índice de mortalidade baixara e formáronse grandes familias.

Ca chegada da democracia creáronse institucións publicas como a Casa de Cultura, onde se involucraron diversas asociacións: AVM (Asociación de Veciños de Moreiras), AMR (Asociación de Mulleres Rurais) e a Asociación Cultural Breogán.

Patrimonio

Igrexa parroquial

A igrexa parroquial é un templo rural do século XVIII con restos románicos. A fachada é de decoración barroca, rematada por dúas torres desiguais, de traza renacentista con porta alintelada á que acompañan dous pares de columnas exentas. Barandel de pedra rematando no primeiro corpo da fachada. Rematado todo con pináculos e esculturas. Dúas torres: remate piramidal (norte) e na cúpula (sur). No interior destaca o retablo gótico con pezas de imaxinería de gran valor artístico. O altar maior é do século XVI presidido pola imaxe da Purísima. Ten planta de cruz latina que conserva no muro sur restos románicos (perpiaños e aspilleiras). Amosa unhas amplas dimensións, corpo levado sobre o cruceiro, e o presbiterio máis alto que a nave.

Monumentos

  • Casa reitoral do párroco de Moreiras Manuel Armada.
  • Cruceiro e Fonte da Rúa Real (Jose L. Gil).
  • Casa e cruceiro de Manuel Rego Nieto.
  • Torre do Patín (Antiga casa do cóengo Alonso de Piña século XVI)
  • Lavadoiros da Pedriña, da praza, das Pontellas e da Torre.
  • Antigo muíño (Bouzo do Muíño).
  • Petos de ánimas do Carme (antigo e novo) e o de San Roque.
  • Casa e portón S. XVII-XVIII de Evaristo Vahamonde.
  • Adega das festas (Adegas onde se formou o grupo musical Lamatumbá).
  • Adegas dos Tinglados.
  • Capela e cruceiro Das Airas.
  • Praza do pobo Eladio Sabucedo.
  • Pazo da Pereiriña (século XVII).
  • Aira do Fornanvello.
  • Fonte do bispo, igrexa, cruceiro e do Patín (século XVII)
  • Fonte da praza, caliña e o pazo (séculos XIX - XX)
  • Praza de Gustavo Rego.
  • Portón da Rúa Real (á altura da canella do Galego).
  • Praza da Seara.

Festas

Deporte

O equipo de fútbol local é o C.D.Moreiras, que actualmente milita na 2ª rexional. A vila dispón de dous campos de fútbol, un de area e outro de herba natural situados na contorna do sanatorio de Moreiras.

Tempo de lecer

Os seus locais sociais son O Cantiño, A Casa do Peso, o Mesón Moreiras, o Café Asanti , Casa da Cultura pero onde mellor o pasamos é na casa de Aarón.

Lugares e parroquias

Lugares de Moreiras

Lugares da parroquia de Moreiras no concello de Toén (Ourense)

As Airas | A Conchada | Moreiras

Parroquias de Toén

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Toén

Alongos (San Martiño) | Feá (Santa María) | Moreiras (San Pedro) | Mugares (Santa María) | Puga (San Mamede) | Toén (Santa María) | Trelle (Nosa Señora dos Anxos) | Xestosa (Santa María)

Véxase tamén

Outros artigos